Mostrando entradas con la etiqueta 3º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3º ESO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de marzo de 2025

3º ESO: COMUNIDADES AUTÓNOMAS E PROVINCIAS DO ESTADO ESPAÑOL


Nos seguintes mapas Iinteractivos podes repasar as comunidades e provincias do estado español.  A ver quen de vos é capaz de resolvelo sen fallos e o máis rápido posible...

Fai click no nome do mapa para acceder a el. 

MAPA 1: PROVINCIAS

MAPA 2: COMUNIDADES

3º ESO: OS PAÍSES DE EUROPA


No seguinte mapa interactivo podes repasar os países de Europa e as súas capitais.  A ver quen de vos é capaz de resolvelo sen fallos e o máis rápido posible...

Para xogar fai click no AQUÍ

jueves, 28 de enero de 2021

ACTIVIDADE DÍA DA PAZ (ALUMNAS E ALUMNOS DE 2º E 3º DA ESO)


Para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia, as alumnas e alumnos de 3º e 2º da ESO levaron a cabo esta actividade, consistente nun abecedario da paz e busca de frases de distintos personaxes, co fin de fomentar a reflexións de todas/os e actitudes favorables ó diálogo e non violencia. 

Este vídeo, coa música de John Lennon de fondo é unha pequena mostra do gran traballo levado a cabo. 

Parabéns a todas e todos!


 

domingo, 24 de enero de 2021

ACTIVIDADE DÍA DA PAZ (ALUMNAS E ALUMNOS DE 2º E 3º DE ESO)



Con motivo da celebración do Día da Paz e Non Violencia, dende o Departamento de Xeografía e Historia, levamos a cabo unha actividade coas alumnas e alumnos de 2º e 3º da ESO, na que puxemos en valor a figura de WANGARI MUTA MAATHAI, primeira muller africana en gañar o Premio Nóbel da Paz, no ano 2004. Ademáis de ser unha activista política, defensora dos dereitos da muller, a súa preocupación polos problemas ecolóxicos, levouna a poñer en marcha unha iniciativa de crear un "Cinturón Verde" en Kenia que se concretou na reforestación deste territorio, con máis de 50 millóns de árbores. 

Tamén fixemos un mural con frases a favor da paz de personaxes que tiveron un papel relevante na defensa dos Dereitos Humanos, como Ghandi, Eleanor Roosvelt, John Lenon, Malla Yousafzai, Dalai Lama, etc... 



jueves, 14 de mayo de 2020

3º ESO - A REFORMA PROTESTANTE


Cara ao final da Idade Media, existía certo malestar en amplos sectores da sociedade polo rumbo que tomara a Igrexa: O luxo esaxerado que rodeaba a alta xerarquía eclesiástica, a relaxación dos costumes do clero, a compravenda de cargos eclesiásticos, a venda de bulas e indulxencias, que enriquecía a Igrexa coa escusa de outorgar o perdón polos pecados e facilitar o acceso ao paraíso, etc.
En 1517, Martiño Lutero, un frade agostiño alemán, publicou na igrexa de Wittenberg (Alemaña) unha lista de 95 teses contra a os vicios da igrexa e a corrupcion da xerarquía eclesiástica, iniciando a reforma protestante que suporá a rotura da unidade relixiosa no occidente cristián.

No seguinte vídeo podes ver un documental  de como tivo lugar este importante episodio da historia. 


lunes, 11 de mayo de 2020

3º ESO - A MONARQUÍA HISPÁNICA


Durante o século XVI, a monarquía hispánica estivo representada por Carlos I e Felipe II, da dinastía dos Habsburgo, que pola súa procedencia se coñece como dos Austria.
Ambos os reis rexentaron o maior imperio da época, cuxos dominios se estendían por Europa, América e mesmo Asia, e exerceron un papel hexemónico na política internacional. Foi a época de maior auxe do Imperio hispánico.
ACTIVIDADE
Despois de ler as páxinas 226 e 227 do libro fai a activdade 4 da páx. 227.

lunes, 4 de mayo de 2020

3º ESO - A ARTE DO RENACEMENTO


Renacemento é o nome co que se denomina a unha nova concepción da arte que se desenvolveu nos primeiros séculos da Idade Moderna . Arquitectos, pintores e escultores entusiasmáronse co mundo antigo, e inspiráronse nel para crear uns novos modelos estéticos renacentistas.
O espírito humanista que transformou a forma de entender o mundo e rompeu cos modelos culturais da Idade Media tamén influíu na arte.
Ao igual que os humanistas, os artistas do Renacemento considerábanse os sucesores dos mestres grecorromanos e buscaron a inspiración a través da contemplación das obras e edificios da Antigüidade
Foi un tempo excepcional no que coinciden algúns dos grandes nomes da historia da arte como Leonardo Davinci, Miguel Anxo, Rafael ou Boticelli.
ACTIVIDADES
Despois de ler os apartados correspondentes do libro fai as actividades 1 e 6 da pax. 207.

No seguinte vídeo podes ver un documental das grandes creacións artísticas deste período.

lunes, 27 de abril de 2020

3º ESO - O NACEMENTO DO MUNDO MODERNO

Os séculos XV e XVI foron de gran dinamismo para Europa. A idade Media deixa chega ó seu fin e comeza un novo perído: a Idade Moderna (S. XVI-XVIII).

Os inicios desta nova etapa teñen que ver con dous grandes acontecementos: o nacemento do humanismo renacentista e a reforma protestante. 

Renacemento nace en Italia e caracterízase pola recuperación do pensamento da antigüidade greco-latina (Grecia e Roma). Poñíase fin ao  teocentrismo anterior (deus como centro de todas as cousas) e púñase ao home como  centro do pensamento (antropocentrismo), a isto chamouse humanismo.

Na difusión do humanismo foi transcendental a aparición da imprenta. Inventada por Gutenberg (1440), permitiu editar gran cantidade de libros.

Pola súa banda, a Reforma protestante  iniciouse en 1517, cando o monxe Martín Lutero revélase  contra a igrexa  pola súa corrupción. É entón cando publica as 95 teses contra as indulxencias  (venta de perdón). Este acontecemento suporá o fin da unidade do Cristianismo. 

ACTIVIDADES: 

Ler no libro os apartados 2 e 5 do tema e facer as actividade 4 da pax 191 e a 3 e 7 da 199. 

martes, 17 de marzo de 2020

3º ESO - SECTOR TERCIARIO




As actividades que se inclúen no sector terciario tamén reciben o nome de sector servizos.
Este sector inclúe actividades tan diversas como a educación, a cultura, a sanidade, o comercio, o transporte, a banca e a administración pública, que serven para mellorar a calidade de vida das persoas.
O sector terciario foi o último en desenvolverse, pero é o que, actualmente, adquiriu máis importancia, sobre todo nos países ricos, ata o punto de que o seu valor é un indicador fundamental para coñecer o nivel de vida dun país.
ACTIVIDADES: 
Despois de ler o tema 6 (os servizos a cumunicación e a innovación) e o tema 7 (os transportes e o turismo) vai facendo pouco a pouco as actividades correspondentes a cada apartado.