No seguinte link podes acceder a á un diccionario de termos artísticos ilustrado en galego, adaptado ós novos criterios establecidos para as novas probas de acceso á universidade.
A Comisión interunicersitaria de Galicia acaba de facer públicos, a relación de contidos examinables, os modelos de examen e os criterios de avaliación das novas probas de acceso á universidade (PAU).
Podes comsultalos facendo click nos seguintes enlaces:
As alumnas de Hitoria da Arte do segundo curso de bacharelato, puxeron o seu gran de area para o Conecta Arte Antioquía con once imitacións de cuadros célebres nas que elas mesmas se converteron obras de arte. O resultado foi sinxelamente espectacular. Parabéns a todas!!!
Podedes ler o reportaxe que publicaron hoxe no diario La Región facendo click neste LINK.
A continuación podedes ver as fotos da exposición:
Hoxe día 15 de abril é o Día Mundial da arte, unha conmemoración coa que se pretende poñer en valor a importancia que ten a arte para o ser humano e, sobre todo, o pensamento creativo.
A arte contribúe a desenvolver a creatividade das persoas, favorece a comprensión de novos códigos de expresión e o incide no desenvolvemento de actitudes que fomentan a tolerancia e o respecto cara ao descoñecido.
Por tal motivo, desde o Departamento de Xeografía e Historia do IES Cidade de Antioquía, queremos presentar hoxe un proxecto interniveles chamado "Conecta Arte Antioquía" que pretende achegar a comprensión das manifestacións artísticas e os seus procesos de creación ás alumnas e alumnos.
Nos proximos días daremos a coñecer algunha das propostas que estamos a levar a cabo.
O 26 de abril de 1937, bombardeiros e cazas da Lexión Cóndor alemá e algúns italianos, ó servizo do bando "nacional", atacaron durante tres horas a cidade vasca de Guernica. A vila non era un obxectivo militar e carecía de defensas antiaéreas polo que a destrución foi máxima. A única intención do ataque foi sementar o terror entre a poboación civil.
Aquela matanza impactou en Picasso e serviulle de punto de partida para executar este gran lenzo no que converte o feito en símbolo da violencia, a destrución e a dor.
O seguinte vídeo axudarache a entender mellor o seu significado.
Entre o ano 1168 e o 1188, en que se colocan os linteis, realízase na fachada occidental o Pórtico da Gloria, que formaba parte da fachada occidental realizada polo mestre Mateo, e os colaboradores do seu obradoiro. No seguinte vídeo podes ver unha pormenorizada análise histórico-artística.
´
Se queres acceder a máis información a cerca da catedral de santiago fai click AQUÍ
O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago, no primeiro terzo do século IX, significou o comezo dunha fabulosa epopea realizada por milleiros de persoas. "O Templo das Estrelas" propón unha apaixonante viaxe a través da historia desta fascinante creación arquitectónica e artística, coas sorprendentes peripecias e anécdotas daqueles que a fixeron posible.
No século XX lévase a
cabo unha revisión do verdadeiro significado da arquitectura. A concepción da
obra cambia e xurde unha nova estética que radica na función. Se o edificio
está harmoniosamente distribuído no seu interior, se está integrado na contorna,
se resulta grata a súa habitabilidade, o edificio é belo.
Desligados do
compromiso do pasado, os arquitectos deste século manexan os volumes e os
espazos con criterios absolutamente distintos produto dos novos medio técnicos
e materiais: o ferro e o vidro , formigón
armado e aceiro usaransede xeito
sistemático, fabricados en serie. O resultado serán edificios con vastos
espazos internos, funcionais, baseados na simplicidade, nas liñas
xeométricas e na planta libre; ademais terase en conta a vinculación do
edificio ao espazo que o rodea.
Xorden agora como edificios
representativos, á par que a tradicional arquitectura de poder (templos,
pazos...) novas tipoloxías, adaptadas á novas necesidades
sociais: vivendas unifamiliares, vivendas colectivas, fábricas, museos...
A comezos do século XX perviven a
Arquitectura Ecléctica e o Modernismo en Europa, e en Estados Unidos
mantense a influencia da Escola de Chicago. Paralelamente xorden as novas
propostas do Funcionalismo, cunha base racionalista, que exercerán a Bauhaus e
Le Corbusier, e o Organicismo, herdeiro tanto da Escola de Chicago coma
do funcionalismo. Ámbalas dúas tendencias conforman o chamado Movemento Moderno.
O Funcionalismo.
É a corrente arquitectónica máis
importante da primeira metade do século XX. En parte, supón unha reacción
contra o exceso ornamental do Modernismo, e oEclecticismo,
propoñendo supeditar a forma á función.
A semente do
funcionalismo atopámola a finais do século XIX na Escola de Chicago e na
tipoloxía do rañaceos, pero tamén en experiencia de arquitectos europeos
que rexeitan aornamentación formal e calquera tipo de elemento non estrutural,
e propoñendo o uso dos novos materiais como por exemplo Adolf
Loos (“O ornamento é delito”).
Os principios formais desta arquitectura
son os seguintes:
-Innovación nos materiais: uso do
formigón armado, que abre novas posibilidades construtivas, e materiais
modernos coma o vidro e o aceiro.
-Os muros non teñen función de soporte,
o que permite abrir grandes vans e orixina muros-cortina.
-Utiliza como soportes piares de
formigón, con armazón interno de aceiro.
-As cubertas son alinteladas, con vigas
ou pranchas de formigón apoiadasdirectamente
nos soportes.
-Ausencia de decoración
-Preocupación pola proporción.
-Espazos asimétricos, cunha clara
influencia do cubismo e a abstracción, definindo formas sinxelas e
xeométricas.
-Concepción nova dos espazos internos,
adaptados á función dos recintos, que éposible
grazas á planta libre.
-Exteriores baseados en composicións
ortogonais, con remates a xeito de terraza...que difiren da arquitectura
tradicional.
Le Corbusier foi o principal representante do funcionalismo,
e as súas concepcións arquitectónica e urbanísticas seguen vixentes
nas formas construtivas de moitas cidades actuais. Influído pola estética
cubista, é partidario de volumes nítidos e cúbicos e espazos continuos nos
que o edificio se integra no espazo que o rodea. Os fíos condutores da súa
arquitectura veñen definidos no seu ensaio Os cinco puntos da Arquitectura (
1927):
a) Emprego de pilotes, piares de
formigón apoiados no chan que soportan opeso
do edificio mentres o elevan ao nivel do primeiro piso, liberando así osbaixos do edificio.
b) Teito-xardín plano, con usos
recreativos e sociais.
c) Planta libre: a ausencia de muros de
carga, xa que agora as paredes servende
peche ou abertura, pero non de soporte, reducen os muros
a simples pantallas sen función estrutural polo que cada piso
se distribuirá de maneiraindependente
aos outros, seguindo criterios funcionais, e espazos lixeiros
e flexibles.
d) Fiestras ao longo da fachada
(horizontais), que facilitan a iluminación do espazo interior
e) Fachada libre entre as súa obras máis salientables atópase Villa
Saboia (na imaxe)
A Bauhaus
Bauhaus é o nome dunha escola de Deseño,
arquitectura e industria fundada no 1919 por Walter Gropius en Weimar
(Alemaña), e que se mantén ata a subida do nacionalsocialismo ao poder. A
súa principal achega radica nos proxectosarquitectónicos
e tamén nunha corrente de estética e deseño funcionalista, na que prima a
funcioanlidade.
Ademais de Gropius, dentro desta escola
destaca a figura de Mies van der Rohe, que dirixirá a Bauhaus de 1930 a
1933. A súa obra caracterízase pola simplicidade e claridade formal, e
pola atención ás proporcións. En 1929 realiza o Pavillón de Alemaña para a
Exposición Internacional de Barcelona. A partir de 1938 traballará en
Chicago, xerando o segundo renacemento arquitectónico desta cidade.
A corrente orgánica
A arquitectura orgánica
é unha tendencia dentro do Movemento Moderno, e comparte con el as súas
características esenciais, ás que engade a busca da humanización da
arquitectura empregando formas máis orgánicas e integrando os edificios na
naturezaque os rodea. Esta concepción arquitectónica foi creada por Frank
Lloyd Wright, arquitecto estadounidense formado na Escola de Chicago; dende
1910 desenvolve un estilo maduro, influenciado pola arquitectura xaponesa e a
arquitectura maia que espertan o seu interese polas relacións entre
arquitectura e natureza.
Nos seus inicios realiza
vivendas unifamiliares coñecidas como as “casas da pradería” en Chicago,
concibidas como estruturas organizadas en torno a un núcleo central , e cuxa
planta libre lle permite despregar o edificio cara a fóra, crecendo coma un ser
vivo. Xoga con terrazas en distintos niveis, xanelas corridas en sentido
horizontal e planos perpendiculares. A súa obra máis representativa a Casa da
Fervenza (na imaxa), onde aproveita ao máximo as posibilidades de integración
entre arquitectura e paisaxe.
No seguinte vídeo podes
ver unha breve explicación, en menos de 5 minutos, do movemento moderno.
O Dadaísmo xorde coma un movemento nihilista, como unha contestación total de todos os valores, incluído a arte mesma. Aparece case ao mesmo tempo, en 1916, en Nova York (Duchamp e Picabia) e Zúric ¡ e esténdese pouco despois a Berlín (Max Ernst). O caldo de cultivo do que xurdiu Dadá foi o desenvolvemento da I Guerra Mundial, que puxo en crise toda a cultura internacional.
Os dadaístas cuestionarán o valor da obra de arte realizando unha práctica artística antiartística, que buscará a polémica a ironía e a provocación coa fin de desmitificar todos os valores establecidos; na medida en que a arte carece de valor, calquera manifestación pode ser considerada arte.
Así pois non pretende instaurar unha nova relación entre a arte e o mundo, senón que pretende demostrar a imposibilidade e a non vontade de calquera relación entre a arte e a sociedade. A nivel formal, como consecuencia do anterior, se aceptarán tódalas técnicas e medios expresivos: O collage, a fotomontaxe ous os“Ready-made”.
En 1918 Francis Picabia, un pintor francés, refuxiado en Suíza epublica o Manifesto Dada no que expoñían as súas ideas sobre a arte
Marcel Duchamp é un dos pioneiros do Dadaísmo e a súa figura máis relevante. En 1913 ideou os ready made ou obxectos prefabricados (esculturas realizadas con obxectos xa existentes, vulgares), coas que quería pór fin ao desexo de crear obras de arte; ao escoller un obxecto no que o artista non interveu na súa realización, un obxecto corrente, fabricado en serie, o acto convertíase en algo premeditadamente desmitificador das categorías estéticas que pesaban sobre calquera obra de arte. Á "Roda de bicicleta" seguiron outros ready made, como o urinario titulado "A Fonte" (na imaxe). En 1923 a súa obra mestra "Gran vidro" que constitúe unha das pezas máis enigmáticas do autor e de todo a arte contemporánea; realizada en pintura e arame sobre vidro, foi recibida con entusiasmo por parte dos surrealistas.
No sguinte vídeo podes ver unha breve explicación do dadaísmo:
O Surrealismo naceu coma movemento literario en Francia encabezado por André Breton. No ano 1924 publicouse o "primeiro manifesto surreialista", un ano despois expúñanse as primeiras pinturas surrealistas.
A pintura surrealista ten precedentes no mundo do Bosco, ou nos gravados de Goya, pero as súas influencias inmediatas proceden da arte dadá, da pintura Chirico e da psicanálise de Freud.
O surrealismo tratará de plasmar o mundo do subconsciente, do onírico, o máxico e o absurdo, sen que interveña a razón para filtralo; desta maneira os soños colócanse no mesmo plano que a realidade e o cotián.
Atendendo a aspectos formais, no surrealismo desenvólvense dúas tendencias:
- A obra de pintores como Miró, que presenta formas inventadas, dispostas en espazos imaxinarios, moi preto á abstracción
- A tendencia figurativa de Dalí ou Magritte, con formas académicas no que o inquietante e o onírico se manifesta a través da asociación absurda de obxectos e figuras.
JOAN MIRÓ
O catalán Joan Miró desenvolve unha poética persoal baseada na creación de elementos figurativos propios, coloristas e con trazos inxenuos,que establecen relacións internas dentro da obra en composicións moi sinxelas, con poucos elementos, formas esquemáticas, tintas planas e ausencia de referentes espaciais.
SALVADOR DALÍ
Salvador Dalí é un dos autores clave do surrealismo figurativo. A súa pintura presenta unha técnica moi depurada, na que as figuras, realistas, case fotográficas, aparecen desprovistas do seu significado habitual; moitas das súas obras teñen un forte carácter provocativo. Desenvolve o método que el mesmo define coma crítico-paranoico, no que representa obxectos e persoas en asociacións insólitas, descontextualizadas, e sobre grandes espazos baleiros de atmosferas oníricas. Cadros coma A persistencia da memoria de 1931, exemplifican este proceso. Os temas xiran arredor das súas fobias e obsesións, polo que se repiten as referencias ao corporal, aos fluídos, á descomposición orgánica... Inclúe normalmente temas pictóricos, e certos motivos aparecen de maneira reiterada, dotados dun forte valor simbólico: reloxos, saltóns... Gala, a súa muller, tamén será representada en múltiples obras.
No sguinte vídeo podes ver unha breve explicación do surrealismo:
A abstracción é unha corrente pictórica que consiste na eliminación total dos elementos figurativos da obra da arte, reducíndose esta a unha combinación de formas e cores que pouco teñen que ver coa realidade. Supón, polo tanto, a culminación do xiro linguístico que a mediados do século XIX iniciaran pintores como Turner ou Monet, e que continúan a comezos de XX os outros movementos de vangarda como por exemplo o cubismo.
Sen embargo, nestes movementos, aínda que o tema quedase reducido aos seus elementos mínimos, a referencia figurativa sempre se podía recoñecer. O paso definitivo cara a abstracción darao Kansdinsky; a el atribúenselle as primeiras obras abstractas cara a 1910 cando pinta a "primeira acuarela abstracta".
Con todo, a abstracción non será un movemento unitario, senón unha tendencia desenvolvida por diferentes correntes e artistas, que rexeitan a figuración usando linguaxes e estilos diferentes que podemos englobar en dúas tendencias:
-A chamada abstracción lírica ou cromática, desenvolvida por artistas coma Kandinsky, que experimenta en base á forza expresiva da cor.
-A abstracción xeométrica, que seguen trala Primeira Guerra Mundial movementos como o Suprematismo o Neoplasticismo ou o construtivismo, baseados na busca de valores esenciais na arte a través da simplicidade n ouso de formas e cores.
KANDINSKY
Vasily Kandinsky Compón as súas primeiras obras abstractas a partir de manchas de cor de contornos irregulares e liñas de formas libres, que combinadas harmonicamente han de ser capaces de expresar e transmitir emocións, estimulando a sensibilidade do espectador. A arte afástase definitivamente da representación da realidade e pasa a ser unha operación estética cuxa finalidade é comunicarse co espectador e transmitirlle emocións. En 1912 Kandynsky publica “Do espiritual na arte”, onde expón as súas ideas artísticas, nas que establece unha forte relación entre a pintura e a música. Tralo seu contacto coa arte da vangarda rusa, nos anos vinte evolucionará cara a abstracción xeométrica. No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación dos rasgos que definen a abstracción pictórica.
O ano 1907 é considerado o punto de partida dun dos movementos máis importantes de todos os tempos: o cubismo. Nese ano Picasso pinta As señoritas de Avignon, e George Braque L`Estaque, rompendo coas convencións espaciais tradicionais e inaugurando un modo novo de representación espacial.
Picasso e Braque, crean un linguaxe artístico completamente novo que en pouco tempo se converte nun referente. O seu punto de partida é a obra de Cezanne, pola combinación de puntos de vista pero sobre esta base, o cubismo representa unha revolución na linguaxe formal e unha ruptura clara e definitiva co sistema de representación espacial (visión monofocal...) herdado do Renacemento, e supón unha nova maneira de entender e representar a realidade. As principais características formais son:
-Desaparición da perspectiva, renunciando ao intento de representación da profundidade espacial.
- Representación simultánea dun obxecto dende varios puntos de vista (por exemplo, unha figura de fronte e de perfil), rompendo cun punto de vista único e a referencia a un espazo fixo e inmutable. As figuras fragméntanse en múltiples planos interrelacionados. -Incorpórase unha dimensión temporal (a cuarta dimensión) , xa que na mesma obra se representan aspectos correspondentes a momentos distintos.
-As cores, aplicadas arbitrariamente, son apagadas e austeras, e predominan os verdes, ocres e grises.
Neste movemento distínguense dúas etapas:
a) Cubismo analítico (1908-11), nos que Picasso ou Braque multiplican os planos de descomposición dos obxectos, explorando a construción da forma e a relación co espazo. Empregan cores apagadas.
b) Cubismo sintético (1912-14), etapa na que se reduce os obxectos ás súas formas e planos esenciais, e se incorporan elementos da realidade obxectual, como papeis e outros materiais, comezando a técnica do collage.
Xunto aos tres grandes artistas do movemento (Picasso, Braque e Juan Gris), o método cubista será empregado por outros pintores, como Fernande Léger, Robert Delaunay. Aínda que a duración temporal do cubismo é curta, este movemento exercerá unha grande influencia noutros movementos e vangarda como o futurismo, o neoplasticismo, o construtivismo, e na abstracción.
No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación en menos de 5 minutos:
A Obra de Picasso.
Pablo Ruíz Picasso, non só foi o máis importante pintor cubista senón o creador máis notable da arte contemporánea. A súa pintura non perdeu contacto cos acontecementos do século e en termos artísticos amosa unha indomable creatividade e liberdade artística contra todo convencionalismo. Malagueño de nacemento, terá unha etapa inicial de formación académica desenvolvida entre A Coruña e Barcelona. Posteriormente trasloudase a París no 1900, e alí as dúas primeiras etapas da súa obra de madurez, o chamado período azul, no que emprega tonalidades frías que transmiten de maneira expresiva a sensación de desamparo e soidade e o período rosa, no que suaviza os tons e utiliza a temática circense. A partir deste particular expresionismo dos períodos rosa e azul Picasso chegará ó Cubismo. A exposición de Cezane de 1907 dalle o pulo definitivo para acometer as Señorítas de Avignon, obra que marca o punto do novo estilo.
Comeza a traballar con George Braque na descomposición sitemática das formas no denominado cubismoanalítico ó que correspónden obras como Moza con mandolina, ou Retrato de Ambroise Vollard. En 1912, Picasso elabora Natureza morta con silla de reixa, na que utiliza un elemento, a reixa, que se engade fisicamente, igual ca o marco, que é unha corda real; inaugúrase así unha nova técnica, o collage, da que arranca a fase coñecida como cubismo sintético, na que os planos xeométricos simplifícanse.
Tras 1925 a influencia doutra vangarda, o surrealismo, abre unha etapa na que cubismo e surrealismo se funden nunha obra persoalísima na que a figura humana se metamorfosea cun forte sentido expresivo; tralo estalido da Guerra Civil en España, o artista aceptará o encargo do goberno da República e pintará o Guernica (1937); aquí Picasso pinta unha escena con forte carácter dramático, no que cada figura concentra expresividade e simbolismo. Despois da Segunda Guerra Mundial, a súa última etapa volve de novo a un mundo optimista, no que reflexiona pictoricamente sobre obras mestras do pasado (As Meninas).
No seguinte vídeo podes ver un documental que analiza a traxectoria artística de Picasso.
O expresionismo foi un movemento cultural xurdido en Alemaña a principios do século XX, que se plasmou nun gran número de campos: artes plásticas, arquitectura, literatura, música, cinema, teatro, danza, fotografía, etc. A súa primeira manifestación foi no terreo da pintura, coincidindo no tempo coa aparición do fauvismo francés, feito que converteu a ambos os movementos artísticos nos primeiros expoñentes das chamadas vangardas históricas.
O termo expresionismo úsase para denominar aquelas obras de arte a través das cales o artista tenta expresar os seus sentimentos. Como en todos os movementos de vangarda, os artistas expresionistas rexeitan o pasado artístico inmediato e utilizan unha linguaxe formal nova, caracterizada, neste caso, por unha pintura figurativa pero antinaturalista, agresiva nas liñas e cores, e dura nas formas.
A primeira xeración impresionista ten o seu mellor representante no noruegués Eduard Munch (1863-1944), que para algúns autores é considerado o pai desta corrente. A súa pintura terá como tema recorrente a representación da soidade e da angustia do ser humano; os aspectos formais remarcarán a idea de dramatismo, na que prima a expresión subxectiva. Obras destacadas son O Berro, ou A danza da vida, Caracterizadas formalmente por:
-Debuxo case inexistente.
-As formas constrúense con cores, irreais, fortes, ferintes e contrastadas de maneira violenta.
-Predominio das liñas curvas, que reflicten a axitación da natureza
A partir de 1905 apareceron en Alemaña sendos grupos que impulsarán o desenvolvemeto do expresionismo. trátase de Die Brücke (A Ponte) fundado en dresde por Ernst Ludwig Kirchner e en Munich Der Blaue Reiter (O Xinete azul) en torno a Wasily Kandinsky.
O estoupido da Primeira Guerra Mundial, truncou a carreira de moitos destes artistas. Na posguerra e Otto Dix ou Georg Grosz, entre outros. desenvolveron un expresionismop pesimista que se reflicte nos temas, nos que a indixencia de persoas marxinadas é a protagonista.
No seguinte vídeo podes ver un vídeo que explica as principais características do facuvimo en menos de 5 minutos
O fauvismo é considerado o primeiro movemento de vangarda do século XX. Xurde en torno a un grupo de pintores que expoñen as súas obras nos Salón de Outono de 1905 en París, onde a crítica os chama fauves (feras, en francés) pola intensidade coa que usan as cores. Non constitúen un grupo homoxéneo, nin comparten un ideario artístico preconcibido, pero en todos presentan unha serie de influencias dos pintores postimpresionistas (Van Gogh e Gaugin), dos simbolistas e da arte africana. A vida do grupo será efímera xa que partir de 1908 estes pintores continúan a súas traxectorias por separado.
Entre os trazos comúns cabe destacar:
-O elemento fundamental é a cor, aplicada de maneira arbitraria e subxectiva, en tintas planas e con fortes contrastes, cun carácter fortemente antinaturalista.
- En consecuencia rexeitan a paleta de tons naturalistas a favor das cores violentas para crear unha maior énfase expresiva.
- Empregan unha pincelada directa e vigorosa, con toques grosos, evitando mesturar as cores.
- As figuras son reprentadas con formas elementais e están contornadas por liñas grosas.
- Renuncian á perspectiva clásica, ao claroscuro e ao modelado dos volumes.
- Os seus temas son retratos, naturezas mortas, personaxes en interiores, paisaxes fermosas.
Os fauvistas desenvolven unha pintura figurativa pero antinatural, co que se evidencia a autonomía do cadro fronte á representación da realidade e o seu carácter creativo fronte ao imitativo nun momento no que medios como a fotografía xa desenvolvían ese papel.
O autores fauvistas máis destacados son André Derain, Maurice Vlaminck (As árbores vermellas) e Henri Matisse, considerado o guía do grupo. Algunhas das súas primeiras obras como "A Alegría de vivir", "muller con sombreiro" ou "a raia verde" son conisderadas auténticas obras-manifesto da nova pintura ao reivindicar o uso subxectivo da cor, aplicado de maneira contrastada e en tintas planas, e o uso da liña para delimitar formas simples e planos de cor. Tras 1908, emprenderá unha traxectoria persoal coa que experimentará co principio da cor única (Gran Interior vermello), ou a simplificación das formas, e o uso da liña curva (a danza).
No seguinte vídeo podes ver un vídeo que explica as principais características do facuvimo en menos de 5 minutos
Partindo dos antecedentes de finais do século anterior (Van Gogh, Cezane, Gauguin, etc.), na primeira metade do século XX xorden novas propostas artísticas, que suporán unha ruptura radical coas premisas básicas da tradición artística occidental, non só na súa vertente temática senón tamén na súa linguaxe formal e na reflexión sobre o valor da propia obra de arte.
Os concuvulsos acontecemento desta época (primeira guerra mundial, revolución rusa, crack do 29, auxe dos fascismo, etc...) marcarán un ritmo acelerado de cambios que vai paralelo a aparición de novas propostas artísticas, a miúdo de corta duración pero de gran forza innovadora. Son as denominadas VANGARDAS que abrirán novas vías á creación artística.
As Vangardas, a pesar das diferencias, compartirán un espírito de renovación que pasa por unha ruptura coa tradición artística do pasado, o rexeitamento aos valores establecidos polas elites socioculturais, e a concepción autónoma da obra da arte (o obxectivo das artes plásticas xa non é a representación da realidade).
París será a gran capital cultural de priincipios de século e alí inícianse no ano 1905 as vangardas coa aparición do Fauvismo; ao mesmo tempo xurdirá en Alemaña o Expresionismo e tras eles, o Cubismo (1907), o Futurismo (1909) e, posteriormente, a Abstracción (1910), o Dadaísmo (1924) e o Surrealismo; estes movementos sucédense ás veces paralelos no tempo e no espazo, e escapan á traxectoria dalgúns grandes artistas que participarán de varios deles sen renunciar á súa propia linguaxe artística.
Será o tempo dos Picasso, Kandinsky, Munch, Matisse, Dali e compañía...
No seguinte vídeo podes ver podes ver unha breve explicación do espíritu rupturista destes movementos artísticos:
Como xa se indicou, os
postimpresionistas non forman un grupo homoxéneo. Son pintores que parten
do impresionismo pero exploran novos camiños na arte, desenvolvendo miradas/estilos
moi persoais que constitúen unha ponte entre a pintura do XIX e as vangardas do
XX. Aínda que coinciden con moitos
plantexamentos dos impresionistas noutros
aspectos a súa arte e moi diferente. a continuación desglosamos as principais propostas:
GEORGE SEURAT (1859-1891)
Os estudos científicos sobre a
percepción foron uns dos fundamentos dos impresionistas. Esta liña científica
foi levada máis aló por Georges Seurat. A súa técnica recibe o nome de
puntillismo ou divisionismo, consiste na división dun ton (de cor) nos seus compoñentes
a base de pequeniños puntos de cores puras, que o ollo aglutina para formar a
cor final do artista. En lugar de mesturar as cores na paleta, estas mestúranse
opticamente na retina do espectador. Por exemplo en lugar de mesturar azul e
amarelo para aplicar unha cor verde, o pintor dispón puntos de azul e amarelo
por separado, que a certa distancia dan a sensación de verde.
Seurat elaborou esta teoría a
partir da que pintou "tarde de domingo na Grande Jatte". O tema do cadro é un
tema xa ben traballado polos impresionistas, unha escena en plena natureza, a
actividade que se desenvolvía no entorno do Sena unha tarde de domingo. A
Grand Jatte era un parque nas aforas de París, nas ribeiras do Sena. Seurat
acudiu alí para tomar notas, para logo rematar a obra no seu estudo, tardando
case dous anos en finalizala. Isto diferénciao claramente do impresionismo que pintaba os cuadros ó aire libre, o que fai que as obras puntillistas perdan frescura e inmediatez. Podes ver un comentario da mesma no
seguinte vídeo:
PAUL CEZANNE (1839-1906)
Cezanne interesouse por resaltar
as cualidades materiais da pintura. O seu interese polas formas xeométricas e a
luz prismática anticipou os experimentos do cubismo.
Cezanne aprendeu a técnica
impresionista con Pisarro pero a súa pintura vai máis alá do impresionismo. Cezanne da un paso fundamental que abrirá o camiño
ao arte do século XX ao considerar que as formas dos obxectos vense modificadas
polas dos obxectos adxacentes. A súa obra e froito dun arduo análise da
natureza, á que descompón para posteriormente reconstruíla. Pouco a pouco os obxetos constrúense en base a formas xeométricas puras (cilindro,
cono, esfera, cubo...) con volumen e contornos ben definidos. Abandona o convencional punto de vista único e
introduce a profundidade superpoñendo os planos. Cando en 1907 (un ano despois de
morrer) celébrase unha exposición retrospectiva da súa obra, Picasso, en quen
influiu moito, dirá: “Cezane é o pai de todos nos”. No seguinte vídeo podes ver un resumo das súas obras:
PAUL GAUGUIN (1848-1903)
Tamén parte nos seus inicios do
camiño emprendido polos impresionistas, aínda que nunca tivo contacto directo co
grupo. A súa obra aposta pola forza emocional e o contido simbólico a través da cor. Vai máis aló da captación da inmediatez da sensación dos impresionista xa que para el o artista
debe reelaborar a percepción mediante a imaxinación e a memoria.
A cor, que estende en grandes
manchas planas, separadas por liñas negras, non copia a cor real, senón que é usada de xeito arbitrario para enfatizar determinado significado/mensaxe. Neste sentido considérase a Gauguin como
precursor do simbolismo e do fauvismo.
Gauguin rexeita a sociedade
europea que xurdiu tras a Revolución Industrial. Prefire o mundo primitivo onde
o home conservou a súa bondade natural e a súa inocencia, por iso abandona París
e marcha primeiro a Bretaña (zona menos industrializada de Francia) e despois a
Taití, onde morrerá arruinado polo alcohol e a sífilis.
No seguinte vídeo podes ver un breve repaso pola súa traxectoria:
VINCENT VAN GOGH (1853-1890)
A obra de Vincent Van Gogh está
definitivamente ligada ao seu drama persoal de profunda inadaptación
social.
Tras a súa chegada a París, Van Gogh, de orixe holandesa, entra en contacto
con aqueles pintores novos que están revolucionando o mundo da arte.
Iníciase no impresionismo influído por
Pisarro, pero pronto abandona esta forma de pintar pois é consciente de que a
pintura debe ir máis aló da impresión inmediata. É entón cando se traslada a
Arlés, onde pintará, entre 1888 e 1890, a maior parte da súa obra. O importante
para el é reflexar a realidade exterior pero mediatizada polo sentimento do
home que vive esa realidade. Por iso a súa pintura non pode desligarse da súa
propia vida (igual que como vimos no aso de Goya, precedente, igual que Van
Gogh, do expresionismo).
Van Gogh era un home de personalidade moi inestable, que sufriu frecuentes crises
nerviosas que lle levaron a enfrontarse con todos os que con el conviviron.
Todos os seus estados de ánimo quedan reflexados na súa obra mediante:
A cor: case pura, brillante e
contrastada, que non se axusta á cor natural, senón aos seus sentimentos. O
amarelo, que transmite alegría, utilízao na súa primeira época de Arlés, un dos
momentos máis felices da súa vida (Habitación de Arlés, Xirasois) mentres que
os azules escuros con toques negros e amarelos, abundan no seu momento de crise
(Noite estrelada, Igrexa de Auvers). (“non quero reproducir exactamente o que
teño diante dos ollos, senón que me sirvo arbitrariamente da cor para
expresarme con máis forza”)
A pincelada: grosa, moi marcada
e empastada, con fortes movementos ondulados, remuíños, círculos
concéntricos...Reflexa a súa mente atormentada, que deforma a realidade. Nas
súas obras máis tranquilas a pincelada faise máis ordenada, menos empastada e
algunhas cores esténdense de forma plana, separadas por liñas negras como facía
Gauguin.
O tema: para Van Gogh é calquera anécdota, pinta todo o que lle rodea, retratos dos seus veciños e
amigos, autorretratos, a súa habitación, a paisaxe próxima, as rúas e os cafés.
Pero sobre esa anécdota reflexa toda a carga das súas emocións.
No seguinte vídeo podes ver o comentario da "noite estrelada"
Post-impresionismo é o nome que se emprega para designar ós estilos pictóricos a de finais do século XIX e principios do XX posteriores ao impresionismo. O termo foi acuñado polo crítico británico Roger Fry con motivo dunha exposición de pinturas de PaulCézanne, PaulGauguin e Vincent van Gogh que se celebrou en Londres en 1910. O termo engloba pois diversos estilos persoais que xurden como unha extensión do impresionismo á vez que como un rexeitamento ás limitacións deste.
Cabe lembrar que o impresionismo iniciara unha transformación que cuestionaba o propio sentido da arte. A tradicional imitación da natureza deixara de ser a razón das creacións artísticas e as pinturas pasan a ser concebidas coma un xogo de pinceladas de cor onde o tema representado perdía importancia. Cando a partir de 1885 ten lugar a disolución do grupo pronto xurden novas propostas de artistas que partindo desta linguaxe impresionista exploran novos vieiros. Son os Van Gogh, Gauguin, Cezanne, Seurat, Toulouse Latrec, etc... que dende un punto de partida común van a ser referencias básicas das vangardas do S. XX: Cezanne anuncia o cubismo, Van Gogh o expresionismo e Gauguin o fauvismo.
No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación en menos de 6 minutos
Resulta difícil situar a obra de EDOUARD MANET (1832-1883). Se ben é certo que introduciu grandes novidades técnicas e temáticas nos seus lenzos que o sitúan como precursor do Impresionismo, todo o seu desexo foi triunfar no Salón de París, o lugar oficial do momento. Tal vez este debate proporcione maior encanto aos seus cadros, ao non saber con certeza onde situarnos, se ante un realista recoñecido ou ante un impresionista por recoñecer.
Manet nace en París o 23 de xaneiro de 1832 no seo dunha familia burguesa. Afeccionado ao debuxo e aos museos, Manet acabou enfrontándose co seu pai que desexaba para o seu fillo a carreira de avogado ou de mariño. A pesar das reticiencias da súa familia Manetre comeza a recibir clases de pintura. ESta formación completábase con frecuentes visitas aos museos, onde Manet sentirá gran atracción pola pintura española e pola escola veneciana do Renacemento. Delacroix e Rembrandt serán dous pintores tamén admirados polo novo artista.
No ano 1863, Manet intenta presentar ó salón de parís (no que xa fora rexeitado en varias ocasións) a súa obra máis controvertida: Almorzo na herba que representaba a unha muller espida desprovista de calquera sentido mitolóxico. O cuadro foi novamente rexeitado e censurado pola crítica, a pesar de recibir fortes loubanzas dos artistas novos, que sentiron francamente atraídos pola obra.
A pesar dos sucesivos fracasos, o desexo de triunfo no Salón lévalle a presentar anualmente varias obras que son rexeitadas sistematicamente. Así e todo Manet continuou sendo un pintor independente que se interesaba polas esceas cotias da vida contemporánea ata a súa morte no ano 1883.
Manet presentou numerosas innovacións coas que se enfrontou á arte académica e dispuxo aos novos artistas para que continuasen nesa liña. A súa pintura construida a partir de grandes manchas de cor e volumes aplanadas que minguaban os efectos de modelado e claroscuro levano a ser considerado o precursor da obra de Manet, Renoir Degas e compañía, se ben a súa produción sempre estivo a medio camiño entre o Realismo e o Impresionismo.
No seguinte vídeo podes ver o comentario do almorzo campestre:
O máis importante e obstinado representante do Impresionismo é, sen dúbida, CALUDE MONET (1840-1926). Nacido en novembro de 1840, despois da súa etapa de formación no estudo de Charles Gleyreno, no ano1862 entra en contacto con Renoir, Sisley e Bazille. cos que comeza a practicar á pintura ao aire libre no bosque de Fontainebleau.
A incompresión dos medios oficiais polas súas obras, lévaos a crear unha asociación de artistas independentes e a organizar unha exposición na que presentar os seus traballos. Así, o 15 de abril de 1874 inauguraban a primeira mostra nas salas do fotógrafo Nadar, participando, entre outros, Cèzanne, Renoir, Sisley, Gautier, Pissarro, e BertheMorisot. O grupo recibirá de maneira irónica e despectiva o nome de impresionistas debido ao título dunha obra de Monet. Os impresionistas realizarían sete exposicións máis das que Monet participará en cinco.
A pintura de Monet é a más pura e caracteristicamente impresionista. Adicado ó paixsaxe case exclusivamente, investiga os efectos lumínicos cambiantes e efímeros na natureza. En cuadros como "impresión, amencer" usa unha técnica rápida de pinceladas breves e emprega cores vivas. A teima de pintar o mesmo motivo a distintas horas do día lévano a facer series tan famosas como "a catedral de Rouen" ou "os nenufares" que repite en numerosas ocasións ata o final dos seus días nunha disolución de formas que parece anunciar a abstracción.
No seguinte vídeo podes ver o comentario de Impresión, amencer: