Mostrando entradas con la etiqueta pintura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pintura. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de abril de 2020

2º BACH (ARTE) - O POSTIMPRESIONISMO II


              Cezane, Gauguin e Van Gogh

Como xa se indicou, os postimpresionistas non forman un grupo homoxéneo. Son pintores que parten do impresionismo pero exploran novos camiños na arte, desenvolvendo miradas/estilos moi persoais que constitúen unha ponte entre a pintura do XIX e as vangardas do XX.  Aínda que coinciden con moitos plantexamentos dos impresionistas noutros aspectos a súa arte e moi diferente. a continuación desglosamos as principais propostas: 

GEORGE SEURAT (1859-1891)
Os estudos científicos sobre a percepción foron uns dos fundamentos dos impresionistas. Esta liña científica foi levada máis aló por Georges Seurat. A súa técnica recibe o nome de puntillismo ou divisionismo, consiste na división dun ton (de cor) nos seus compoñentes a base de pequeniños puntos de cores puras, que o ollo aglutina para formar a cor final do artista. En lugar de mesturar as cores na paleta, estas mestúranse opticamente na retina do espectador. Por exemplo en lugar de mesturar azul e amarelo para aplicar unha cor verde, o pintor dispón puntos de azul e amarelo por separado, que a certa distancia dan a sensación de verde.
Seurat elaborou esta teoría a partir da que pintou "tarde de domingo na Grande Jatte". O tema do cadro é un tema xa ben traballado polos impresionistas, unha escena en plena natureza, a actividade que se desenvolvía no entorno do Sena unha tarde de domingo. A Grand Jatte era un parque nas aforas de París, nas ribeiras do Sena. Seurat acudiu alí para tomar notas, para logo rematar a obra no seu estudo, tardando case dous anos en finalizala. Isto diferénciao claramente do impresionismo que pintaba os cuadros ó aire libre, o que fai que as obras puntillistas perdan frescura e inmediatez. Podes ver un comentario da mesma no seguinte vídeo: 


PAUL CEZANNE (1839-1906)
Cezanne interesouse por resaltar as cualidades materiais da pintura. O seu interese polas formas xeométricas e a luz prismática anticipou os experimentos do cubismo.
Cezanne aprendeu a técnica impresionista con Pisarro pero a súa pintura vai máis alá do impresionismo. Cezanne da un paso fundamental que abrirá o camiño ao arte do século XX ao considerar que as formas dos obxectos vense modificadas polas dos obxectos adxacentes. A súa obra e froito dun arduo análise da natureza, á que descompón para posteriormente reconstruíla. Pouco a pouco os obxetos  constrúense en base a formas xeométricas puras (cilindro, cono, esfera, cubo...) con volumen e contornos ben definidos. Abandona o convencional punto de vista único e introduce a profundidade superpoñendo os planos. 
Cando en 1907 (un ano despois de morrer) celébrase unha exposición retrospectiva da súa obra, Picasso, en quen influiu moito, dirá: “Cezane é o pai de todos nos”. No seguinte vídeo podes ver un resumo das súas obras: 


PAUL GAUGUIN (1848-1903)
Tamén parte nos seus inicios do camiño emprendido polos impresionistas, aínda que nunca tivo contacto directo co grupo. A súa obra aposta pola forza emocional e o contido simbólico  a través da cor. Vai máis aló da captación da inmediatez da sensación dos impresionista xa que para el o artista debe reelaborar a percepción mediante a imaxinación e a memoria. 
A cor, que estende en grandes manchas planas, separadas por liñas negras, non copia a cor real, senón que é usada de xeito arbitrario para enfatizar determinado significado/mensaxe. Neste sentido considérase a Gauguin como precursor do simbolismo e do fauvismo.
Gauguin rexeita a sociedade europea que xurdiu tras a Revolución Industrial. Prefire o mundo primitivo onde o home conservou a súa bondade natural e a súa inocencia, por iso abandona París e marcha primeiro a Bretaña (zona menos industrializada de Francia) e despois a Taití, onde morrerá arruinado polo alcohol e a sífilis. 
No seguinte vídeo podes ver un breve repaso pola súa traxectoria: 


VINCENT VAN GOGH (1853-1890)
A obra de Vincent Van Gogh está definitivamente ligada ao seu drama persoal de profunda inadaptación social. 
Tras a súa chegada a París, Van Gogh, de orixe holandesa, entra en contacto con aqueles pintores novos que están revolucionando o mundo da arte. Iníciase  no impresionismo influído por Pisarro, pero pronto abandona esta forma de pintar pois é consciente de que a pintura debe ir máis aló da impresión inmediata. É entón cando se traslada a Arlés, onde pintará, entre 1888 e 1890, a maior parte da súa obra. O importante para el é reflexar a realidade exterior pero mediatizada polo sentimento do home que vive esa realidade. Por iso a súa pintura non pode desligarse da súa propia vida (igual que como vimos no aso de Goya, precedente, igual que Van Gogh, do expresionismo).
Van Gogh era un home de personalidade moi inestable, que sufriu frecuentes crises nerviosas que lle levaron a enfrontarse con todos os que con el conviviron. Todos os seus estados de ánimo quedan reflexados na súa obra mediante:
A cor: case pura, brillante e contrastada, que non se axusta á cor natural, senón aos seus sentimentos. O amarelo, que transmite alegría, utilízao na súa primeira época de Arlés, un dos momentos máis felices da súa vida (Habitación de Arlés, Xirasois) mentres que os azules escuros con toques negros e amarelos, abundan no seu momento de crise (Noite estrelada, Igrexa de Auvers). (“non quero reproducir exactamente o que teño diante dos ollos, senón que me sirvo arbitrariamente da cor para expresarme con máis forza”)
A pincelada: grosa, moi marcada e empastada, con fortes movementos ondulados, remuíños, círculos concéntricos...Reflexa a súa mente atormentada, que deforma a realidade. Nas súas obras máis tranquilas a pincelada faise máis ordenada, menos empastada e algunhas cores esténdense de forma plana, separadas por liñas negras como facía Gauguin.
O tema: para Van Gogh é calquera anécdota, pinta todo o que lle rodea, retratos dos seus veciños e amigos, autorretratos, a súa habitación, a paisaxe próxima, as rúas e os cafés. Pero sobre esa anécdota reflexa toda a carga das súas emocións. 
No seguinte vídeo podes ver o comentario da "noite estrelada"



miércoles, 15 de abril de 2020

2º BACH (ARTE) - O POSTIMPRESIONISMO I


Post-impresionismo é o nome que se emprega para designar ós estilos pictóricos a de finais do século XIX e principios do XX posteriores ao impresionismo. O termo foi acuñado polo crítico británico Roger Fry con motivo dunha exposición de pinturas de Paul Cézanne, Paul Gauguin e Vincent van Gogh que se celebrou en Londres en 1910. O termo engloba pois diversos estilos persoais que xurden como unha extensión do impresionismo á vez que como un rexeitamento ás limitacións deste.

Cabe lembrar que o impresionismo iniciara unha transformación  que cuestionaba o propio sentido da arte. A tradicional imitación da natureza deixara de ser a razón das creacións artísticas e as pinturas pasan a ser concebidas  coma un xogo de pinceladas de cor onde o tema representado perdía importancia. Cando a partir de 1885 ten lugar a disolución do grupo pronto xurden novas propostas de artistas que partindo desta linguaxe impresionista exploran novos vieiros. Son os Van Gogh, Gauguin, Cezanne, Seurat, Toulouse Latrec, etc... que dende un punto de partida común van a ser referencias básicas das vangardas do S. XX: Cezanne anuncia o cubismo, Van Gogh o expresionismo e Gauguin o fauvismo. 

No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación en menos de 6 minutos


lunes, 13 de abril de 2020

2º BACH (ARTE) - IMPRESIONISMO II: MANET E MONET


Resulta difícil situar a obra de EDOUARD MANET (1832-1883). Se ben é certo que introduciu grandes novidades técnicas e temáticas nos seus lenzos que o sitúan como precursor do Impresionismo, todo o seu desexo foi triunfar no Salón de París, o lugar oficial do momento. Tal vez este debate proporcione maior encanto aos seus cadros, ao non saber con certeza onde situarnos, se ante un realista recoñecido ou ante un impresionista por recoñecer.

Manet nace en París o 23 de xaneiro de 1832 no seo dunha familia burguesa. Afeccionado ao debuxo e aos museos, Manet acabou enfrontándose co seu pai que desexaba para o seu fillo a carreira de avogado ou de mariño. A pesar das reticiencias da súa familia Manetre comeza a recibir clases de pintura. ESta formación completábase con frecuentes visitas aos museos, onde Manet sentirá gran atracción pola pintura española e pola escola veneciana do Renacemento. Delacroix e Rembrandt serán dous pintores tamén admirados polo novo artista.

No ano 1863, Manet intenta presentar ó salón de parís (no que xa fora rexeitado en varias ocasións) a súa obra máis controvertida: Almorzo na herba que representaba a unha muller espida desprovista de calquera sentido mitolóxico. O cuadro foi novamente rexeitado e censurado pola crítica, a pesar de recibir fortes loubanzas dos artistas novos, que sentiron francamente atraídos pola obra.

A pesar dos sucesivos fracasos, o desexo de triunfo no Salón lévalle a presentar anualmente varias obras que son rexeitadas sistematicamente. Así e todo Manet continuou sendo un pintor independente que se interesaba polas esceas cotias da vida contemporánea ata a súa morte no ano 1883.



Manet presentou numerosas innovacións coas que se enfrontou á arte académica e dispuxo aos novos artistas para que continuasen nesa liña. A súa pintura construida a partir de grandes manchas de cor e volumes aplanadas que minguaban os efectos de modelado e claroscuro levano a ser considerado o precursor da obra de Manet, Renoir Degas e compañía, se ben a súa produción sempre estivo a medio camiño entre o Realismo e o Impresionismo.

No seguinte vídeo podes ver o comentario do almorzo campestre:




O máis importante e obstinado representante do Impresionismo é, sen dúbida, CALUDE MONET (1840-1926). Nacido en novembro de 1840, despois da súa etapa de formación no estudo de Charles Gleyreno, no ano1862 entra en contacto con Renoir, Sisley e Bazille. cos que comeza a practicar á pintura ao aire libre no bosque de Fontainebleau.

A incompresión dos medios oficiais polas súas obras, lévaos a crear unha asociación de artistas independentes e a organizar unha exposición na que presentar os seus traballos. Así, o 15 de abril de 1874 inauguraban a primeira mostra nas salas do fotógrafo Nadar, participando, entre outros, Cèzanne, Renoir, Sisley, Gautier, Pissarro, e Berthe Morisot. O grupo recibirá de maneira irónica e despectiva o nome de impresionistas debido ao título dunha obra de Monet. Os impresionistas realizarían sete exposicións máis das que Monet participará en cinco.

A pintura de Monet é a más pura e caracteristicamente impresionista. Adicado ó paixsaxe case exclusivamente, investiga os efectos lumínicos cambiantes e efímeros na natureza. En cuadros como "impresión, amencer" usa unha técnica rápida de pinceladas breves e emprega cores vivas. A teima de pintar o mesmo motivo a distintas horas do día lévano a facer series tan famosas como "a catedral de Rouen" ou "os nenufares" que repite en numerosas ocasións ata o final dos seus días nunha disolución de formas que parece anunciar a abstracción.

No seguinte vídeo podes ver o comentario de Impresión, amencer:

2º BACH (ARTE) - O IMPRESIONISMO I



Impresionismo  é o nome co que se designa  a un movemento pictórico  xurdido en  París no último térzo do S. XIX, cando un grupo de artistas inconformistas, cansos de ser rexeitados  polo “salón”, decidiron organizar unha exposición independente no ano 1874. Desa primeira mostra, na que están presentes Monet, Manet, Renoir e Degas, entre outros, acúñase o nome do movemento, curiosamente cando un xornalista o emprega de xeito despectivo para referirse ó aspecto inacabado do cuadro de Monet “Impresión. Amencer”.  

A pintura impresionista nace como unha evolución sen concesións do Realismo e da Escola paisaxística francesa de finais do século XIX.

O  estilo non deixa de plasmar as transformacións sociais e políticas da súa época:

Por unha banda, o florecemento da burguesía  como novo  grupo social emerxente que trae os seus propios usos e costumes: uns afectan o campo, que deixa de ser un lugar de traballo para converterse nun lugar de lecer. Estas son as excursións campestres retratadas por Monet e Renoir. A cidade, pola contra, convértese nun espazo para a nova clase social: aparecen os flanneurs, paseantes ociosos que  asisten a concertos nos boulevards e os xardíns de París. Tamén cobra relevancia a noite e os seus habitantes, os locais nocturnos, as cantantes de cabaret, o ballet, os cafés, etc. É un mundo fascinante, do cal os impresionistas extraen os seus temas, en especial Degas e Toulouse-Lautrec. Porque para eles termináronse os temas grandiosos do pasado. Por último, a industrilización e os seus efectos foi obxecto da obra de Monet en taboas como “ a estación de san lázaro” ou “impresión amencer” na que se amosan as atmósferas vaporosas das estacións de ferrocaril e os portos.

Precisamente as innovacións da industria, proporcionan ós artistas variados pigmentos e clases de pinturas que agora os pintores xa non teñen que preparar no seu estudo e bríndalle posibilidade (grazas a invención do óleo en tubo) de pintar ao aire libre que revela unha nova realidade, unha realidade chea de luz, grazas a cuxa proxección é posible a cor. 

As principais características da súa pintura  pódense resumir do seguinte xeito:

1)Preferencia pola pintura ao aire libre: Se exceptuamos a Degas e a Toulouse-Lautrec, que non pertence propiamente ao movemento, os impresionistas manifestan unha calase paixón pola natureza e pola pintura de plein air (aire libre) aspecto co que coinciden con outros movementos do século XIX (Romanticismo, Escola de Barbizon etc).

 2)Importancia da luz: As investigacións dos impresionistas sobre a cor lévanlles a abandonar o negro -que non existe na natureza- utillizando unha paleta clara e luminosa (rosas, brancos, azuis, rosas...) mesmo para as sombras. Posteriormente chegarán ao convencemento de que a cor non existe como tal senón que o importante é a interacción aire-luz. A súa obsesión é entón captar a luz real, a luz é o verdadeiro tema do cadro e non os obxectos.

3)Renovación temática: fronte á preocupación social dos realistas, o Impresionismo valora o banal, o cotián. Paisaxes, vistas urbanas, bailes, ballets, carreiras de cabalos... son os temas predilectos. En xeral abandónase todo compoñente literario, toda historia. Os cadros impresionistas non contan nada, limítanse a representar "o que está aí"

4)Teoría das cores: Os descubrimentos dos físicos Rood e Chevreul sobre a luz e a cor serán aplicados á pintura polos impresionistas que traballan a base de cores primarias e complementarias pero sen mesturalos na paleta. O pintor dispón sobre o lenzo as pinceladas e deixa que sexa o ollo do espectador o que as mesture e "reconstrúa" a luz.

5)Técnica: A técnica dos impresionistas caracterízase polas súas soltura e lixeireza, converténdose en técnica final o que antes se consideraba bosquexo. Nisto inspíranse na técnica de grandes mestres históricos ( Tizano, Velázquez, Rembrandt, Goya) en cuxas etapas de madurez aparece con frecuencia a factura lixeira e abocetada característica do impresionismo.

Hai con todo diferenzas entre os distintos pintores; desde a pincelada miúda e construtiva de Pisarro ou Monet ata a alongada e llameante de Van Gogh na súa última etapa, hai todo un mostrario de variantes que dan lugar mesmo a subgrupos dentro do impresionismo (como o " puntilllismo" practicado por Seurat ou Signac).

PRINCIPAIS PINTORES IMPRESIONISTAS

Edouard MANET (1832-1883) De formación tradicional ( viaxa a España e coñece a pintura de Velásquez e Goya) é considerado como precursor do impresionismo , aínda que non participase directamente no grupo. Obras claves: Almorzo na Herba e Olimpia.

Claude MONET (1840-1926); presenta todos os trazos ou características do movemento impresionista ao que se manterá fiel. Temas fundamentais : as paisaxes pintadas ao aire libre (rurais e urbanos). En realidade o seu auténtico tema é observar como a luz provoca cambios na cor e as formas que ás veces parecen case disolverse ( desaparecer . Por iso realiza “ series” que responden o desexo de pintar varias veces o mesmo motivo , pero a diferentes horas do día ou con luces distintas Entre as principais “series” atópanse: Estación de San Lázaro, Catedral de Rouen ou os nenúfares. 

Edgar DEGAS (1834- 1917). Mantén a importancia do debuxo. Prefire situar as escenas en interiores e con luz artificial. As súas composicións buscan captar o movemento . Temas bailarinas e carreiras de cabalo.

Auguste RENOIR ( 1841-1919.) Os seus cadros caracterízanse pola visión optimista e alegre da vida, por este motivo a diferenza doutros impresionistas case sempre está presente a figura humana e os efectos da luz sobre ela. Mestre en utilizar amplamente o contraste entre cores cálidas e fríos cunha técnica de toques Destacan as escenas da vida urbana, como “ Moulin da Galette “ ou os Remeiros.


Bertha MORISSOT (1841-1895) Desenvolveu unha carreira artística profesional durante máis de tres décadas. A súa pintura, moi ligada á súa propia vida e á das persoas que a rodeaban, mostra a súa contorna  cunha gran naturalidade. A pesar de que ata finais do século XX, a historia da arte relegara a súa historia e participación a un segundo plano, ambos o seu talento e habilidade, valéronlle o respecto e recoñecemento públicos dos seus colegas homes contemporáneos, sendo considerada“a gran dama da pintura” do século XIX.

A continuación podes ver un vídeo explicativo. 



A principal colección de obras de pintores impresionistas atópase no museo d'Orsay. Podes ver o seu catálogo facenclo click no LINK

lunes, 30 de marzo de 2020

2º BACH (ARTE) - VELAZQUEZ


DIEGO VELÁZQUEZ (1599/1660) é probablemente a figura máis importante da pintura española de todos os tempos. Nel coincide a xenialidade cunhas circunstancias propicias para desenvolver a súa arte, pois tivo a fortuna de poder  levar a cabo unha carreira cortesá baixo a protección de Felipe IV, o que lle permitiu adicarse a pintar demorándose (e esmerándose) en cada lenzo. 

Velázquez naceu en Sevilla en 1599. Aos once anos iniciou a súa aprendizaxe no taller de Francisco Pacheco onde permanecerá ata 1617, cando xa é pintor independente. Entre 1617 e 1623 desenvólvese a etapa sevillana, caracterizada polo estilo tenebrista, influenciado por Caravaggio, destacando como obras O Aguador de Sevilla.

Durante estes primeiros anos obtén bastante éxito o que lle permite trasladarse a Madrid, onde a súa maestría lle permite obter o título de Pintor do Rei Felipe IV, gran amante da pintura. A partir dese momento, empeza o seu ascenso na Corte española, realizando interesantes retratos do rei.

Tras poñerse en contacto con Rubens, durante a estancia deste en Madrid, en 1629 viaxa a Italia, onde realizará a súa segunda aprendizaxe ao estudar as obras de Tiziano, Tintoretto, Miguel Ángel, Rafael e Leonardo. En Italia pinta Fráguaa de Vulcano, regresando a Madrid dous anos despois.

A década de 1630 é de gran importancia para o pintor, que recibe interesantes encargos para o Palacio do Bo Retiro como A Rendición de Breda ou os retratos ecuestres da familia real. A súa pintura faise máis colorista destacandoobras mitolóxicas como A Venus do Espello ou escenas relixiosas como o Cristo Crucificado.

Paralelamente á carreira de pintor, Velázquez desenvolverá un importante labor como cortesán, obtendo varios cargos: Axudante de Cámara e Aposentador Maior de Palacio. Esta carreira cortesá restaralle tempo á súa faceta de pintor, o que motiva que a súa produción artística sexa, desgraciadamente, máis limitada.

En 1649 fai a súa segunda viaxe a Italia, onde demostra as súas excelentes calidades pictóricas, triunfando ante o papa Inocencio X, ao que fai un excelente retrato, e toda a Corte romana. Regresa en 1651 a Madrid con obras de arte compradas para Felipe IV. Estes últimos anos da vida do pintor estarán marcados pola súa obsesión de conseguir o hábito da Orde de Santiago, que supoñía o ennoblecimiento da súa familia, polo que pinta moi pouco, destacando As Hilanderas e As Meninas. Velázquez morre finalmente en Madrid ós 61 anos de idade, o día 6 de agosto de 1660.

No seguinte vídeo podes ver unha breve biografía do pintor:


Podes ver algúns comentarios das súas obras facendo click nos seguintes links:  

AS MENINAS
A FRAGUA DE VULCANO
A RENDICIÓN DE BREDA

SABIAS QUE...  o documental "el cuadro"  (Andrés Sanz, 2019) sobre os enigmas e misterios das "meninas" gañou catro Premios Goya na edidicón de 2019. Podes ler información sobre o mesmo AQUÍ

viernes, 27 de marzo de 2020

2º BACH (ARTE) - CARAVAGGIO E A PINTURA BARROCA


O concilio de Trento estableceu a necesidade didáctica da arte para combatir a reforma protestante, amosando as verdades inmutables do catolicismo. A pintura relixiosa non escapará desta premisa e elabora unha linguaxe realista, sinxela e didáctica que puidese chegar clara e directamente ó fiel.

Froito deste naturalismo xurde unha nova iconografía que fomenta a Igrexa: florecen os martirios as penitencias e os santos en éxtase para inducir á devoción dos fieis. Esquécese a sublimación idealizante do século anterior e extráense da realidade novas categoría coma o feo e vulgar para achegar así a imaxe ós  humildes (modelos populares). 

Os trazos desta pintura barroca son os seguintes:
a) Realismo e naturalismo (modelos vulgares).
b) Iconografía, sobre todo, relixiosa contrarreformista. 
c) Uso “escenográfico” da luz con contrastes entre zonas de forte luminosidade (foco diagonal que entra normalmente por unha esquina do cadro) e outras zonas escuras  que crean efectos de claroscuro que o tenebrismo usa maxistralmente para dramatizar as escenas
d) Composicións desequilibradas (contrarias á orde clasicista) con diagonais e escorzos para dinamizar as imaxes.
e) Nova perspectiva, diferente á renacentista: o primeiro plano deixa de acaparar a atención cobrando maísimportancia do resto  cadro.

Michelangelo Merisi, alcumado il CARAVAGGIO (1571-1610) é , sen lugar a dúbidas, o principal representante da corrente tenebrista. Podes acceder ó comentario da súa obra no seguinte LINK
Se queres ver a súas pinturas  AQUÍ

A continuación un breve comentario da "vocación de San Mateo" de artehistoria.