Mostrando entradas con la etiqueta historia do mundo contemporáneo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historia do mundo contemporáneo. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de junio de 2024

4º ESO: O HOLOCAUSTO


A Segunda Suerra Mundial foi o conflito máis cruento da historia da humanidade. As perdas en vidas humanas foron enormes. En total morreron entre 40 e 50 millóns de persoas. Os países máis afectados foron a Unión Soviética, con entre 17 e 20 millóns de mortos (10% da poboación); Polonia, con 5 millóns (15%) e Alemaña, con outros 5 millóns (6%). Mención a parte merecen as bombas atómicas lanzadas sobre Hiroshima e Nagasaki que mataron a 200.000 persoas, deixando ademáis graves secuelas físicas e psicolóxicas en moitos xaponeses.

Pero sen dúbida un dos feitos máis arrepiantes foi o xenocidio do pobo xudeo que se concretou no exterminio de 6 millóns de vítimas, a metade delas en Polonia.

A persecución e asasinato de xudeos, burocráticamente organizadas e auspiciadas polo estado nazi, denomínase Holocausto.

Que foi o Holocausto?

A ideoloxía nazi, dende a súa formulación no "Mein Kampf" (Adolf Hitler, 1925) tiña un compoñente profundamente antisemitista. Os nazis, crían que os alemáns eran unha “raza superior”, que os xudeus eran “inferiores” e que representaban unha ameaza para a denominada comunidade racial alemana.

Dende a súa chegada ó poder en Alemania en xaneiro de 1933, os nazis comezaron unha persecución sistemática dos xudeos. A segregación definitiva chegou coas Leis de Nuremberg (1935) que limiban os deitos políticos e civis da poboación xudea. Posteriormente, a partir da noite dos cristais rotos (1939) comezou o confinamento de xudeos nos guetos, que en realidade foron, máis ben, un lugar de tránsito cara os campos de concentración de Austria e a Republica Checa (xa ocupadas) nos que os prisioneiros eran explotados laboralmente con traballos forzados.

Co avance da guerra, na Conferencia de Wannsee, celebrada en Berlín en xaneiro de 1942, as SS (a garda elite do estado nazi) e os representantes dos ministerios do goberno alemán deseñaron a denominada “Solución final”, un plan para asasinar os xudeus de Europa que involucraría a 11 millóns de xudeus. Os xudeus alemáns e da Europa ocupada foron trasladados, por medio do ferrocarril, dos campos de traballo ós campos de exterminio situados na Polonia ocupada, onde eran asasinados. Os nazis tentaron disimular as súas intencións e por iso chamaban ás deportacións "reasentamento no leste". Ás vítimas dicíaselles que ían ser trasladadas a novos campos de traballo, pero en realidade era unha camiño cara a morte.

Foron numerosos os campos de concentración e exterminio abertos na europa ocupada pero entre todos destacan pola súa dureza o de Auschwitz, Treblinka, Mathausen e Dacahau, entre outros. No seguinte mapa podes ver a localización dos maís importantes.

Como balance pódese dicir que entre 1941 e 1944, as autoridades alemás nazis deportaron a millóns de xudeus de Alemaña, dos territorios ocupados a campos de exterminio, onde foron asasinados en cámaras de gas deseñadas especialmente para ese fin. As depoirtacións continuaron ata o 7 de maio de 1945, data en que as forzas armadas alemás rendéronse incondicionalmente aos aliados.

Os delitos cometidos durante o Holocausto foron xulgados nos Xuizos de Nuremberg (1946) onde moitos criminais nazis como Herman Goering, Rudolf Hess, entre outros, foron condenados por crímenes contra a humanidade.

SABÍAS QUE...  aproximadamente 9.000 ciidadáns españois exiliados da guerra civil estiveron en campos de concentración nazis? Está constatado que 4.427 deles foron asasinados en Mathaussen. Podes ler a súa historia facendo click na seguinte  NOTICIA.

lunes, 23 de marzo de 2020

4 ESO - A REVOLUCIÓN RUSA

O 23 de febreiro de 1917 produciuse unha gran manifestación en Petrogrado (nome eslavo que adoptara San Petersburgo en 1914), seguida dunha folga xeral e de motíns nos cuarteis. Era o inicio da Revolución Rusa. 

A revolución Soviética foi, sen lugar a dúbidas un dos acontecementos de maior trascendencia do século XX. O triunfo dos bolcheviques supuxo a instautración da URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas) o primeiro estado socialista da historia cuxa existencia se prolongou ata 1991.

Se fas click no seguinte vídeo podes ver un resumo rápido en menos de sete minutos. 


ACTIVIDADES

1.- Explica os seguintes termos:
-  Autocracia
-  Soviet
-  Bolchevique
-  Kerenski
-  Lenin 
-  Colectivización

2.- Despois de ler o texto e o libro de texto responde as seguintes preguntas; 

Señor!
Nós, traballadores de San Petersburgo, as nosas mulleres, os nosos fillos e os nosos pais, vellos sen recursos, vimos, oh Tsar!, para solicitarche xustiza e protección. Reducidos á mendicidade, oprimidos, esmagados baixo o peso dun traballo extenuante, atafegados de ultraxes, non somos considerados como seres humanos, senón tratados como escravos que deben sufrir en silencio a súa triste condición, que pacientemente soportamos. Velaquí que agora se nos precipita ao abismo da arbitrariedade e a ignorancia. Asfíxiasenos baixo o peso do despotismo e dun tratamento contrario a toda lei humana.

Oh, Emperador! Somos máis de 300.000 seres humanos, pero só o somos en aparencia, debido a que en realidade non temos ningún dereito humano. Estanos vedado falar, pensar, reunirnos para discutir as nosas necesidades e tomar medidas para mellorar a nosa situación. Calquera de nós que se manifeste en favor da clase obreira pode ser enviado á prisión ou ao exilio. Ter bos sentimentos é considerado un crime, o mesmo que fraternizar cun desgraciado, un abandonado, un caído. (...)

Demandas dos obreiros ao tsar. Domingo Sanguento. 10 de xaneiro de 1905.
A) Cal era a situación das liberdades en Rusia a comezos do século XX?
B) Que demandan os manifestantes? En que contexto situarías tales demandas?
C) Como respondeu o réxime ante tales reivindicacións?

3.- Investiga quen foron os personaxes da fotografía e que papel desenvolveron na revolución Rusa e tempos posteriores.



miércoles, 18 de marzo de 2020

1º BACH - ACTIVIDADES FASCISMO


1.- Explica o significado dos seguintes termos: 

Antisemitismo Camisas negras Espazo vital
Gestapo Noite dos coitelos longos Noite dos cristais rotos Paramilitar
Reichstag
SS
Totalitarismo Xenofobia


2.- Despois de ler o texto, responde ás preguntas:

“O fascismo nega que o número, polo só feito de ser número poida dirixir as sociedades humanas, nega que este número poida gobernar grazas a unha consulta electoral periódica. Afirma a desigualdade dos homes, que non é posible nivelar grazas a un feito mecánico e exterior como o sufraxio universal. Pódese definir aos réximes democráticos como aqueles que dan ao pobo, de tempo en tempo, a ilusión da soberanía (...). O fascismo rexeita da democracia a absurda mestura convencional de igualdade política, o hábito da irresponsabilidade colectiva, o mito da felicidade e do progreso indefinido. Pero se a democracia pode entenderse de modo diferente, se ela significa non deixar ao pobo á marxe do Estado, o fascismo pode ser definido polo que escribe estas liñas como unha 'democracia organizada, centralizada e autoritaria. (...).

Benito Mussolini. A doutrina do fascismo, 1932.

A) Que opinión ten Mussolini das democracias?
B) Que concepto posúe da estrutura social?
C) Cal era a súa idea do Estado e do goberno? En que se fundamentaba?
D) Como tratou ás institucións e partidos democráticos cando ascendeu ao poder?

3.- Comenta a imaxe e relaciónaa coa educación nos valores do nacionalsocialismo da sociedade xermana.


Desfile das xuventudes hitlerianas (1936)

domingo, 15 de marzo de 2020

1º BACH - O NAZISMO

Documental "Apocalipsis: o ascenso de Hitler". Unha produción francesa de Isablle Clark e Daniel Costelle. 

PARTE 1


PARTE 2
 

ACTIVIDADES: 

Despois de ver o documental e revisar o libro resposta as seguintes cuestións: 

1.- ¿Cal era a estratexa de Hitler para facerse co poder? 
2.- ¿Que fenómenos explican o éxito dos nazis a partir de principios dos anos 30? 
3.- Una vez no poder, ¿Como logrou Hitler instaurar un réximen totalitario? 
4.- ¿Cales eran os obxectivos fundamentais da política nacional-socialista? Explica que papel xogaba neles o antisemitismo.