Mostrando entradas con la etiqueta poboación mundial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poboación mundial. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de abril de 2020

2º ESO - TRABALLO DE COMPETENCIAS: ANÁLISE DUN MAPA TEMÁTICO

Como xa sabedes, un mapa é a representación da superficie esférica da Terra sobre un plano, a tamaño reducido e de forma simplificada.

Os mapas son nunha ferramenta básica para o estudo xeográfico onde é moi habitual atoparnos con mapas temáticos, representacións dun fenómeno xeográfico concreto: climas da terra, a poboacón mundial, desenvolvemento urbano, etc...

Á hora de analizar un mapa temático debemos realizar os seguintes pasos:

A) Identificar o aspecto xeográfico que representa: Hai que ter en conta o título do mapa
B) Espazo xeográfico ao que se refire : debemos realizar unha localización espacial (se é preciso coas diferenciación de áreas e características de cada unha delas)/delas).
C) A forma de proporcionar a información: Fixarémonos na lenda e nos símbolos e/ou ou información que se recolle (poden aparecer de diferentes xeitos: puntos, liñas, cores, tramas, etc.)

A partir aquí habería que explicar a información que nos traslada, analizando os valores que nos proporcionan, as diferencias e relacións entre distintas zonas do mapa (establecendo agrupacións por comunidades, por puntos cardinales, interior-costa...), causas e consecuencias de dita situación, etc. 

No seguinte vídeo, podes ver unha breve explicación de tres minutos:


ACTIVIDADE:

Elabora unha comentario do mapa da distribución española (ano 2017) indicando:

A) Tipo de mapa
B) Localización (espazo xeográfico que abrangue o mapa)
C) Fenómeno xeográfico representado (explicación neste caso da densidade de poboación) D) Características da súa distribución: diferenzas entre áreas máis e menos poboadas, características de cada unha delas, posibles causas



DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) antes do dia 24, indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (2ºA/2ºB) e o nome e apelidos (por esta orde).

lunes, 13 de abril de 2020

2 ESO - MÚSICA E MOVEMENTOS MIGRATORIOS

Moitas veces as cancións inspíranse na realidade próxima. A continuación imos analaizar precisamente como as letras de distintas cancións relatan problemas da sociedade, neste caso, o drama dos movementos migratorios.

A continuación propoñovos duas alternativas: 

   a) Escoitar as duas cancións que figuran abaixo, elexir unha e escribir a letra.  Ó rematar facer un pequeno resumo do problema que trata.
   b) Buscar outra canción diferente que coñezas e/ ou che guste pero trate a mesma temática e escribir a letra. Ó rematar facer un pequeno resumo do problema que trata. 

1. CeltasCortos - El emigrante. 


2.- Chambao - Papeles mojados 



Recordade que o que nos interesa é a mensaxe que se transmite. 

viernes, 27 de marzo de 2020

2º ESO - EVOLUCION DA POBOACIÓN MUNDIAL



A cantidade total de poboación mundial ao longo da historia non deixou de aumentar. Ata o século XIX fíxoo de forma lenta, despois cada vez máis rápido.

Na segunda metade do século XX alcanza o seu maior crecemento por iso falamos de explosión demográfica.

En 1750 había 800 millóns de habitantes, en 1800 1000 mills., en 1850 1200 mills., en 1900 1600 mills., EN 1950 2500 mills., en 2000 6.000 mills. e en 2011 7.000 mills. .

A maior parte da poboación vive en Asia (59%) seguida de África (18%) América (12%) Europa

(10%) e Oceanía (1%).
A causa da explosión demográfica foi a revolución industrial e os cambios asociados a ela (revolución agrícola e melloras sanitarias). Para ver mellor a evolución da cantidade da poboación úsase unha gráfica lineal.

Os réximes ou modelos demográficos son as situacións de natalidade e mortalidade que se dan nunha zona nun momento determinado da historia. Os máis importantes son estes:

A) Réxime demográfico antigo preindustrial: altas taxas de natalidade e mortalidade, lento crecemento natural. É característico de países cun alto índice de pobreza e sen recursos

sanitarios, situación que se daba en Europa antes do século XIX.
B) Réxime demográfico de transición, ten dúas etapas:

- 1: descenso da mortalidade por melloras sanitarias e na alimentación, pero a

natalidade segue alta. Alto crecemento natural.
- 2: descenso da natalidade grazas á mellora no nivel de vida. Como a poboación quere mantelo fai uso de métodos anticonceptivos. Redúcese a pobreza, polo que a clase baixa decrece e a clase media pasa a ser a máis numerosa. Fréase o crecemento natural.

C) Réxime demográfico moderno: baixas taxas de natalidade e mortalidade, sen apenas crecemento da poboación.
Para analizar os réximes demográficos adóitase usar unha gráfica lineal na que se ve a evolución da natalidade e a mortalidade ao longo do tempo.


ACTIVIDADES 
Despois de  revisar o libro de texto fai as actividades 5,6 e 7 da pax. 183. 

martes, 24 de marzo de 2020

2º ESO - INDICADORES DEMOGRÁFICOS



Taxas ou indicadores demográficos. Datos que usamos para ver as características da poboación dun lugar e así poder facer comparacións con outros lugares ou con outras épocas.

A densidade de poboación serve para medir a concentración e a distribución da poboación por zonas xeográficas. Calcúlase dividindo a poboación que habita nunha zona pola extensión desa zona en Km2 . 
    
A taxa de natalidade: Calcúlase multiplicando o número de nados nun país durante un ano por 1.000 e dividindo o resultado pola poboación total dese país. O resultado está en base a mil (con este signo: ‰). Se é inferior a 15 considérase baixa, superior a 25 moi alta. As principais causas que explican unha maior ou menor taxa de natalidade son as seguintes:
-As guerras reducen a natalidade pero esta aumenta nos anos posteriores.
-Unha situación de escaseza de recursos ou de riqueza dispoñible fai que a natalidade sexa alta porque os fillos convértense na única fonte de ingresos.
-Unha situación de alto nivel de vida fai que a natalidade sexa baixa xa que as familias prefiren preservar o seu nivel de vida. Isto é posible grazas ao uso de métodos anticonceptivos. 
-A chegada da un país de poboación inmigrante con maiores taxas de natalidade sobe a media.

A taxa de mortalidade: multiplicando o número falecidos nun país durante un ano por 1.000 e dividindo o resultado pola poboación total dese país. Usamos este signo: ‰. Se é inferior a 10 é baixa, superior a 15 alta. As principais causas que explican unha maior ou menor taxa de mortalidade son as seguintes:
-As guerras aumentan a mortalidade.
-As catástrofes naturais (secas, choivas torrenciais) reducen o abastecemento alimenticio e isto fai que aumenten as enfermidades e por iso a mortalidade.
-Unha mellora na alimentación reduce as enfermidades e por iso a mortalidade.
-Os avances sanitarios reduce as enfermidades e por iso a mortalidade.
-A ampliación da cobertura sanitaria a maior cantidade de poboación reduce a mortalidade.
-Unha maior porcentaxe de poboación anciá ten como consecuencia un aumento da mortalidade. Como os anciáns teñen unha maior taxa de mortalidade, a media aumenta.
     
As taxa de mortalidade infantil: Calcúlase multiplicando o número dos menores dun ano que falecesen ese ano por 1.000 e dividindo o resultado pola cantidade total de nados ese ano. Usamos este signo: ‰. A taxa de mortalidade infantil en países que teñen unha sanidade pública universal como España, é menor que a taxa de mortalidade infantil en países que non teñen sanidade pública universal como en Estados Unidos, xa que a cobertura sanitaria non cobre a toda a poboación por igual.

A taxa de crecemento natural: calcúlase restando as defuncións aos nacementos, multiplicando isto por 100 e dividindo o resultado pola poboación total. O resultado está en base a cen polo que usamos este signo: %. Se hai máis nacementos que defuncións falamos de crecemento natural ou vexetativo. 

A taxa da esperanza de vida: É a media de anos que viven as persoas falecidas nun ano nunha zona determinada. As causas que explican as diferenzas entre países son:
- Unha mellor ou peor alimentación.
- Unha sanidade máis ou menos avanzada tecnoloxicamente.
- Unha sanidade con maior ou menor cobertura.


Na seguinte táboa podes consultar as fórmulas que se empregan para cada taxa: 
ACTIVIDADES
Despois de ler a entrada e revisar o libro de texto fai as seguintes actividades: pax. 181, act. 1,2,3,4 e 5. 

lunes, 16 de marzo de 2020

2º ESO - A POBOACIÓN MUNDIAL (I)

A POBOACIÓN MUNDIAL 



A partir dos contidos do libro  teredes que ir facendo, pouco a pouco, as seguintes actividades relativas á distribución da poboación no noso planeta. Son as seguintes:  

Pax. 173: act 1,2,3,4,5. 
Pax 174: act 1 e 2. 

Deixovos tamén unha presentación que podedes abrir  facendo click no link: https://es.slideshare.net/HSEXTO/a-poboacin-mundial-76099769