Mostrando entradas con la etiqueta mulleres con historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mulleres con historia. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de marzo de 2021

1º ESO - MULLERES CON HISTORIA 2021


Este 8 de marzo, dende o departamento de Xeográfía e Historia, queremos poñer en valor o papel das mulleres  ó longo da historia. A ausencia de referentes femininos nos libros de texto fai necesario darlles a  visibilidade que lles corresponde.  Por tal motivo, as  alumnas e alumnos do 1º curso de ESO  levaron a cabo este proxecto, que lle axudou a tomar conciencia das importantes achegas de moitas pioneiras como  Valentina Tereshkova, Clara Campoamor, Rosa Parks, Frida Khalo ou Elisa Patiño, entre moitas outras. Todas elas, foron unhas auténticas heroínas que tiveron que loitar,  non só contra as desigualdades de xénero na súa época, senon tamén contra o esquecemento nos libros de historia. 

É de xustiza que estes televisores, feitos a man con moito esmero polas nosas alumnas e alumnos, lles devolvan o protagonismo que se merecen.  

Parabéns a todas/os polo  excelente traballo!!!




lunes, 27 de abril de 2020

PROXECTO: MULLERES CON HISTORIA 2020


Durante o mes de marzo, co gaio da conmemoración do día da muller, o departamento de xeografía e historia  puxo en marcha, no marco do plan de igualdade do centro e da biblioteca escolar, o proxecto "mulleres con historia" co fin de visiblizar o papel das mulleres na historia. 

A idea era que as alumnas e alumnos, dende 1º da ESO ata 1º de BACH,  se achegasen ás biografías de moitas mulleres e elaborasen, grupalmente, unha manualidade consistente nun televisor de cartón que lle devolvese o protagonismo que, en moitos casos, non se lles da nos libros de historia ás  María Patiño, Valentina Tereshkova, Rosa Parks, Nancy Wake, Calpurnia Abana, Clara Campoamor, María Pita, Simone de Beauvioir, Frida Kalho, Lydmica Paulichenko ou Artemisa Ghentilleschi, entre moitas outras.

A súbita aparición da epidemia do COVID-19 impediu a exposición pública destes estupendos traballos pero o resultado foi, tal e como se pode apreciar nas fotografías, espectacular. É por iso que dende aquí queremos trasmitir os nosos máis sinceiros parabéns a todas e todos os participantes.  

Á espera de recuperar a normalidade, e poder facer unha exposición pública no instituto, amosámosvos algunhas fotografías e enviámosvos unha aperta enorme a todas e todos.