Mostrando entradas con la etiqueta Bernini. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bernini. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de marzo de 2020

2º BACH (ARTE) - ESCULTURA BARROCA ITALIANA



Como xa se dixo, BERNINI (1598-1680) é a figura culminante do barroco. Arquitecto, ecultor, dramaturgo e escenógrafo da Roma Barroca é o modelo de artista polivalente e triunfador que será recoñecido en vida como artísto do século. Aínda que por decisión papal dirixe todos os proxectos pontificios, el considerouse escultor sobre todo, un oficio que aprendera dende pequeño con seu pai. Virtuoso do mármore era un artista excepcionalmente dotado. A perfección da súa técnica é extraordinaria conseguindo que o mármore se converta en carne, teas ou vexetais. 

Bernini parte do estudo da escultura helenística e dela toma o movemento, a acción, o dramatismo e a violencia expresiva que tan ben cadran co temperamento barroco. A súa arte é capaz de darlle forma a claquera fantasía e de converter o imaxinado en realidade visible. Bernini pon a súa imaxinación ó servicio da retórica e e converte as súas obras en milagres que o espectador pode contemplar, un artificio case máxico que prepretende abraiar ó espectador. 

Podes descargar os comentarios de "Apolo e Dafne" e o "éxtase de Santa Tareixa" facendo click no seguinte LINK

lunes, 16 de marzo de 2020

2º BACH (ARTE) - BALDAQUINO DE SAN PEDRO DO VATICANO (BERNINI)


FICHA TÉCNICA 
Autor : Bernini
Cronoloxía.  1624-1632
Tipoloxía:  Arquitectura  relixiosa
Estilo: Barroco      



Gian Lorenzo Bernini foi un dos artistas máis polifacéticos do S. XVII. Traballou ó servizo do papado e aínda que as súas obras parten dos elementos clasicistas, introcuce innovacións baseadas no efectismo barroco (elipses, curvas e contracurvas, elementos decorativos de gran profusión, etc...), tratando de crear unha arte grandilocuente que servise para a exaltación do poder papal.

Un baldaquino é unha estrutura exenta  que, a modo de templete, cobre o altar maior nunha igrexa.  Neste caso trátase do baldaquino da basílica de San Pedro do Vaticano, situado sobre o altar e a tumba do apóstolo realizado por Bernini no primeiro terzo do século XVII por  encargo do papa Urbano VIII. 

Corresponde á arte barroca italiana e está realizado en bronce, material que foi espoliado do pórtico do Panteón romano. De aí que se dixese do papa, membro da familia Barberini: quod non fecerunt barbari fecerunt Barberini.

A obra está a medio camiño entre arquitectura e escultura. Esta combinación das artes é propia da arte barroca e recibe o nome de "bel composto".

Poderíase dicir que se trata dunha arquitectura efémera, un gran palio sobre a tumba do Apóstolo, na que se suma a escultura e a pintura en tanto o emprego do bronce natural e dourado outorgar cor ó conxunto.

O baldaquino érguese sobre catro altos podios de mármore, a partir dos cales se levántan columnas salomónicas -así chamadas porque se dicía que eran as que había no templo de Salomón en Xerusalén- divididas por aneis e rematadas en capiteis corintios. A parte parte superior dos fustes recibe decoración vexetal.

Sobre cada soporte un fragmento de entaboamento ó que se unen os catro lados dunha cornixa cóncava en placas de bronce, novamente coas abellas Barberini, moi similar ás telas dun dosel. No alto grandes talos e volutas converxentes rematan a construción, marcando un ritmo ascensional ata a cúspide coa bola do mundo e unha cruz.

O conxunto resulta extremadamente monumental e está dominado por elementos carracterísticamente barrocos como as liñas curvas -columnas, volutas, cornixas-, a profusa decoración, o emprego dunha orde xigante, e os efectos lumínicos que crea a luz ó incidir nos dourados. 




domingo, 15 de marzo de 2020

2º BACH (ARTE) - PRAZA DE SAN PEDRO DO VATICANO (BERNINI)


FICHA TÉCNICA 
Autor : Bernini
Cronoloxía.  1656-1657
Tipoloxía:  Arquitectura relixiosa ,  urbanismo.
Estilo: Barroco      

Resultado de imagen de PLAZA SAN PEDRO VATICANO frontal

Una vez rematada  a fachada da basílica de San Pedro por Carlo Maderno,  o Papa Alexandre VII encarga a Bernini, un dos artistas máis polifacéticos da época, a realización da praza que debería ser capaz de acoller a grandes concentracións de fieis para maior gloria de Deus  e, por suposto,  dos seus representantes na terra.

Bernini, ten que efectuar o proxecto tendo en conta varias cuestións.  En primeiro lugar as construcións existentes no entorno, entre elas os edificios dos palacios vaticanos que tiñan a súa entrada moi próxima a un dos laterais. Por outra banda, despois da construcion da fachada de Maderno, a cúpula de Miguel Anxo quedara desprazada a un segundo plano, motivo polo había que diminuir visualmente o ancho da fachada. Por último,  estaba o obelisco exipcio que, procedente do circo romano, era considerado o punto de referencia dentro da rede viaria romana e presentaba o problema de  que quedaba moi separado do edificio.

Tendo en conta todos estes factores, Bernini leva a cabo a edificación dunha praza organizada en dous espazos diferenciados (ou duas prazas, segndo se mire): 

En primeiro lugar anexa ó edificio a denominada  «praza recta» de forma trapezoidal con brazos converxentes, que ó pecharse cara á fora reduce opticamente a pesada masa da fachada de Maderno e revaloriza a cúpula de Miguel Anxo que se eleva sobre o conxunto. Serve a estes fins por un lado a utilización da perspectiva invertida e polo outro a redución das columnas en altura das caras laterais, facéndose máis baixa a medida que nos acercamos ó edificio

A continuación «praza eliptica» con centro no obelisco, procedente do antigo circo de Nerón que ocupaba este emprazamento, e co seu eixe maior paralelo á fachada superando as dimensións do ancho da basílica. Este eixo ven subliñado polas dúas fontes dispostas na mesma liña.

A praza trapezoidal péchase obrigando opticamente ao espectador para centrarse na cúpula En canto á praza elíptica a presenza do obelisco impide a visión frontal da cúpula e obríganos a virar dándonos conta do espazo curvo.

Rodeando a praza atópase  unha monumental coumnata formada por 184 columnas e 88 pilastras toscanas que forman tres rúas, a central máius ancha que as laterais (pola central pode circular unha carruaxe). A columnata fai as veces dun peristilo que sostén un entablamento xónico e  por riba unha balaustrada sobre a que se erguen estatuas de santos realizadas por discípulos de Bernin que veñen a simbilizar o  triunfo da igrexa.

O espazo creado por Bernini é un espazo aberto e teatral que segundo palabras do propio arquitecto a estrutura coas súas dúas alas son os brazos da Igrexa que acollen o pobo de Deus amén de crear marco excepcional para as aparicións do Papa, representante de Deus na terraA obra cumple tamén unha función propagandística ao servizo do Papado e de Roma como centro da Cristiandade

En definitiva, a  praza de San Pedro do Vaticano é, sen lugar a dúbidas, un dos paradigmas  do arte barroco, unha edificación  que por unha banda  pretendía abraiar e conmover ós fieis para  mantelos así na obediencia á orde establecida nun momento de crisee relixiosa, e,  por outra, tiña a pretensión de crear un espazo de escenografía grandilocuente e riqueza cegadora que fose expresión do poder da igrexa de Roma e o Papado.