Mostrando entradas con la etiqueta guerra fría. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta guerra fría. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de mayo de 2020

1º BACH - TRABALLO DE COMPETENCIAS: PRESENTACIÓN DIXITAL


Como xa  dixemos, a guerra fría provocou unha confrontación bipolar entre as dúas potencias vencedosras da II Guerra Mundial que se manifestou nunha serie de conflitos periféicos en determinadas "zonas quentes" ó longo de todo o planeta. Os máis importantes foron os seguintes: 

-  Guerra de Corea
-  Conflito do Canle de Súez
-  Construción do muro de Berlín
-  Crise dos misiles de Cuba
-  Guerra de Vietnam
-  Guerra de Afaganistán

ACTIVIDADE: 

Selecciona algún destes conflitos, revisa os apuntes (AQUÍ)  e fai unha presentación en powerpoint sobre o mesmo. Debes compaxinar o uso de texto e imaxes.

Xa temos traballado co formato de presentacións, pero se tes algunha dúbida podes consultar un breve titorial facendo click  AQUÍ 


DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o venres 22 de maio

lunes, 11 de mayo de 2020

1º BACH - A GERRA FRÍA IV: A CARREIRA ESPACIAL


Despois da Segunda Guerra Mundial, a tensión entre EE UU e a URSS era patente. Nada máis rematar o conflito, o bloque capitalista e o comunista enredaronse nunha contenda estratéxica, coñecida como Guerra Fría, na que as dúas potencias nunca se enfrontarían directamente e utilizarían a terceiros nas súas refregas.

Con todo, os contendentes atoparon na conquista do espazo un campo no que 'combater' de maneira directa e demostrar que modelo social e político era superior: comezaba a carreira espacial entre os adaíles do capitalismo e o comunismo.

Todo comezaba o 4 de outubro de 1957 cando a Unión Soviética lanzaba ao espazo o Sputnik 1, o primeiro satélite artificial da historia. A noticia correu como a pólvora por EE UU e por todo o mundo.Sería o pistoletazo de saída para unha tola carreira que ocuparía os doce anos seguintes.

Os soviéticos tomaron incicialmente tomaron ventaxe e lograban case todos os fitos espaciais antes que os seus rivais americanos. A URSS mandou ao primeiro ser vivo ao espazo (a cadeliña Laika), ao primeiro home (Yuri Gagarin) e á primeira muller (Valentina Tereshkova).

A competición converteuse en algo tan vital que os dous países non repararon en utilizar para os seus proxectos espaciais a dous xenios de historiais turbias. Así mentres os soviéticos deben gran parte dos seus éxitos a Sergei Pavlovich Korolev, rescatado do Gulag en 1945, os americanos non chegarían á Lúa sen o traballo de Wernher von Braun, un alemán vinculado ó nazismo que deseñara as bombas V-2 que bombardearan Londres durante a Segunda Guerra Mundial e que foi "acollido" nos EEUU tras o conflito.

O presidente John Fitzgerald Kennedy chegou á Casa Branca nun panorama moi turbulento. EE UU necesitaba un golpe de efecto despois do deembarco da bahía de cochinos e Kennedy fixouse nun programa xa iniciado, o Apollo: "Creo que este país debería comprometerse a alcanzar o obxectivo, antes do final desta década, de poñer un home sobre a superficie da Lúa e facerlle regresar á Terra san e salvo", asegurou o presidente norteamericano ante o Congreso.

Para non deixar en evidencia ao presidente Kennedy e o seu compromiso (que non caeu no esquecemento tras o seu asasinato en 1963 ) EE UU destinou uns 5.000 millóns de dólares anuais ao seu programa espacial durante aquela época. En 1967, calcúlase que unhas 400.000 persoas traballaban para algún aspecto do programa Apollo, xa fose para a NASA ou en empresas subcontratadas.

A misión Apolo 11 culminou o 20 de xullo de 1969 , cando os EE UU colocaron aos primeiros homes na lúa: o comandante Neil Armstrong e o piloto Edwin F. Aldrin. Cando o módulo Eagle alunizou no Mar da Tranquilidade as imaxes en vivo seguíronse en televisión por uns 600 millóns de persoas. Coma se dunha épica produción hollywoodiense tratásese, EE UU gañaba por K.O. á URSS no último asalto.

No seguinte vídeo podes ver unha breve reportaxe da carreira espacial durante a guerra fría.


ACTIVIDADE:
Despois de ler o post e ver o vídeo, imaxina que eres un xornalista da que ten que escribir unha crónica para un xornal da chegada do home a lúa. Documentate e fai unha narración dunhas 15 liñas nas que relates (aportando detalles verídicos) o acontecemento. Podes ver un vídeo que fala do momento facendo click no seguinte LINK

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
Enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o luns 18 de maio

sábado, 9 de mayo de 2020

1º BACH/ESA - A GUERRA FRÍA III


Serie de catro capítulos sobre o enfrontamento político, ideolóxico, científico, tecnolóxico, cultural que, dende 1945 e ata 1989, mantiveron Estados Unidos e a Unión Soviética.

O terceiro profunda sobre o pulso propagandístico que mantiveron ambas as superpotencias nos anos 60: desde o Berlín dividido, a guerra de Vietnam, a carreira espacial, a Primavera de Praga ata a competencia deportiva, simbolizada polo campionato mundial de xadrez que gañou Fisher en 1972.

O cuarto capitulo abarca a década dos anos 80, que supón a parte final da Guerra Fría: desde a chegada de Reagan á presidencia norteamericana ata a de Gorbachov na URSS, quen introduciu unha serie de reformas que supuxeron o fin da tensión e, finalmente, da propia URSS.


CAPÍTULO III


CAPÍTULO IV

miércoles, 6 de mayo de 2020

1º BACH - TRABALLO DE COMPETENCIAS ANÁLISE DUN MAPA HISTÓRICO

EUROPA EN 1949

En Historia usamos constantemente MAPAS HISTÓRICOS pero estes moitas veces son obxectos aos que apenas miramos cando, en realidade, aportan gran cantidade de información.

O obxectivo desta práctica é analizar un mapa histórico e extraer a información contida nel para entender todo aquilo que nos contarno.

Para tentar sacar toda a información posible dun mapa histórico debemos seguir coidadosamente unha serie de pasos previos antes de embarcarnos na verdadeira extracción de datos. Estes pasos son:

1.- Ler o título da ilustración que nos informará do asunto tratado polo mapa. 
2.- Delimitar o espazo físico representado.
3.- Precisar o tempo no que se desenvolven os acontecementos representados. 

Hai que ter presente que un mapa pode ben representar feitos que suceden nun
momento determinado (ano, década, século) ou ben ao longo do tempo (anos, décadas,séculos).

O primeiro, todo mapa histórico abarca un determinado ESPAZO XEOGRÁFICO. Hai que facer referencia aos continentes, países, rexións ou áreas que aparezan representadas; e aos accidentes xeográficos (mares, océanos, ríos, montañas) pero só se afectase o comentario.

En segundo lugar, O TEMPO. A diferenza doutro mapa sobre calquera tema, un mapa histórico introduce unha variable propia, o TEMPO describen aspectos do pasado. Á época á que corresponde o mapa ben pode aparecer no propio mapa ou ben podemos deducilo a partir dos nosos coñecementos sobre o tema.

É importante observar a LENDA, recadro situado nalgúna lateral do mapa que aclara o significado dos símbolos ou cores utilizados no mapa, polo que o seu coñecemento é imprescindible para lelo correctamente.

A partir destas indicacións observa o mapa de Europa en 1949 e indica: 

A) Tema representado
B) Espazo xeográfico que representa
C) Momento histórico (cronoloxía que representa)
D) Descripción da distribución xeográfica dos elementos descritos na lenda (podes ampliar o mapa facendo click sobre a imaxe)

E) Revisa a entrada correspodente do blog e os apuntes (AQUÍ) e fai unha breve explicación (comentario) das distintas áreas de influencia de cada bloque durante a guerra fría, tratando os seguintes aspectos: países implicados, alianzas militares, fundamentación ideolóxica, estratexia de disuasión, etc... 

F) Por último, observa o mapa de Europa na actualidade e indica os cambios máis destacables entre ambos (países existentes, fronteiras, etc...). 

EUROPA NA ACTUALIDADE

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o martes 12 de maio

martes, 5 de mayo de 2020

1º BACH/ESA - A GUERRA FRÍA II


Serie de catro capítulos sobre o enfrontamento político, ideolóxico, científico, tecnolóxico, cultural que, dende 1945 e ata 1989, mantiveron Estados Unidos e a Unión Soviética.

O primeiro aborda os primeiros anos da Guerra Fría, coincidindo coa presidencia de Truman e os últimos anos de Stalin, desde a óptica da propaganda, utilizada por ambas as superpotencias para desprestixiar ao contrario e enxalzarse a si mesmas.

O segundo céntrase nos anos cincuenta e os principios dos sesenta, coincidindo co goberno de Nikita Kruschev, que significou unha nova imaxe para a URSS en contraposición co seu antecesor Stalin.

O inicio da carreira espacial, a guerra sucia da CIA en Guatemala, a chegada de Castro a Cuba, o muro de Berlín e a crise dos mísiles de 1962, son os aspectos máis relevantes do episodio. Pero tamén aparecen aspectos como a loita polos dereitos civís da poboación afroamericana en EE UU.

CAPÍTULO I


CAPÍTULO II


martes, 28 de abril de 2020

1º BACH - A GUERRA FRÍA


Ó rematar a Segunda Guerra Mundial, o mundo estivo dividido en dous bloques antagónicos, que representaban dúas formas opostas de organizar a sociedade: ou bloque capitalista, liderado polos Estados Unidos, e o bloque comunista, dirixido pola URSS.

A este período, coprendido entre 1945 e 1990, coñécese co nomede Guerra Fría. A súa característica principal é a rivalidade entre as dúas superpotencias que venceron na Segunda Guerra Mundial.

A tensión entre a URSS e os EEUU supuxo unha posibilidade apocalíptica: si ambas usaban o seu arsenal atómico, a terra faríase inhabitable, sería a apocalipse, o fin do mundo. Esta situación nunca chegou a facerse efectiva pero viviuse un estado de tensión permanente con numerosas crises e sí se enfrontaron indirectamnte en outros pasíses nos denominados conflitos periféricos como os de Corea, Vietnam, Afganistán, etc...

A continuación descarga o tema coas actividades correspondentes para traballar competencias facendo click AQUÍ

No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación en menos de 10 minutos.



TRABALLO DE COMPETENCIAS:  ELABORACIÓN DUN GLOSARIO. 
Un glosario é unha recompilación de definicións ou explicacións de palabras que versan sobre un mesmo tema, ordenados de forma alfabética.

Despois de ler os apuntes elabora un glosario  cos seguintes conceptos, acontecementos e protagonistas da guerra fría. Se é preciso completa a información en internet a través da páxina https://www.artehistoria.com/

Conceptos: telón de aceiro, OTAN, Pacto de Varsovia, guerras periféricas, disuasión nuclear, CIA, KGB, caza de bruxas, Plan Marshall, Estado do Benestar, perestroica, glásnost, Sputnik, Apolo 11, guerra das galaxias.
Protagonistas: Stalin, Truman, McCarthy, Tito, Yuri Gagarin, Kruschev, Kennedy, Ho Chi Ming, Fidel Castro, Ernesto Che Guevara, Mao Zedong, Ronald Reagan, Gorbachov, Boris Yeltsin.

Acontecementos: Crise dos Misís de Cuba, Guerra de Vietnam, Muro de Berlín (contrucióne caída), Golpe de estado de Chile, Crise da Canle de Suez, Guerra de Afganistán,


DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o mércores 6 de maio