Mostrando entradas con la etiqueta barroco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta barroco. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de marzo de 2020

2º BACH (ARTE) - VELAZQUEZ


DIEGO VELÁZQUEZ (1599/1660) é probablemente a figura máis importante da pintura española de todos os tempos. Nel coincide a xenialidade cunhas circunstancias propicias para desenvolver a súa arte, pois tivo a fortuna de poder  levar a cabo unha carreira cortesá baixo a protección de Felipe IV, o que lle permitiu adicarse a pintar demorándose (e esmerándose) en cada lenzo. 

Velázquez naceu en Sevilla en 1599. Aos once anos iniciou a súa aprendizaxe no taller de Francisco Pacheco onde permanecerá ata 1617, cando xa é pintor independente. Entre 1617 e 1623 desenvólvese a etapa sevillana, caracterizada polo estilo tenebrista, influenciado por Caravaggio, destacando como obras O Aguador de Sevilla.

Durante estes primeiros anos obtén bastante éxito o que lle permite trasladarse a Madrid, onde a súa maestría lle permite obter o título de Pintor do Rei Felipe IV, gran amante da pintura. A partir dese momento, empeza o seu ascenso na Corte española, realizando interesantes retratos do rei.

Tras poñerse en contacto con Rubens, durante a estancia deste en Madrid, en 1629 viaxa a Italia, onde realizará a súa segunda aprendizaxe ao estudar as obras de Tiziano, Tintoretto, Miguel Ángel, Rafael e Leonardo. En Italia pinta Fráguaa de Vulcano, regresando a Madrid dous anos despois.

A década de 1630 é de gran importancia para o pintor, que recibe interesantes encargos para o Palacio do Bo Retiro como A Rendición de Breda ou os retratos ecuestres da familia real. A súa pintura faise máis colorista destacandoobras mitolóxicas como A Venus do Espello ou escenas relixiosas como o Cristo Crucificado.

Paralelamente á carreira de pintor, Velázquez desenvolverá un importante labor como cortesán, obtendo varios cargos: Axudante de Cámara e Aposentador Maior de Palacio. Esta carreira cortesá restaralle tempo á súa faceta de pintor, o que motiva que a súa produción artística sexa, desgraciadamente, máis limitada.

En 1649 fai a súa segunda viaxe a Italia, onde demostra as súas excelentes calidades pictóricas, triunfando ante o papa Inocencio X, ao que fai un excelente retrato, e toda a Corte romana. Regresa en 1651 a Madrid con obras de arte compradas para Felipe IV. Estes últimos anos da vida do pintor estarán marcados pola súa obsesión de conseguir o hábito da Orde de Santiago, que supoñía o ennoblecimiento da súa familia, polo que pinta moi pouco, destacando As Hilanderas e As Meninas. Velázquez morre finalmente en Madrid ós 61 anos de idade, o día 6 de agosto de 1660.

No seguinte vídeo podes ver unha breve biografía do pintor:


Podes ver algúns comentarios das súas obras facendo click nos seguintes links:  

AS MENINAS
A FRAGUA DE VULCANO
A RENDICIÓN DE BREDA

SABIAS QUE...  o documental "el cuadro"  (Andrés Sanz, 2019) sobre os enigmas e misterios das "meninas" gañou catro Premios Goya na edidicón de 2019. Podes ler información sobre o mesmo AQUÍ

viernes, 27 de marzo de 2020

2º BACH (ARTE) - CARAVAGGIO E A PINTURA BARROCA


O concilio de Trento estableceu a necesidade didáctica da arte para combatir a reforma protestante, amosando as verdades inmutables do catolicismo. A pintura relixiosa non escapará desta premisa e elabora unha linguaxe realista, sinxela e didáctica que puidese chegar clara e directamente ó fiel.

Froito deste naturalismo xurde unha nova iconografía que fomenta a Igrexa: florecen os martirios as penitencias e os santos en éxtase para inducir á devoción dos fieis. Esquécese a sublimación idealizante do século anterior e extráense da realidade novas categoría coma o feo e vulgar para achegar así a imaxe ós  humildes (modelos populares). 

Os trazos desta pintura barroca son os seguintes:
a) Realismo e naturalismo (modelos vulgares).
b) Iconografía, sobre todo, relixiosa contrarreformista. 
c) Uso “escenográfico” da luz con contrastes entre zonas de forte luminosidade (foco diagonal que entra normalmente por unha esquina do cadro) e outras zonas escuras  que crean efectos de claroscuro que o tenebrismo usa maxistralmente para dramatizar as escenas
d) Composicións desequilibradas (contrarias á orde clasicista) con diagonais e escorzos para dinamizar as imaxes.
e) Nova perspectiva, diferente á renacentista: o primeiro plano deixa de acaparar a atención cobrando maísimportancia do resto  cadro.

Michelangelo Merisi, alcumado il CARAVAGGIO (1571-1610) é , sen lugar a dúbidas, o principal representante da corrente tenebrista. Podes acceder ó comentario da súa obra no seguinte LINK
Se queres ver a súas pinturas  AQUÍ

A continuación un breve comentario da "vocación de San Mateo" de artehistoria.


miércoles, 25 de marzo de 2020

2º BACH (ARTE) - ESCULTURA BARROCA ESPAÑOLA



A escultura española do S. XVII foi impulsada mosteiros, parroquias  e cofradías, de xeito que se viu abocada a plasmar os ideais destas institucións relixiosas nun momento en que a doutrina contrareformista propugnaba unha linguaxe realista que o fiel comprendera e unha expresión emocional e dramática para incrementar a devoción. 

Ó contrario que acontece ne  Italia, onde se desenvólve unha escultura principalmente en mármore e bronce, en España haberá unha preferencia pola temática relixiosa en madeira.  Proliferan os retablos e as imaxes de culto que se poñen ao servizo da sensibilidade contrarreformista que tenta achegar ao crente a realidade do feito relixioso movendo a súa sensibilidade e excitando a súa devoción. O público ten que “vivir” as dores da Paixón e “sentir” aos Santos como personaxes reais (para iso o realismo que permite a madeira policromada resulta moi adecuado).

Así a principal característica é o tratamento realista e o fondo dramatismo expresivo pois a súa finalidade é “persuadir os homes á piedade e levalos a Deus”, por iso ha de empregar a linguaxe do verosímil para emocionar e conmover ós fieis. Para elo empregaranse todo tipo de elementos postizos: lágrimas e ollos de vidro, pelo natural, coroas e espadas de metal -ouro, prata-, dentes de marfil, ricas telas nas vestiduras ...

Débense diferenciar tres focos escultóricos con trazos propios. Neste século XVII dominan dúas escolas: a escola castelá, caracterizada polo patetismo, con centros en Valladolid (Gregorio Fernández) e, en menor medida, Madrid; a escola andaluza, de formas máis idealizadas, con centros en Sevilla (Martínez Montañés) e Granada (Alonso Cano). Xa no século XVIII destaca a escola levantina con centro en Murcia, máis colorista e amable, (Salzillo, introdutor dos beléns).

Como expoñente do estilo para as ABAU estúdase a Gregorio Fernández. Podes acceder ó coemntario da súa obra no seguinte LINK


martes, 24 de marzo de 2020

2º BACH (ARTE) - ESCULTURA BARROCA ITALIANA



Como xa se dixo, BERNINI (1598-1680) é a figura culminante do barroco. Arquitecto, ecultor, dramaturgo e escenógrafo da Roma Barroca é o modelo de artista polivalente e triunfador que será recoñecido en vida como artísto do século. Aínda que por decisión papal dirixe todos os proxectos pontificios, el considerouse escultor sobre todo, un oficio que aprendera dende pequeño con seu pai. Virtuoso do mármore era un artista excepcionalmente dotado. A perfección da súa técnica é extraordinaria conseguindo que o mármore se converta en carne, teas ou vexetais. 

Bernini parte do estudo da escultura helenística e dela toma o movemento, a acción, o dramatismo e a violencia expresiva que tan ben cadran co temperamento barroco. A súa arte é capaz de darlle forma a claquera fantasía e de converter o imaxinado en realidade visible. Bernini pon a súa imaxinación ó servicio da retórica e e converte as súas obras en milagres que o espectador pode contemplar, un artificio case máxico que prepretende abraiar ó espectador. 

Podes descargar os comentarios de "Apolo e Dafne" e o "éxtase de Santa Tareixa" facendo click no seguinte LINK

jueves, 19 de marzo de 2020

2º BACH - BARROCO COMPOSTELÁN


Entre as múltiples manifestacións rexionais do barroco, cabe destacar o Barroco galego que, desenvolvido ao longo dos séculos XVII e XVIII,  constitúe unha das propostas máis orixinais dentro deste estilo.  

En Galicia, a Igrexa asume case exclusivamente o protagonismo e leva a cabo  grandes empresas artísticas, promovidas tanto por mosteiros enriquecidos (San Martiño Pinario) como por cabidos catedralicios. Os bispos son os grandes mecenas da arte urbana, axudados por cregos cultos, que que desexan erguer unha arte á altura da europea.  

A mediados do S. XVII, un novo espíritu tenta facer de Compostela unha segunda Roma, a fin de revitalizar a peregrinaxe e o culto a Santiago Apóstolo. Así a partir de 1648 o coengo  VEGA E VERDUGO impulsa un proxecto de reforma da antigua catedral medieval que comeza coas obras do testeiro, continúa coa construcción da torre do reloxo e culmina, xa no século XVIII, coa espectacular fachada do obradoiro. 

Nos seguintes enlaces podes consultar información e  acceder a unha ampla galería de imaxes: 


martes, 17 de marzo de 2020

2 BACH (ARTE) - SAN CARLOS DAS CATRO FONTES (BORROMINI)

FICHA TÉCNICA 
Autor : Francesco Borromini
Cronoloxía.  igrexa 1638-1641, fachada 1665-1667
Tipoloxía:  Arquitectura  relixiosa
Estilo: Barroco 



Francesco Borromini foi o gran competidor de Bemini. Revolucionario pero incomprendido non dispuxo, non obstante, de recursos económicos, e as súas obras fundamentalmente foron igrexas de pequenas dimensións e materiais pobres. Así e todo introduce elementos completamente novedosos: plantas moi complexas (ovaladas ou estreladas) ,ondulación dos entablamentos e cornixas con efecto de curvas e contracurvas, espazos interiores moi dinámicos, etc...

Borromini sufriu co feito de que non se lle recoñecese suficientemente e a súa vida acabou co suicidio. Fican para o recordo grandes obras como San Ivo da Sapienza ou San Carlos das Catro Fontes, edificación que precisamente nos ocupa e que foi o seu primeiro encargo en Roma depois de ter colaborado con Madeno.

Trátase dun encargo efectuado pola orde de Trinitarios españois. Os problemas de partida eran moitos: os Trinitarios, unha Orde austera, contaban con poucos recursos; o espazo dispoñible era  minúsculo e irregular, estaba situado nunha confluencia de rúas -unha delas moi estreita-, e ademais estaba alí, na esquina achaflanada, unha das catro fontes dispostas por Sixto V. Contra todo esto loita Borromini e sae victorioso creando un espazo novo e perfectamente adaptado a esos condicionantes. 

A obra foi elaborada en dúas fases. Fixo primeiro o mosteiro e logo a igrexa, mais como se terminou o diñeiro a fachada realizouse 20 anos despois e aínda quedou inconclusa.

A planta é exemplo do barroquismo parte dunha elipse, con segmentos cóncavos e outros convexos que crean un contorno sinuoso e movemento.


Os muros son moi dinámicos. Estan divididos en TRAMOS polas grandes colunnas con capiteis de orde composta. Entre os tramos: nichos, altares e tamén portas que dan ao mosteiro.

O entablamento formado por curva e contracurva rodea a pequena igrexa , sobre el catro bóvedas de cuarto de esfera con casetones e entre elas as catro pechinas decoradas con paneis ovalados e de alí parte a cúpula oval con decoración de hexágonos e cruces que diminúen cara á lanterna creando efecto de perspectiva.

A lanterna está iluminada con xanelas e na súa bovedilla o símbolo da Santísima Trindade.


A fachada oi realizada casí 20 anos despois que a igrexa. . Situada na confluencia de dúas rúas moi estreitas, casí facendo esquina, Borromini realiza a arquitectura como modelándola.


Ten unha apariencia moi teatral e é exemplo de movemento e dinamismo barroco debido ó xogo de curvas e contracurvas.

Pódense distinguir claramente dous niveis divididos polo groso entaboamento que sostén a balconada, e tres corpos verticais -corpos e rúas coma un retablo- marcados pola presencia de columnas de orde xigante que introducen un ritmo ascensional na obra.. En absoluto existe correspondencia entre esta estrutura externa e o interior, preséntase como unha realidade independente do contido que alberga

Sendo toda a superficie dinámica polo xogo de curvas opostas que crea marcados contrastes de luz, recalca as contraposicións en cada nivel: 

NIVEL INFERIOR:
- Rúas laterais cóncavas divididas en dous niveis con hornacinas.
- Rúa central convexa con dous niveis : porta e hornacina.
Nas columnas introduciu modificacións das ordes xónico e corintio.

NIVEL SUPERIOR:
- Na parte superior entablamento cóncavo interrompido por medallón cuxa forma oval dá impulso ascensional á fachada.
- Rúas laterais cóncavas e na rúa central que é cóncava sitúa unha unha especie de balcón ou edículo con adintalamiento convexo que parece enlazar co nivel inferior,
Toda a fachada está repleta de elementos ornamentais que fomentan nos nosos ollos a idea de movemento: a fonte, a hornacina coa estatua de San Carlos, os nichos, a balaustrada, os medallóns, etc...

Con esta obra Borromini converteuse nun dos arquitectos claves do Barroco caracterizado polo seu rupturismo coa tradición clásica polo gusto polo desequilibrio, as liñas curvas e a preferncia polo óvalo menos estático que o círculo, o movemento sinuoso, a teatralidade, o exceso decorativo, os xogos lumínicos, etc.


lunes, 16 de marzo de 2020

2º BACH (ARTE) - BALDAQUINO DE SAN PEDRO DO VATICANO (BERNINI)


FICHA TÉCNICA 
Autor : Bernini
Cronoloxía.  1624-1632
Tipoloxía:  Arquitectura  relixiosa
Estilo: Barroco      



Gian Lorenzo Bernini foi un dos artistas máis polifacéticos do S. XVII. Traballou ó servizo do papado e aínda que as súas obras parten dos elementos clasicistas, introcuce innovacións baseadas no efectismo barroco (elipses, curvas e contracurvas, elementos decorativos de gran profusión, etc...), tratando de crear unha arte grandilocuente que servise para a exaltación do poder papal.

Un baldaquino é unha estrutura exenta  que, a modo de templete, cobre o altar maior nunha igrexa.  Neste caso trátase do baldaquino da basílica de San Pedro do Vaticano, situado sobre o altar e a tumba do apóstolo realizado por Bernini no primeiro terzo do século XVII por  encargo do papa Urbano VIII. 

Corresponde á arte barroca italiana e está realizado en bronce, material que foi espoliado do pórtico do Panteón romano. De aí que se dixese do papa, membro da familia Barberini: quod non fecerunt barbari fecerunt Barberini.

A obra está a medio camiño entre arquitectura e escultura. Esta combinación das artes é propia da arte barroca e recibe o nome de "bel composto".

Poderíase dicir que se trata dunha arquitectura efémera, un gran palio sobre a tumba do Apóstolo, na que se suma a escultura e a pintura en tanto o emprego do bronce natural e dourado outorgar cor ó conxunto.

O baldaquino érguese sobre catro altos podios de mármore, a partir dos cales se levántan columnas salomónicas -así chamadas porque se dicía que eran as que había no templo de Salomón en Xerusalén- divididas por aneis e rematadas en capiteis corintios. A parte parte superior dos fustes recibe decoración vexetal.

Sobre cada soporte un fragmento de entaboamento ó que se unen os catro lados dunha cornixa cóncava en placas de bronce, novamente coas abellas Barberini, moi similar ás telas dun dosel. No alto grandes talos e volutas converxentes rematan a construción, marcando un ritmo ascensional ata a cúspide coa bola do mundo e unha cruz.

O conxunto resulta extremadamente monumental e está dominado por elementos carracterísticamente barrocos como as liñas curvas -columnas, volutas, cornixas-, a profusa decoración, o emprego dunha orde xigante, e os efectos lumínicos que crea a luz ó incidir nos dourados. 




domingo, 15 de marzo de 2020

2º BACH (ARTE) - PRAZA DE SAN PEDRO DO VATICANO (BERNINI)


FICHA TÉCNICA 
Autor : Bernini
Cronoloxía.  1656-1657
Tipoloxía:  Arquitectura relixiosa ,  urbanismo.
Estilo: Barroco      

Resultado de imagen de PLAZA SAN PEDRO VATICANO frontal

Una vez rematada  a fachada da basílica de San Pedro por Carlo Maderno,  o Papa Alexandre VII encarga a Bernini, un dos artistas máis polifacéticos da época, a realización da praza que debería ser capaz de acoller a grandes concentracións de fieis para maior gloria de Deus  e, por suposto,  dos seus representantes na terra.

Bernini, ten que efectuar o proxecto tendo en conta varias cuestións.  En primeiro lugar as construcións existentes no entorno, entre elas os edificios dos palacios vaticanos que tiñan a súa entrada moi próxima a un dos laterais. Por outra banda, despois da construcion da fachada de Maderno, a cúpula de Miguel Anxo quedara desprazada a un segundo plano, motivo polo había que diminuir visualmente o ancho da fachada. Por último,  estaba o obelisco exipcio que, procedente do circo romano, era considerado o punto de referencia dentro da rede viaria romana e presentaba o problema de  que quedaba moi separado do edificio.

Tendo en conta todos estes factores, Bernini leva a cabo a edificación dunha praza organizada en dous espazos diferenciados (ou duas prazas, segndo se mire): 

En primeiro lugar anexa ó edificio a denominada  «praza recta» de forma trapezoidal con brazos converxentes, que ó pecharse cara á fora reduce opticamente a pesada masa da fachada de Maderno e revaloriza a cúpula de Miguel Anxo que se eleva sobre o conxunto. Serve a estes fins por un lado a utilización da perspectiva invertida e polo outro a redución das columnas en altura das caras laterais, facéndose máis baixa a medida que nos acercamos ó edificio

A continuación «praza eliptica» con centro no obelisco, procedente do antigo circo de Nerón que ocupaba este emprazamento, e co seu eixe maior paralelo á fachada superando as dimensións do ancho da basílica. Este eixo ven subliñado polas dúas fontes dispostas na mesma liña.

A praza trapezoidal péchase obrigando opticamente ao espectador para centrarse na cúpula En canto á praza elíptica a presenza do obelisco impide a visión frontal da cúpula e obríganos a virar dándonos conta do espazo curvo.

Rodeando a praza atópase  unha monumental coumnata formada por 184 columnas e 88 pilastras toscanas que forman tres rúas, a central máius ancha que as laterais (pola central pode circular unha carruaxe). A columnata fai as veces dun peristilo que sostén un entablamento xónico e  por riba unha balaustrada sobre a que se erguen estatuas de santos realizadas por discípulos de Bernin que veñen a simbilizar o  triunfo da igrexa.

O espazo creado por Bernini é un espazo aberto e teatral que segundo palabras do propio arquitecto a estrutura coas súas dúas alas son os brazos da Igrexa que acollen o pobo de Deus amén de crear marco excepcional para as aparicións do Papa, representante de Deus na terraA obra cumple tamén unha función propagandística ao servizo do Papado e de Roma como centro da Cristiandade

En definitiva, a  praza de San Pedro do Vaticano é, sen lugar a dúbidas, un dos paradigmas  do arte barroco, unha edificación  que por unha banda  pretendía abraiar e conmover ós fieis para  mantelos así na obediencia á orde establecida nun momento de crisee relixiosa, e,  por outra, tiña a pretensión de crear un espazo de escenografía grandilocuente e riqueza cegadora que fose expresión do poder da igrexa de Roma e o Papado.

viernes, 13 de marzo de 2020

2º BACH ( ARTE) - FACHADA SAN PEDRO DO VATICANO (MADERNO)

FICHA TÉCNICA 
Autor : Carlo Maderno.
Cronoloxía.  Ca. 1612
Tipoloxía:  Arquitectura relixiosa , basílica.

Estilo: Barroco      



A principios do século XVII  a basílica de San Pedro do Vaticano continuaba inconclusa, despois de rematar a edificación da cúpula segundo o proxecto de Miguel Anxo.  No ano 1607, despois dun concurso, encoméndaselle ó arquitecto Carlo Maderno a continuación da obras .

Maderno modifica o modelo de planta centralizada de Miguel Anxo e, seguindo os desexos do Papa e as directrices da Contrarreforma, convértea en basilical. Con estas modificacións a grandiosa cúpula  de Miguel Anxo quedaba relegada a un plano posterior deixando de ser o centro da construción. 

Pese os cambios Maderno tentou ser o máis respectuoso posible co plan miguelaxelesco, tal e como se pode apreciar que e na estrutura da fachada levantada sobre un basamento con escalinatas.

A fachada, concebida a modo de nartex, divídese en dous niveis, o inferior e o ático, articulados da seguinte forma:

- O nivel inferior cun corpo central con columnas de orde xigante corintias que enmarcan dúas plantas: abaixo portas adinteladas e de medio punto sobre columnas ; encima hai vans rectangulares con alternancia de frontóns triangulares e semicirculares.
Este nivel remátase cun frontón triangular cuxo vértice marca visualmente a dirección cara á cúpula.

Un entablamento con arquitrabe , friso con inscricións e cornixa , que non é totalmente recto senón ,con entradas e saídas separa este nivel do ÁTICO

- No ATICO entre as pilastras obsérvanse vans cuadrangulares e rectangulares. Remata este nivel unhas esculturas como elemento decorativo.

Os elementos decorativos son preferentemente arquitectónicos e hai tamén unha gran importancia dos efectos da luz para matizar estes elementos e crear efectos de clarocuro.

A intervención de Maderno  responde a un modelo de beleza aparentemente simple e clasicista, pero é xa barroca tanto polos elementos empregados como tamén pola ausencia concordancia real coa ordenación do interior.

Con esta obra e as posteriores intervencións de Bernini na praza e columnata respondíase á intención do Papado de converter a San Pedro no templo máis grande da cristiandade. Algo que abofé conseguirían.