Mostrando entradas con la etiqueta 1º BACH. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º BACH. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de octubre de 2026

1º BACH: A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL A TRAVÉS DO CINEMA

Esta semana no blog da aula viaxamos no tempo. Deixamos por uns días os apuntamentos  e poñemos o foco na parantalla, a para aprender a través do cinéma, co visionado de  Daens (1992).

A película desenvólvese na cidade de Aalst (Bélxica) a finais do século XIX, e amosa con dun xeito crudo como se desenvolveu a Revolución Industrial en Alst, unha pequena cidade  industrial de Bélxica.

Máis aló das cifras e dos inventos que estudamos na clase, o filme permítenos ver a cara máis humana (e ás veces máis cruel) dese período histórico: as duras condicións de vida e traballo da clase obreira, a explotación infantil nas fábricas téxtiles, o nacemento dos movementos sindicais, a longa loita polo sufraxio universal, etc. 

Nas vosas mans tendes xa o dossier de traballo. Lembrade que o reto que vos plantexo  non consiste en facer un simple resumo do que pasa na pantalla; o obxectivo é que actuedes como auténticos historiadores e historiadoras. Deberedes coller os conceptos clave que revisamos na aula e usalos para analizar a realidade amosada a través do filme.

Temos a sorte de contar cunha versión moi especial para esta actividade. Queremos expresar o noso agradecemento ao profesor Francisco Ayén por poñer á nosa disposición a película e, sobre todo, por realizar unha excelente selección didáctica das escenas que mellor se adaptan aos contidos que estamos a traballar na aula.

Se precisades ver algunha escena extra podedes volver a ver o vídeo facendo click AQUÍ

martes, 15 de septiembre de 2026

1º BACH: DOCUMENTAL A REVOLUCIÓN FRANCESA


Entre finais do século XVIII e mediados do XIX, o mundo sufriu unha transformación radical: a desaparición do Antigo Réxime. O sistema baseado no poder absoluto dos reis, os privilexios da nobreza e oclero e as inxustizas sociais colapsou. O gran motor dese cambio irreversible foi a Revolución Francesa de 1789. 

No seguinte vídeo podes ver un documental daquel período tran trascendental para a historia da humanidade. 

martes, 11 de junio de 2024

4º ESO: O HOLOCAUSTO


A Segunda Suerra Mundial foi o conflito máis cruento da historia da humanidade. As perdas en vidas humanas foron enormes. En total morreron entre 40 e 50 millóns de persoas. Os países máis afectados foron a Unión Soviética, con entre 17 e 20 millóns de mortos (10% da poboación); Polonia, con 5 millóns (15%) e Alemaña, con outros 5 millóns (6%). Mención a parte merecen as bombas atómicas lanzadas sobre Hiroshima e Nagasaki que mataron a 200.000 persoas, deixando ademáis graves secuelas físicas e psicolóxicas en moitos xaponeses.

Pero sen dúbida un dos feitos máis arrepiantes foi o xenocidio do pobo xudeo que se concretou no exterminio de 6 millóns de vítimas, a metade delas en Polonia.

A persecución e asasinato de xudeos, burocráticamente organizadas e auspiciadas polo estado nazi, denomínase Holocausto.

Que foi o Holocausto?

A ideoloxía nazi, dende a súa formulación no "Mein Kampf" (Adolf Hitler, 1925) tiña un compoñente profundamente antisemitista. Os nazis, crían que os alemáns eran unha “raza superior”, que os xudeus eran “inferiores” e que representaban unha ameaza para a denominada comunidade racial alemana.

Dende a súa chegada ó poder en Alemania en xaneiro de 1933, os nazis comezaron unha persecución sistemática dos xudeos. A segregación definitiva chegou coas Leis de Nuremberg (1935) que limiban os deitos políticos e civis da poboación xudea. Posteriormente, a partir da noite dos cristais rotos (1939) comezou o confinamento de xudeos nos guetos, que en realidade foron, máis ben, un lugar de tránsito cara os campos de concentración de Austria e a Republica Checa (xa ocupadas) nos que os prisioneiros eran explotados laboralmente con traballos forzados.

Co avance da guerra, na Conferencia de Wannsee, celebrada en Berlín en xaneiro de 1942, as SS (a garda elite do estado nazi) e os representantes dos ministerios do goberno alemán deseñaron a denominada “Solución final”, un plan para asasinar os xudeus de Europa que involucraría a 11 millóns de xudeus. Os xudeus alemáns e da Europa ocupada foron trasladados, por medio do ferrocarril, dos campos de traballo ós campos de exterminio situados na Polonia ocupada, onde eran asasinados. Os nazis tentaron disimular as súas intencións e por iso chamaban ás deportacións "reasentamento no leste". Ás vítimas dicíaselles que ían ser trasladadas a novos campos de traballo, pero en realidade era unha camiño cara a morte.

Foron numerosos os campos de concentración e exterminio abertos na europa ocupada pero entre todos destacan pola súa dureza o de Auschwitz, Treblinka, Mathausen e Dacahau, entre outros. No seguinte mapa podes ver a localización dos maís importantes.

Como balance pódese dicir que entre 1941 e 1944, as autoridades alemás nazis deportaron a millóns de xudeus de Alemaña, dos territorios ocupados a campos de exterminio, onde foron asasinados en cámaras de gas deseñadas especialmente para ese fin. As depoirtacións continuaron ata o 7 de maio de 1945, data en que as forzas armadas alemás rendéronse incondicionalmente aos aliados.

Os delitos cometidos durante o Holocausto foron xulgados nos Xuizos de Nuremberg (1946) onde moitos criminais nazis como Herman Goering, Rudolf Hess, entre outros, foron condenados por crímenes contra a humanidade.

SABÍAS QUE...  aproximadamente 9.000 ciidadáns españois exiliados da guerra civil estiveron en campos de concentración nazis? Está constatado que 4.427 deles foron asasinados en Mathaussen. Podes ler a súa historia facendo click na seguinte  NOTICIA.

4º ESO: ANÁLISE HISTÓRICO DUNHA FOTOGRAFÍA

A aparición da fotografía primeiro e, porsteriormente, o cinematógrafo, permitiron un importante cambio na forma de facer historia. Estes medios posibilitaron un achegamento directo á realidade histórica, polo que teñen un gran valor testemuñal e documental.

Así, hoxe en día a fotografía é valorada coma un documento que axuda a ilustrar un momento histórico concreto. É dicir, cando se fai unha foto, conxelamos un instante, capturando desta maneira a realidade , e esta imaxe pode ser un elemento de valor para analizar/entender a realidade histórica do pasado.

ACTIVIDADE: A continuación propoñémosche unha actividade a partir do traballo con fotografías da II guerra Mundial.

1.- Selecciona unha das fotografías.
2.- Describe a imaxe.
3.- Localiza o momento histórico que representa.
4.- Recopila a información e fai unha breve reseña do episodio e a sua relevancia no conflito bélico (8-10 liñas).

IMAXE1
Africa Korps en acción

 IMAXE2
Toma de Iwo Jima

 IMAXE3
Bombardeo de Dresde

IMAXE4
Soldado alzando a bandeira Soviética en Berlín

IMAXE 5
Batalla de Dunquerque

4º ESO: SEGUNDA GUERRA MUNDIAL


A Segunda Guerra Mundial (1939-1945) considérase o conflito bélico máis grande da historia. Ningún outro antes nin despois igualouno en grao de mobilización de recursos (materiais e humanos) nin en número de vítimas.

O inicio da guerra tivo a súa orixe no expansionismo nazi que se viu alentado polas consecuencias derivadas do Tratado de Versalles e a crise do 29, que as democracias occidentais foron incapaces de frear.

Paralelamente, Xapón fora profundizando na súa política imperialista en Asia e no Pacífico, rivalizando con outra gran potencia, EEUU.

Despois de ter analizado as causas da guerra en posts anteriores, podes descargar os apuntes que explican o desenvolvemento do conflito AQUÍ

ACTIVIDADES

1.- Elabora un cadro sinóptico no que analices os seguintes aspectos  da segunda guerra mundial. 

A) Causas.
B) Contendentes (bandos).
C) Fases e episodios importantes.

2.- Define os seguintes termos relacionados coa segunda guerra mundial:

Podes repasar facendo una kahoot. Fai click AQUÍ

martes, 14 de mayo de 2024

1º BACH: CARTAS DENDE AS TRINCHEIRAS

 


As alumnas e alumnos de 1º de bacharelato presentarona actividade "cartas dende as trincheiras". 

Trátase dunha actividade no que cada alumno asumiu o rol sobre unha persoa real ou figurada que participase na guerra e indegou a como eran as condicións de vida dos soldados nas trincheiras.

Esta tarefa premitiulles afondar un pouco mais no coñecemento  da Primeira Guerra Mndial e poñerse na pel dun dos seus protagonistas.


domingo, 17 de marzo de 2024

1º BACH: A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL

Nos comezos do século XX, as rivalidades económicas, coloniais e nacionais entre os Estados europeos conduciron a unha escalada de tensións e unha carreira de armamentos que desembocaron na Primeira Guerra Mundial (1914-1918).

Tratouse dun novo tipo de conflito que implicou países de todo o mundo, mobilizou non só os exércitos senón tamén a poboación civil, e deixou un terrible saldo de mortos e destrución. 

No seguinte enlace poderás visionar a serie documental "LA Primera Guerra Mundial en color" que che permitirá coñecer un pouco mellor a historia deste tráxico conflicto.  Podes acceder ós vídeos premendo AQUÍ



Depois de ver os vídeos fai as seguintes ACTIVIDADES coa axuda do libro.

1.- Cando tivo lugar a Primeira Guerra Mundial? Indica as datas do seu comezo e o seu final.  

2.- Que bloques enfrontáronse no conflito? Que países integraban cada bloque?

3.- Explica as causas da Primeira Guerra Mundial.

4.- Indica as diferentes fases da Primeira Guerra Mundial. Explica brevemente as súas características.

5.- Explica as novidades bélicas que se introduxeron no Na Primeira Guerra Mundial. Valora o seu impacto.  

6.- Por que se di que 1917 é un ano clave no conflito?

7.- Explica as consecuencias que se derivaron da Primeira Guerra Mundial?

8.- Que tratados de paz se asinaron coas potencias derrotadas? Explica algúns dos seus puntos máis destacados.

9.- Define:

A)Káiser

B)Sociedade de Nacións

C) Atentado de saraxevo.

D) 14 puntos de Wilson

lunes, 2 de octubre de 2023

1º BACH/4º ESO: COMPROBA O QUE SABES.... KAHOOT DO ANTIGO RÉXIMEN E ILUSTRACIÓN


Premendo no link podedes acceder ó Kahoot correspondente ao tema do Antigo Réxime e a Ilustración . Animádevos a facelo e comprobar o que sabedes. 

Para acceder só tedes que facer click  AQUÍ

lunes, 8 de junio de 2020

1º BACH - OS ATENTADOS DO 11 S


O fin da guerra fría co afundimento e dfesaparición da URSS deu lugar a unha nova era nas relacións internacionais, na que os Estados Unidos se postulaban na década de 1990 como a única superpotencia mundial.
Pero as relacións internacionais levaron no século XXI a un mundo máis complexo coa aparición de novas potencias emerxentes, como China, e cun papel relevante de Europa ou da nova Rusia.
Por último, esa "nova orde" internacional non significa ausencia de tensións ou desaparición dos conflitos armados. O terrorismo armado derivado do islamismo radical, ensombreceu o panorama do século XXI con atentado como o da torres xemelgas (11 de setembro de 2001) que iniciaron un ciclo de enfrontamentos que parecen non querer chegar ó seu fin. 
No seguinte vídeo podes ver un documental do atentado do 11S de National Geographic. 

domingo, 31 de mayo de 2020

1º BACH - O PROCESO DE CREACIÓN DA UNIÓN EUROPEA


Tras a segunda guerra mundial, e coa aparición da política de bloques, algúns paises europeos con Francia e Alemania á cabeza comezan a darlle voltas á posibilidade  de crear unha organización europea de cooperación que contribuíse á recuperación económica e  fomentase  a harmonía entre os distintos pobos, ó tempo que favorecese  a paz e o diálogo.  
A conferencia da Haia (1948) propuxo a creación do Consello de Europa, integrada por dez países: Bélxica, Francia, Luxemburgo, Países Baixos, Reino Unido, Irlanda, Italia, Dinamarca, Noruega e Suecia. O seu obxectivo era favorecer o progreso económico e social e promover os dereitos humanos e as liberdades fundamentais. Esta institución promoveu o Convenio Europeo de Dereitos Humanos, que entrou en vigor en 1953.
Un segundo paso no proceso de unificación foi a creación, en 1951, da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), que establecía entre os seus membros un mercado único para estes dous produtos. Foi a primeira institución na cal os países integrantes (Francia, Alemaña occidental, Bélxica, Italia, Luxemburgo e Países Baixos) aceptaron a libre circulación de produtos e delegaron a súa xestión a un organismo común.
O Tratado de Roma e a creación da CEE
En 1957, os seis países membros da CECA asinaron o Tratado de Roma, que instituíu a Comunidade Económica Europea (CEE) e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (EURATOM). O seu obxectivo era a abolición das barreiras aduaneiras, a libre circulación de mercadorías, servizos, capitais e persoas entre os países membros e o desenvolvemento dunha política económica común.
O Tratado atribuíalles ás institucións comúns a competencia exclusiva en tres eixes da política económica: transportes, agricultura e comercio exterior. Durante a década de 1960 avanzouse na posta en práctica dunha Política Agrícola Común (PAC) e na mellora das redes de transporte.
A realización destas políticas apoiábanse nunha transferencia de competencias dos Estados cara á CEE e nun orzamento comunitario formado a partir dos ingresos monetarios que realizaban os Estados membros. Este orzamento actuaba como unha forma redistribuidora da riqueza, porque os países con maior renda achegaban máis para axudar ao crecemento dos menos avanzados.
Os éxitos da CEE propiciaron que un bo número de países solicitasen a súa integración. En 1973 asinaron a adhesión Irlanda, Reino Unido e Dinamarca. Grecia sumouse en 1981; España e Portugal en 1986, e Austria, Finlandia e Suecia, en 1995. A Europa dos Seis converteuse na Europa dos Quince.
A ampliación da Unión Europea
A comezos da década de 1990, no contexto da desaparición dos bloques e a progresiva imposición dunha economía globalizada, os países da Europa occidental acordaron outorgarlle un maior peso á Comunidade Económica Europea (CEE).
O Tratado de Maastricht
En 1992 avanzouse un paso máis co Tratado da Unión Europea (TUE), coñecido tamén como Tratado de Maastricht. Constitúe unha pedra angular no proceso de integración europea, pois por primeira vez dábaselle unha vocación de unidade política. O Tratado de Maastricht consagrou oficialmente o nome de Unión Europea (UE), e instaurou tres grandes eixes de políticas comúns:

> As políticas nas que os Estados cederon soberanía e adoptan decisións comunitarias: o mercado único, a unión monetaria, os fondos estruturais e de cohesión etc.
> As Políticas de Exterior e de Seguridade Común (PESC), fundamentadas na cooperación entre gobernos.
>As políticas en temas como terrorismo, inmigración, política de asilo, tráfico de drogas etc. A creación da Europol, xerme dunha futura policía europea, é un dos proxectos resultantes.
O Tratado creou, ademais, a cidadanía europea, que lles permite ás persoas circular e residir libremente nos países da UE, e establece o dereito a votar e a ser elixido no Estado de residencia para as eleccións europeas e municipais.
Entrou en vigor en novembro de 1993. Nel prevíase a súa propia revisión, á vista das sucesivas ampliacións da Unión. Deste xeito, en 1997, co Tratado de Amsterdam, afirmáronse os principios de liberdade, democracia e respecto dos dereitos humanos, e en 2001, o Tratado de Niza reestruturou todas as institucións europeas.

A Europa dos 28

O 1 de xaneiro de 1995 tivo lugar a cuarta ampliación da Unión Europea coa entrada de Austria, Finlandia e Suecia. Nacía a Europa dos Quince.
Así mesmo, tras longas negociacións para permitir que os países da Europa do Leste adecuasen as súas lexislacións ás esixencias da UE, en materia económica e en respecto aos dereitos políticos e sociais, o 1 de maio de 2004 produciuse a adhesión de dez novos Estados: Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia, República Checa e Chipre; en 2007, sumáronse Bulgaria e Romanía; e en 2013, Croacia.
A Unión Europea converteuse nunha potente organización de 28 Estados, con realidades moi diferentes de tipo social, económico, histórico e político, pero co obxectivo común do compromiso democrático e o progreso económico.
A saída de Reino Unido este mesmo ano despois do Brexit,  abre numerosas dúbidas a cerca do fururo da UE. 
As institucións comunitarias
Desde a súa fundación, a CEE creou unhas institucións e unha lexislación comunitarias á vez que os países membros foron delegando unha parte da súa soberanía a estas institucións supranacionais.
O Parlamento Europeo é a institución que garante a participación cidadá nas institucións da Unión. Os seus membros son elixidos polos cidadáns cada cinco anos, nunha cantidade proporcional á poboación de cada Estado. Reúnese en Estrasburgo (Francia) e en Bruxelas (Bélxica).



A moeda única, o euro

O Tratado da Unión Europea estableceu a Unión Económica e Monetaria, e creouse unha moeda única, o euro, para garantir a libre circulación de capitais.
O euro entrou en circulación o 1 de xaneiro de 2002 en once países da UE: España, Portugal, Italia, Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Francia, Alemaña, Austria, Irlanda e Finlandia; aos que máis tarde se lles sumaron Grecia, Eslovenia, Malta e Chipre, sumando un total de 320 millóns de habitantes.
O Banco Central Europeo encárgase de coordinar as políticas económicas e de garantir o funcionamento da nova moeda.

No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación do proceso de creación da Unión Europea: 

ACTIVIDADES: 
1.- Explica que países crearon a Unión Europea e explica cales se foron adherindo paulatinamente (indica ano e países). 
2.- Observa o esquema e explica cales son as principais institucións eropeas, indicando a súa finción. 
3.- Cando se  se produxo a introdución do Euro como moeda? Fala cos teus pais e avós e para ver que  ventaxas e desventaxas atoparon coa introducción da moeda única. 


DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 

Enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o venres 5 de xuño. 

sábado, 23 de mayo de 2020

1º BACH - A ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS (ONU)

Na Conferencia de Yalta, celebrada ó final da II Guerra Mundial, as poténcia vencedoras asistentes ( URSS, Estados Unidos e Gran Bretaña), decidiron volver citarse na cidade de San Francisco (EE. UU.) para crear unha organización internacional que evitase unha nova guerra, pedíndose a asistencia de Francia e China á beira dos tres grandes. Nacía así a Organización das Nacións Unidas (O.N.U.) en abril de 1945.

Os 55 estados asistentes á Conferencia de San Francisco acordaron a creación de varios organismos internacionais:

➢ A Asemblea Xeral: Fórmana todos os Estados membros, tendo un voto cada un. Deliberan e toman decisións sobre asuntos de interese xeral internacional.

➢ O Consello de Seguridade: É o órgano de maior poder decisorio. Formaron parte del durante moitos anos 10 países elixidos e 5 permanentes ( URSS, Estados Unidos, Gran Bretaña, Francia e China). Estes últimos tiveron
dereito a veto, o que impedirá a toma de decisións que prexudiquen aos seus intereses.

➢ A Secretaría Xeral: Xuridicamente é a cabeza da ONU. A súa máxima figura é o Secretario Xeral, que adoita ser un xurista ou un diplomático de prestixio, e encárgase de actuar de árbitro internacional nas zonas de conflito.

➢ O Consello Económico e Social: Encárgase, como o seu nome indica, de asuntos socio-económicos internacionais, a través das súas numerosas axencias, algunhas das cales son:
• Fondo Monetario Internacional (FMI) • Banco Mundial
• Acordo Xeral sobre Aranceis e Comercio Xeral ( GATT)
• Organización para a Alimentación e a Agricultura ( FAO)
• Organización Mundial da Saúde (OMS)
• Organización das Nacións Unidas para a Educación e a Ciencia (UNESCO).

➢ O Tribunal Internacional de Xustiza (Tribunal da Haia): En teoría as súas decisións deberían solucionar as disputas entre os Estados, pero moitas veces non se acatan os seus ditames.

Na actualidade, máis de 200 Estados son membros da O.N.U. e aínda que moitos conseguiu evitar un novo conflito mundial,  ás veces viuse impotente para deter as numerosas guerras locais que sacudiron ao planeta. O seu labor en favor da paz chocou, en moitas ocasións, cos intereses dos “ cinco grandes” que vetaron decisións dirixidas a pacificar algunha zona de enfrontamento, ou garantir o respecto aos dereitos humanos.

ACTIVIDADES

1.- Cando se creou a ONU? Con que obxectivo? Crees que o conseguiu? Xutifica a túa rsposta. 

2.- Qué é o consello de seguridade?  Que países forman parte del? Cres que é xusto que os membros permanentes teñan dereito a veto? Xustifica a túa resposta. 

3.- Busca infromación a cerca das funcións dos seguintes organismos da ONU: Tribunal Internacional de Xustiza, Fondo Monetario Internacional, Organicación Mundial da Saúde, UNESCO,  UNICEF.

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o venres 29 de maio. 

sábado, 16 de mayo de 2020

1º BACH - TRABALLO DE COMPETENCIAS: PRESENTACIÓN DIXITAL


Como xa  dixemos, a guerra fría provocou unha confrontación bipolar entre as dúas potencias vencedosras da II Guerra Mundial que se manifestou nunha serie de conflitos periféicos en determinadas "zonas quentes" ó longo de todo o planeta. Os máis importantes foron os seguintes: 

-  Guerra de Corea
-  Conflito do Canle de Súez
-  Construción do muro de Berlín
-  Crise dos misiles de Cuba
-  Guerra de Vietnam
-  Guerra de Afaganistán

ACTIVIDADE: 

Selecciona algún destes conflitos, revisa os apuntes (AQUÍ)  e fai unha presentación en powerpoint sobre o mesmo. Debes compaxinar o uso de texto e imaxes.

Xa temos traballado co formato de presentacións, pero se tes algunha dúbida podes consultar un breve titorial facendo click  AQUÍ 


DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o venres 22 de maio. 

lunes, 11 de mayo de 2020

1º BACH - A GERRA FRÍA IV: A CARREIRA ESPACIAL


Despois da Segunda Guerra Mundial, a tensión entre EE UU e a URSS era patente. Nada máis rematar o conflito, o bloque capitalista e o comunista enredaronse nunha contenda estratéxica, coñecida como Guerra Fría, na que as dúas potencias nunca se enfrontarían directamente e utilizarían a terceiros nas súas refregas.

Con todo, os contendentes atoparon na conquista do espazo un campo no que 'combater' de maneira directa e demostrar que modelo social e político era superior: comezaba a carreira espacial entre os adaíles do capitalismo e o comunismo.

Todo comezaba o 4 de outubro de 1957 cando a Unión Soviética lanzaba ao espazo o Sputnik 1, o primeiro satélite artificial da historia. A noticia correu como a pólvora por EE UU e por todo o mundo.Sería o pistoletazo de saída para unha tola carreira que ocuparía os doce anos seguintes.

Os soviéticos tomaron incicialmente tomaron ventaxe e lograban case todos os fitos espaciais antes que os seus rivais americanos. A URSS mandou ao primeiro ser vivo ao espazo (a cadeliña Laika), ao primeiro home (Yuri Gagarin) e á primeira muller (Valentina Tereshkova).

A competición converteuse en algo tan vital que os dous países non repararon en utilizar para os seus proxectos espaciais a dous xenios de historiais turbias. Así mentres os soviéticos deben gran parte dos seus éxitos a Sergei Pavlovich Korolev, rescatado do Gulag en 1945, os americanos non chegarían á Lúa sen o traballo de Wernher von Braun, un alemán vinculado ó nazismo que deseñara as bombas V-2 que bombardearan Londres durante a Segunda Guerra Mundial e que foi "acollido" nos EEUU tras o conflito.

O presidente John Fitzgerald Kennedy chegou á Casa Branca nun panorama moi turbulento. EE UU necesitaba un golpe de efecto despois do deembarco da bahía de cochinos e Kennedy fixouse nun programa xa iniciado, o Apollo: "Creo que este país debería comprometerse a alcanzar o obxectivo, antes do final desta década, de poñer un home sobre a superficie da Lúa e facerlle regresar á Terra san e salvo", asegurou o presidente norteamericano ante o Congreso.

Para non deixar en evidencia ao presidente Kennedy e o seu compromiso (que non caeu no esquecemento tras o seu asasinato en 1963 ) EE UU destinou uns 5.000 millóns de dólares anuais ao seu programa espacial durante aquela época. En 1967, calcúlase que unhas 400.000 persoas traballaban para algún aspecto do programa Apollo, xa fose para a NASA ou en empresas subcontratadas.

A misión Apolo 11 culminou o 20 de xullo de 1969 , cando os EE UU colocaron aos primeiros homes na lúa: o comandante Neil Armstrong e o piloto Edwin F. Aldrin. Cando o módulo Eagle alunizou no Mar da Tranquilidade as imaxes en vivo seguíronse en televisión por uns 600 millóns de persoas. Coma se dunha épica produción hollywoodiense tratásese, EE UU gañaba por K.O. á URSS no último asalto.

No seguinte vídeo podes ver unha breve reportaxe da carreira espacial durante a guerra fría.


ACTIVIDADE:
Despois de ler o post e ver o vídeo, imaxina que eres un xornalista da que ten que escribir unha crónica para un xornal da chegada do home a lúa. Documentate e fai unha narración dunhas 15 liñas nas que relates (aportando detalles verídicos) o acontecemento. Podes ver un vídeo que fala do momento facendo click no seguinte LINK

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
Enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o luns 18 de maio.