Mostrando entradas con la etiqueta renacemento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta renacemento. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de mayo de 2020

3º ESO - A ARTE DO RENACEMENTO


Renacemento é o nome co que se denomina a unha nova concepción da arte que se desenvolveu nos primeiros séculos da Idade Moderna . Arquitectos, pintores e escultores entusiasmáronse co mundo antigo, e inspiráronse nel para crear uns novos modelos estéticos renacentistas.
O espírito humanista que transformou a forma de entender o mundo e rompeu cos modelos culturais da Idade Media tamén influíu na arte.
Ao igual que os humanistas, os artistas do Renacemento considerábanse os sucesores dos mestres grecorromanos e buscaron a inspiración a través da contemplación das obras e edificios da Antigüidade
Foi un tempo excepcional no que coinciden algúns dos grandes nomes da historia da arte como Leonardo Davinci, Miguel Anxo, Rafael ou Boticelli.
ACTIVIDADES
Despois de ler os apartados correspondentes do libro fai as actividades 1 e 6 da pax. 207.

No seguinte vídeo podes ver un documental das grandes creacións artísticas deste período.

lunes, 27 de abril de 2020

3º ESO - O NACEMENTO DO MUNDO MODERNO

Os séculos XV e XVI foron de gran dinamismo para Europa. A idade Media deixa chega ó seu fin e comeza un novo perído: a Idade Moderna (S. XVI-XVIII).

Os inicios desta nova etapa teñen que ver con dous grandes acontecementos: o nacemento do humanismo renacentista e a reforma protestante. 

O Renacemento nace en Italia e caracterízase pola recuperación do pensamento da antigüidade greco-latina (Grecia e Roma). Poñíase fin ao  teocentrismo anterior (deus como centro de todas as cousas) e púñase ao home como  centro do pensamento (antropocentrismo), a isto chamouse humanismo.

Na difusión do humanismo foi transcendental a aparición da imprenta. Inventada por Gutenberg (1440), permitiu editar gran cantidade de libros.

Pola súa banda, a Reforma protestante  iniciouse en 1517, cando o monxe Martín Lutero revélase  contra a igrexa  pola súa corrupción. É entón cando publica as 95 teses contra as indulxencias  (venta de perdón). Este acontecemento suporá o fin da unidade do Cristianismo. 

ACTIVIDADES: 

Ler no libro os apartados 2 e 5 do tema e facer as actividade 4 da pax 191 e a 3 e 7 da 199.