lunes, 13 de abril de 2026

1º ESO - A ARQUEOLOXÍA

Como se estuda a prehistoria?
Marta é unha arqueóloga que traballa cun equipo nunha escavación de tempos do Paleolítico. O seu obxectivo é recuperar os restos que contén o depósito para estudalos polo miúdo e explicar como vivían os seres humanos no pasado.
A arqueoloxía encárgase de rescatar e analizar os vestixios materiais (obxectos e monumentos) do pasado.
É unha ciencia imprescindible para coñecer a Prehistoria, un período no que non existía a escritura e do que, polo tanto, non temos documentos escritos.
O equipo de arqueólogos de Marta traballa nunhas escavacións nas que se atoparon restos dun campamento e dun enterramento, ambos os dous da mesma época do Paleolítico.

Que é un depósito arqueolóxico?
Un xacemento ou depósito arqueolóxico é un lugar que estivo habitado por seres humanos e no que se mantiveron, ata os nosos días, restos materiais das súas actividades.
Estes restos deposítanse en capas ou estratos superpostos, e cada un deles correspóndese cun período de ocupación. Os estratos máis fondos son os máis antigos.
Os seres humanos, a miúdo, habitamos nos mesmos lugares onde o fixeron as xeracións anteriores e construímos edificios sobre as ruínas doutros. No entanto, tamén hai lugares que se abandonan, e neles as edificacións van derrubándose e quedan cubertas de vexetación e terra.


Despois de ler estas liñas bótalle unha ollada ó video do link ( https://www.youtube.com/watch?v=lMxUBVQ68-Y ) e resposta a s sguintes preguntas: 

A) ¿Para que serve a arqueoloxía?

B) ¿En que consiste a labor do arqueologo?
C) ¿Coñeces algún xacemento arqueolóxico próximo á túa localidade? Indica o seu nome e os datos que coñeces a cerca del.  
D) ¿Por que coidas que é importante conservar o patrimonio histórico-artístico? 


1º ESO: ETAPAS DA HISTORIA


A historia é a ciencia encargada do estudo do pasado da humanidade. 

O estudo do pasado permítenos comprender o presente.

A historia organízase en idades, que son  etapas de carácter sucesivo.   

ETAPAS DA HISTORIA: 

PREHISTORIA: É un amplo período de tempo que se inicia coa aparición dos primeiros seres humanos e remata coa aparición da escritura (2,5 millóns de anos - 3000 a. C.). Divídese en tres etapas, atendendo ao material co que ditos utensilios foron fabricados: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais

IDADE ANTIGUA (3000 a. C. - 476 d. C.):  Aparecen os primeiros documentos escritos e desenvólvense grandes civilizacións en Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma.

IDADE MEDIA (476 d. C. - 1492 d. C.): Tras a caída do Imperio romano de Occidente, Europa fragméntase en diferentes reinos, quedando na maioría dos casos baixo o dominio dos xermanos. O cristianismo convértese na relixión oficial e aparece unha nova organización social, baseada nas relacións de vasalaxe ou servidume, chamada feudalismo.

IDADE MODERNA (1492 d. C. - 1789 d. C.):  Comeza co descubrimento de América e o renacemento Italiano, e remata coa Revolución Francesa. É a época dos grandes descubrimentos, da aparición da imprenta e das monarquías absolutas.

IDADE CONTEMPORÁNEA (1789 d. C. ata a actualidade):  Comeza coa Revolución francesa e chega ata a actualidade. Son moitos os acontecementos que se producen durante este período: ten lugar a revolución industrial, aparecen os grandes inventos e a tecnoloxía. Ademais, esténdense as formas democráticas de goberno e, xa no S: XX, teñen lugar as grandes guerras mundiais.

Podes descargar a presentación presentación que empregamos en clase facendo click AQUÍ

jueves, 29 de enero de 2026

1º ESO - COMENTARIO DUN MAPA DO TEMPO (2)

 


Un mapa meteorolóxico é unha representación gráfica do estado da atmosfera nun momento determinado e nunha determinada zona.

A continuación observa o seguinte mapa do tempo e indica: 


-  Principais  centros de acción (anticiclóns e borrascas) e frontes asociadas.

- Predicción do tempo por zonas

1º ESO - COMENTARIO DUN MAPA DO TEMPO

Un mapa meteorolóxico é unha representación gráfica do estado da atmosfera nun momento determinado e nunha determinada zona.

A continuación observa o seguinte mapa do tempo e indica: 


-  Principais  centros de acción (anticiclóns e borrascas) e frontes asociadas.

- Predicción do tempo por zonas


martes, 14 de octubre de 2025

1º ESO. O RELEVO DA PENÍNSULA IBÉRICA

Nos seguintes mapas podes repasar os principais elementos do relevo de España.  A ver quen de vos é capaz de resolvelo sen fallos e o máis rápido posible...

Fai click no nome do mapa para acceder a el. 

MAPA 1: RELEVO

MAPA 2:RÍOS

1º ESO. REPASO: O RELEVO EUROPEO


Nos seguintes mapas podes repasar os principais elementos do relevo europeo. A ver quen de vos é capaz de resolvelo sen fallos e o máis rápido posible... 

Fai click no nome do mapa para acceder a el. 

MAPA 1: MAPA FÍSICO EUROPA

MAPA 2: CORDILLEIRAS DE EUROPA

MAPA 3: RÍOS DE EUROPA

1º ESO - O RELEVO DO MUNDO

Nos seguintes mapas podes repasar os principais elementos do relevo mundial. A ver quen de vos é capaz de resolvelo sen fallos e o máis rápido posible...

Fai click no nome do mapa para acceder a el. 

MAPA 1: RELEVO

MAPA 2: RÍOS DO MUNDO


lunes, 19 de mayo de 2025

1º ESO: AS CRENZAS FUNERARIAS DOS EXPCIOS


Para os exipcios, os seres humanos estaban formados por un corpo e unha alma (ka). Crían que cando o corpo morría, o ka accedía á vida de ultratumba no reino de Osiris.

Para ser aceptado no reino dos mortos, o corpo debía permanecer incorrupto. Para iso, o defunto debía ser momificado, seguir un sofisticado ritual e presentarse perante o Tribunal de Osiris, guiado polo deus Anubis.

Neste tránsito, colocábase na tumba do defunto un exemplar do Libro dos Mortos, que contiña unha serie de regras sobre como se debía comportar perante o Tribunal dos deuses. 

A continuación proponoche adentrarte no muno das crenzas do antigo exipto a través do traballo cun comic.   DESCARGA O COMIC e fai as actividades que veñen na última páxina.