lunes, 16 de octubre de 2023

2º ESO - TRABALLO DE COMPETENCIAS: ANÁLISE DUN MAPA HISTÓRICO

 

En Historia usamos frecuentemente os MAPAS HISTÓRICOS. Pero estes moitas veces, son obxectos aos que apenas miramos nin facemos casos cando, en realidade aportan gran cantidade de información.


O obxectivo desta práctica é aprender a a lelos. A extraer información deles. A entender todo aquilo que poidan contarnos.

Para tentar sacar toda a información posible dun mapa histórico debemos seguir coidadosamente unha serie de pasos previos antes de embarcarnos na verdadeira extracción de datos. Estes pasos son:

1.- Ler o título ou pé de ilustración que nos informará do asunto tratado polo mapa. 
2.- Delimitar o espazo físico representado.
3.- Precisar o tempo no que se desenvolven os acontecementos representados. mapa normalmente representará un espazo xeográfico maior que o verdadeiramente implicado, polo que teremos que centrarnos no afectado polos feitos ou fenómenos representados.

Aspectos a ter en conta: 

O primeiro, todo mapa histórico abarca un determinado ESPAZO XEOGRÁFICO. Hai que facer referencia aos continentes, países, rexións ou áreas que aparezanrepresentadas; e aos accidentes xeográficos (mares, océanos, ríos, montañas) pero só se afectase o comentario.

En segundo lugar, O TEMPO HISTÓRICO REPRESENTADO. A diferenza doutro mapa sobre calquera tema, un mapa histórico introduce unha variable propia, o TEMPO describen aspectos do pasado. Á época á que corresponde o mapa ben pode aparecer no propio mapa ou ben podemos deducilo a partir dos nosos coñecementos sobre o tema.

É importante observar a LENDA, recadro situado nalgúna lateral do mapa que aclara o significado dos símbolos ou cores utilizados no mapa, polo que o seu coñecemento é imprescindible para lelo correctamente

Tendo en conta a explicación, a continuación imos a facer a ANÁLISE DO MAPA  HISTÓRICO da Expansión do Isla
(podes facer click sobre o mapa para ampliar), indicando os seguintes aspectos
A) Tema representado:
B) Espazo xeográfico que representa:
C) Momento histórico (cronoloxía que representa)
D) Finalmente debes explicar as distintas fases da expansión do islam a partir do expresado na lenda. 

Se tes dúbidas, no seguinte vídeo podes ver unha breve explicación de como analizar a información dun mapa histórico. 


a

martes, 3 de octubre de 2023

1º BACH/4º ESO: DOCUMENTAL: A REVOLUCIÓN FRANCESA


Entre finais do XVIII e 1848 producíronse unha serie de movementos revolucionarios que provocaron a desaparición do Antigo Réxime. A primeira delas foi a Revolución Americana, que deu lugar ao nacemento de Estados Unidos; pero a máis importante foi a Revolución Francesa, que serviu de modelo para todas as que chegarían despois. 

No seguinte vídeo podes ver un documental daquel período tran trascendental para a historia da humanidade. Podes acceder ó mesmo facendo click AQUÍ

No seguinte link podes descargar os APUNTES (versión en castelán). 

lunes, 2 de octubre de 2023

1º BACH/4º ESO: COMPROBA O QUE SABES.... KAHOOT DO ANTIGO RÉXIMEN E ILUSTRACIÓN


Premendo no link podedes acceder ó Kahoot correspondente ao tema do Antigo Réxime e a Ilustración . Animádevos a facelo e comprobar o que sabedes. 

Para acceder só tedes que facer click  AQUÍ

2º ESO: COMPROBA O QUE SABES.... RULETA INICIO DA IDADE MEDIA


Premendo no link podedes acceder á unha ruleta na que poderás comprobar os teus coñecementos a cerca do inicio da Idade Media (reinos xermánicos, Imperio Bizantino e Islam). Animádevos a facelo e comprobar o que sabedes. 

Para acceder só tedes que facer click AQUÍ