martes, 30 de junio de 2020

4º ESO - A GUERRA CIVIL (1936-1939)


O 17 de xullo de 1936 iniciouse en Melilla unha sublevación militar contra o goberno da República, bendicida pola Igrexa e dirixida por un importante grupo de altos mandos, como Gonzalo Queipo de LLaño, Emilio Mola, Xosé Sanxurxo e Francisco Franco. 

Os militares rapidamente controlaron o protectorado de Marrocos e o día seguinte o 18 de xullo a rebelión estendeuse a Canarias e a Península. Os rebeldes triunfaron en Castela e León, Galicia, Navarra e  gran parte de Aragón, Andalucía occidental, Baleares (agás Menorca) e Canarias. Eran zonas pouco industrializadas e moi conservadoras.

No resto da Península a sublevación foi contida  grazas á resistencia das milicias obreiras e dos militares leais a República.

O fracaso do pronunciamento, que non puido acabar co goberno da Fronte Popular, dividiu a España en dúas e desencadeou unha terrible guerra civil na que a violencia e a intransixencia apoderándose da sociedade española. 

A victoria militar de Franco e os seus exércitos o 1 de abril de 1939 deu paso a unha dicatura que durou case 40 anos, onde a represión de todos os elementos disidentes foi a tónica. 

Podes ver un resumo da Guerra Civil nos seguintes videos:



ACTIVIDADES: 
Tras o visionado dalgun dos dou videos , vai ó libro as páxinas 200-201-202-203 e despois da sua lectura realiza as seguintes actividades:
a) Quén asumiu o poder nas zonas onde triunfara o golpe militar? En que se basaron para organizar o novo Estado?
b) Quén foi nomeado como xeneralísmo e xefe de Goberno polos sublevados? Explica as primeiras medidas que tomou.
c)Lee o texto de Sanjurjo da páxina 201 e explica que obxectivos políticos tiñan os insurrectos. Qué medidas se tomaron?
d) Da páxina 203 fai os exercicios 4,5,6.

DATA DE ENTREGA XOVES 18 DE XUÑO.
susiimoure@gmail.com

lunes, 29 de junio de 2020

2º BACH - O GOLPE DE ESTADO DO 23 F


O 23 de Febreiro de 1981 ocorreu un suceso que marcará o desenvolvemento da Transición no estado español.  Un aparente golpe de estado, co secostro do congreso dos deputados por parte dun grupo da garda civil dirixido polo franquista Antonio Tejero. 

Este tipo de acontecimentos cómpre visualizalos con distancia:

- Conversas dos protagonistas. 
- Eliminación de censuras. 
- Fugas de información. 
- Investigación periodística. 

Son tres variables esenciais na procura da verdade. 

Na versión oficial, fálase da rebelión dalgúns militares nostálxicos do franquismo, que foi sofocada pola intervención da coroa. Outra versión, apunta a un teatro preparado polas altas instancias do estado, casa real incluída, para dar un golpe de timón e reiniciar a Transición. A situación, naquela altura, era moi delicada en catro frontes:

  - Presión do nacionalismo catalán-vasco
  - Malestar do exército pola legalización do comunismo 
  - crise económica e laboral
  - ETA e GRAPO

A Roma imperial xa apuntaba que nun acontecemento capital, hai que ollar quén se aproveita, para pescudar a verdade. E houbo un claro "heroe" neste sainete… J. Carlos. I

Segue a haber documentos clasificados e algunhas incógnitas que vanse aclarando co paso do tempo. 

Aquí amósase dúas reportaxes con diferentes puntos de vista do sucedido. Vosas son as conclusións



martes, 9 de junio de 2020

lunes, 8 de junio de 2020

1º BACH - OS ATENTADOS DO 11 S


O fin da guerra fría co afundimento e dfesaparición da URSS deu lugar a unha nova era nas relacións internacionais, na que os Estados Unidos se postulaban na década de 1990 como a única superpotencia mundial.
Pero as relacións internacionais levaron no século XXI a un mundo máis complexo coa aparición de novas potencias emerxentes, como China, e cun papel relevante de Europa ou da nova Rusia.
Por último, esa "nova orde" internacional non significa ausencia de tensións ou desaparición dos conflitos armados. O terrorismo armado derivado do islamismo radical, ensombreceu o panorama do século XXI con atentado como o da torres xemelgas (11 de setembro de 2001) que iniciaron un ciclo de enfrontamentos que parecen non querer chegar ó seu fin. 
No seguinte vídeo podes ver un documental do atentado do 11S de National Geographic. 

1º ESO - A HISPANIA ROMANA: CONQUISTA E ROMANIZACIÓN


O Imperio romano dominou o mundo coñecido, conquistando un imperiuo en todo o Mediterráneo ó que denominaban "mare nostrum". Nas síuas ribeiras construíron cidades ó espallou que se espallaba súa lingua e a súa cultura.

No século III a.C., Roma entra en contacto coa península ibérica no contexto do conflicto bélico que os enfrontaba ós cartaxineses. Para opoñérense á expansión cartaxinesa, as lexións romanas desembarcaron en Ampurias (218 a.C.) e iniciaron a ocupación da Península.

A conquista romana do territorio galego levouse a cabo en sucesisvas campañas espalladas no tempo.  Logo de diversas campañas militares, iniciadas por Décimo Xunio Bruto no ano 137 a.C., a conquista definitiva de Galicia produciuse en tempos do emperador Augusto. No ano 22 a.C., os galaicos resistiron unha vez máis as tropas romanas durante o asedio e a batalla de Mons Medullius, de localización aínda incerta.

O territorio peninsular, coñecido como Hispania, dividiuse en provincias e foise integrando no mundo romano.

Os romanos dominaron a Península ata  principios do século V d.C., cando varios algúns pobos xermánicos (primeiro suevos, vándalos e alanos, e posteriormente os visigodos)  invadiron Hispania.

No seguinte vídeo podes ver un vídeo da conquista romana de Galicia e a romanización: 

ACTIVIDADES
Despois de ver o vídeo le as páxinas 282, 283, 284, 285, 288, 289, 292 e 293 do libro e fai  as actividades 1 (apartados a, b, c, e, f) e 2 da páxnina 299

INVESTIGA
En Xinzo conmemórase o paso do río Lethes (Limia) por parte de Decimo Xunio Bruto. Indaga en internet quen foi este personase e como foi a súa campaña militar en galicia. Posteriormente elabora unha redacción de 5-6 liñas.  

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE:  
Enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o mércores 17 de xuño