lunes, 27 de noviembre de 2023

25 novembro


O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e desde o Departamento de Xeografía e Historia queremos unirnos á denuncia de todas as formas de violencia que sofren as mulleres por razón do seu xénero.

A violencia de xénero é a expresión máis infame da desigualdade entre mulleres e homes que aínda persiste na sociedade, tamén en España, onde dende que hai estatísticas oficiais, rexístrase cada ano unha media de 60 asasinatos e decenas de miles de mulleres maltratadas, xunto aos seus fillos e fillas, vítimas silenciosas da barbarie que quedarán marcadas para sempre.  

No seguinte vídeo podedes ver a actividade contra a violencia de xénero realizada polas alumnas e alumnos de primeiro de ESO e de segundo de bacharelato con motivo da conmemoración do 25-N.

        Porque educar en igualdade é construir un futuro mellor. 

        Grazas a todas e todos pola vosa participación!




domingo, 26 de noviembre de 2023

2º ESO: PROXECTO HISTORIA DE GALICIA EN COMIC

O presente proxecto pretende afondar no coñecemento da Alta Idade Media en Galicia  a partir de indagación en episodios relevantes da Historia de Galicia.

As alumnas e alumnos deben  recoñecer que, tras a conquista musulmana da Península Ibérica,  os séculos IX e X  foron un período de reordenación social e política, pero  tamén tempos de inseguridade, nos que as costas galegas se ven sometidas a ataques de normandos e sarracenos.

Tamén foi a época en que se fundan numerosos  centros monásticos e tamén se producirá o achado da tumba do Apóstolo Santiago, feito de gran transcendencia na Historia de Galicia.

Cada grupo debe  información dos seguintes episodios e elaborar un comic que reflexe os acontecementos: 

- As tropas musulmás asedian a cidade de Lugo.

- Al Manzor saquea a cidade de Santiago de Compostela.

- Os Vikingos asaltan as costas de Galicia. 

- San Rosendo funda o Mosteiro de Celanova.

- O descubrimento da tumba do apóstolo Santiago

 Podedes ver un exemplo no seguinte LINK