Mostrando entradas con la etiqueta fascismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fascismo. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de febrero de 2021

4º ESO : O FASCISMO




Italia. Mussolini crea os fascios di combatimento.

1922 marcha sobre Roma.

Víctor Manuel III o nomea presidente.

Características: 

Imperialismo. Invade Libia e Etiopía

Racismo, xenofobia, homofobia

Eliminación da oposición

Só un partido político. O fascista.

Culto exacerbado ao líder
Duce = líder

Exaltación da propaganda e os grandes mítines

Militarismo e culto á violencia.

Saúdo romano. Poulismo extremo.

Hitler e posteriormente, Franco van seguir moitos destes postulados.




domingo, 19 de abril de 2020

1º BACH - TRABALLO DE COMPETENCIAS: COMENTARIO DE TEXTO


"Os seguintes textos deben permitiorche facer unha composición histórica sobre o fascimo italiano na que debes tratar os seguintes aspectos: O xurdimento do fascismo italiano. A toma de poder. Eliminación da democracia, represión política e establecemento do estado Fascista. Poderes de Mussolini" 

TEXTO 1
"Dígovos con toda solemnidade: ou se nos entrega o Goberno ou o tomaremos marchando sobre Roma"
B. Mussolini. Discurso do 22 de outubro de 1922.

TEXTO 2
"O fascismo nega que o número, polo só feito de ser número poida dirixir as sociedades humanas, nega que este número poida gobernar grazas a unha consulta periódica. Afirma a desigualdade indeleble, fecunda e benfeitora dos homes, que non é posible nivelar grazas a un feito mecánico e exterior como o sufraxio universal. Pódese definir aos réximes democráticos como aqueles que dan ao pobo, de tempo en tempo, a ilusión da soberanía (...). O fascismo rexeita da democracia a absurda mestura convencional de igualdade política, o hábito da irresponsabilidade colectiva, o mito da felicidade e do progreso indefinido."
B. Mussolini."A doutrina do fascismo", 1923.

TEXTO 3
“El (Mussolini) é nomeado polo rei ante o cal é responsable da orientación da política xeral do goberno; é a encarnación suprema do poder executivo(...). Quenquera que atenche contra a vida, a integridade física ou a liberdade do xefe do goberno será merecedor dunha reclusión cuxa duración non será inferior a quince anos, e en caso dun atentado fatal, castigaráselle coa pena de morte. Quenquera que ofenda con actos ou palabras ao xefe do goberno será castigado cunha pena de reclusión de seis a trinta meses.”
Lei do 24 de decembro de 1925.

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) antes do dia 24, indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (2ºA/2ºB) e o nome e apelidos (por esta orde).

4º ESO - TRABALLO DE COMPETENCIAS: ANÁLISE DUN TEXTO HISTÓRICO

Un texto histórico é un documento escrito que pode proporcionarnos, tras a súa lectura e interpretación, coñecemento sobre un episodio do pasado.

O traballo con este tipo de documentos  permite achegarnos á comprensión dunha época histórica a partir dos elementos proporcionados polo texto. De aí a importancia de situar o documento no seu contexto e desentrañar o que o seu autor dixo, como o dixo, cando, por que e onde, sempre relacionándoo co seu momento histórico.

A continuación propoñemos unha serie de actividades a parr da análise do seguinte texto. 

A TER EN CONTA: é imprescindible relacionar as ideas  que aparecen no texto coa teoría así que revisa o libro e as entradas correspondentes deste Blog. 

“O fascismo nega que o número, polo só feito de ser número poida dirixir as sociedades humanas, nega que este número poida gobernar grazas a unha consulta electoral periódica. Afirma a desigualdade dos homes, que non é posible nivelar grazas a un feito mecánico e exterior como o sufraxio universal. Pódese definir aos réximes democráticos como aqueles que dan ao pobo, de tempo en tempo, a ilusión da soberanía (...). O fascismo rexeita da democracia a absurda mestura convencional de igualdade política (...).
Pola contra, a concepción fascista do Estado abárca todo; fóra del non poden existir, e menos aínda valer, valores humanos e espirituais. Entendido desta maneira, o fascismo é totalitarismo, e o Estado fascista, como síntese e unidade que inclúe todos os valores, interpreta, desenvolve e outorga poder adicional á vida enteira dun pobo (...).
O fascismo, en suma, non é só un lexislador e fundador de institucións, senón un educador e un promotor da vida espiritual. Non tenta meramente remodelar as formas de vida, senón tamén o seu contido, o seu carácter e a súa fe. Para lograr ese propósito impón a disciplina e fai uso da súa autoridade, impregnando a mente e rexendo con imperio indiscutible "

Benito Mussolini. A doutrina do fascismo, 1932.

A) Quen é o autor do texto? -breve explicación da súa biografía-
B) Que opinión ten Mussolini das democracias?
C) Cal era a súa idea do Estado e do goberno? En que se fundamentaba?
D) Como e cando accedeu Mussolni ó poder? Explicacomo tratou ás institucións e partidos democráticos cando ascendeu ao poder.

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) antes do dia 24, indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (4ºA/4ºB) e o nome e apelidos (por esta orde).

miércoles, 1 de abril de 2020

4º ESO - O ASCENSO DO NAZISMO E O FASCISMO ITALIANO


Despois de ler as páxinas do libro de texto correspondentes ó fascismo italiano (pax. 172-173) e o nazismo aleman (pax. 174-177)  e ver un vídeo explicativo facendo click no seguinte LINK, fai as seguintes ACTIVIDADES: 


1.- Quen eran os dous personaxes da fotografía? Explica brevemente a súa relevancia e as ideas que defendían? 


2.- Cómo alcanzou o poder Mussolini? Qué metodos utilizou? Con qué apoios contou para conseguilo? 

3.- Qué consecuencias tivo a crise de 1929 en Alemania? Explica como logrou  facerse co poder Adolf Hitler

4.- Define os seguintes termos: 

Partido Nacional Fascista
Antisemitismo Camisas negras
NSDAP Espazo vital Noite dos coitelos longos Noite dos cristais rotos
Reichstag
SS
Totalitarismo 

Xenofobia 


sábado, 28 de marzo de 2020

4º ESO - O FASCISMO


Os fascismos xurdiron tras a I Guerra Mundial (1914-18) nun escenario de crise económica, social e política. Constituíron unha ideoloxía que en maior ou menor medida foise estendendo por case toda Europa por medio de organizacións inspiradas no modelo italiano de Mussolini e, algo máis tarde, no nazismo alemán. A súa acción contribuíu decisivamente ao estalido da Segunda Guerra Mundial, ao termo da cal, derrotados, desapareceron na maior parte dos estados europeos.

O termo "fascismo" provén da palabra “ fascio”, que significa “feixe”, herbas, espigas ou calquera outro tipo de obxectos ligados entre si. A palabra alude ás " fasces" ("feixes"), símbolo romano de poder. As fasces romanas estaban compostas por un feixe de bastóns de madeira amarrados entre si por un cinto de coiro entre a que sobresaía un machada. Os bastóns representaban a autoridade e o machada o poder sobre a vida e a morte.

O fascismo italiano, identificado coa grandeza do imperio romano, ao que tentou emular, adoptou as fasces como símbolo e nome do movemento. De ahí aplicouse xenéricamente a todo o movemento.

RASGOS QUE DEFINEN O FASCISMO

Antiliberalismo e anticapitalismo: Contrarios ao sistema democrático e ás liberdades políticas e partidarios de estruturas xerárquicas en cuxo vértice está o líder, encarnación dos valores nacionais. Partidarios de que o Estado controle todas ( totalitarismo) as esferas da vida.

Antimarxismo: Rexeitan a idea da loita de clases e apelanó á harmonía de traballadores e empresarios en aras da grandeza da nación. 

Autoritarismo e militarismo: O fascismo concibía a sociedade coma se dunha organización militar tratásese. Como en toda organización militar, a autoridade, a disciplina e a forza relegaban a igualdade, a liberdade de acción e o pacifismo. A erradicación de todo aquilo que contraviñese eses principios levou a cabo mediante o emprego da violencia.

Ultranacionalismo: Para o fascimo a nación é unha entida de que se atopa por riba do individuo. A grandeza da mesma é o obxectivo da sociedade.

Liderazgo dun lider carismático: Os fascismos trataron de conseguir a harmonía social baixo a benefactora acción dun xefe (" duce, führer, caudillo"). Sen o seu liderado a sociedade desembocaría no desgoberno e o caos.

Empleo da propaganda e do terrorPara atraerse ás masas, os réximes fascistas puxeron gran empeño en controlar os medios de comunicación, especialmente, a radio e a prensa. Unha vez no poder aboliron a liberdade de opinión, perseguiron aos xornalistas independentes e utilizaron masivamente a propaganda para inculcar valores como patria, xefe, raza, etc. Do mesmo xeito non dubidaron en usar a violencia a través de grupos paramilitares que sementaban o terror nas rúas.

Racismo e xenofobiaTodo aquilo que o fascismo interpretou que podía descompoñer unha sociedade uniforme e rígidamente estruturada foi perseguido. O rexietamento e desprezo de minorías raciais (xudeus, eslavos, xitanos, etc) foi un rasgo de varios movementos de corte fascista.

ACTIVIDADES:
Despois de ler estes apuntes sobre o fascismo visionaremos a a película "A Ola" (Dennis Gansel, 2008) e faremos as actividades que veñen na páxina 183 do libro de texto.

Podedes ver o film facendo click no segunite LINK

Tamén podedes descargar as actividades en pdf AQUÍ

miércoles, 18 de marzo de 2020

1º BACH - ACTIVIDADES FASCISMO


1.- Explica o significado dos seguintes termos: 

Antisemitismo Camisas negras Espazo vital
Gestapo Noite dos coitelos longos Noite dos cristais rotos Paramilitar
Reichstag
SS
Totalitarismo Xenofobia


2.- Despois de ler o texto, responde ás preguntas:

“O fascismo nega que o número, polo só feito de ser número poida dirixir as sociedades humanas, nega que este número poida gobernar grazas a unha consulta electoral periódica. Afirma a desigualdade dos homes, que non é posible nivelar grazas a un feito mecánico e exterior como o sufraxio universal. Pódese definir aos réximes democráticos como aqueles que dan ao pobo, de tempo en tempo, a ilusión da soberanía (...). O fascismo rexeita da democracia a absurda mestura convencional de igualdade política, o hábito da irresponsabilidade colectiva, o mito da felicidade e do progreso indefinido. Pero se a democracia pode entenderse de modo diferente, se ela significa non deixar ao pobo á marxe do Estado, o fascismo pode ser definido polo que escribe estas liñas como unha 'democracia organizada, centralizada e autoritaria. (...).

Benito Mussolini. A doutrina do fascismo, 1932.

A) Que opinión ten Mussolini das democracias?
B) Que concepto posúe da estrutura social?
C) Cal era a súa idea do Estado e do goberno? En que se fundamentaba?
D) Como tratou ás institucións e partidos democráticos cando ascendeu ao poder?

3.- Comenta a imaxe e relaciónaa coa educación nos valores do nacionalsocialismo da sociedade xermana.


Desfile das xuventudes hitlerianas (1936)

domingo, 15 de marzo de 2020

1º BACH - O NAZISMO

Documental "Apocalipsis: o ascenso de Hitler". Unha produción francesa de Isablle Clark e Daniel Costelle. 

PARTE 1


PARTE 2
 

ACTIVIDADES: 

Despois de ver o documental e revisar o libro resposta as seguintes cuestións: 

1.- ¿Cal era a estratexa de Hitler para facerse co poder? 
2.- ¿Que fenómenos explican o éxito dos nazis a partir de principios dos anos 30? 
3.- Una vez no poder, ¿Como logrou Hitler instaurar un réximen totalitario? 
4.- ¿Cales eran os obxectivos fundamentais da política nacional-socialista? Explica que papel xogaba neles o antisemitismo.