domingo, 21 de noviembre de 2021

25 N: ACTIVIDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.



O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e desde o Departamento de Xeografía e Historia queremos unirnos á denuncia de todas as formas de violencia que sofren as mulleres por razón do seu xénero.

A violencia de xénero é a expresión máis infame da desigualdade entre mulleres e homes que aínda persiste na sociedade, tamén en España, onde dende que hai estatísticas oficiais, rexístrase cada ano unha media de 60 asasinatos e decenas de miles de mulleres maltratadas, xunto aos seus fillos e fillas, vítimas silenciosas da barbarie que quedarán marcadas para sempre. 

 No seguinte vídeo podedes ver a actividade contra a violencia de xénero realizada polas alumnas e alumnos de segundo e terceiro curso de ESO e de segundo de bacharelato con motivo da conmemoración do 25-N.

Porque educar en igualdade é construir un futuro mellor. 

Grazas a todas e todos pola vosa participación!