domingo, 17 de marzo de 2024

4º ESO/1º BACH: A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL

Nos comezos do século XX, as rivalidades económicas, coloniais e nacionais entre os Estados europeos conduciron a unha escalada de tensións e unha carreira de armamentos que desembocaron na Primeira Guerra Mundial (1914-1918).

Tratouse dun novo tipo de conflito que implicou países de todo o mundo, mobilizou non só os exércitos senón tamén a poboación civil, e deixou un terrible saldo de mortos e destrución. 

No seguinte enlace poderás visionar a serie documental "LA Primera Guerra Mundial en color" que che permitirá coñecer un pouco mellor a historia deste tráxico conflicto.  Podes acceder ós vídeos premendo AQUÍ



Depois de ver os vídeos fai as seguintes ACTIVIDADES coa axuda do libro.

1.- Cando tivo lugar a Primeira Guerra Mundial? Indica as datas do seu comezo e o seu final.  

2.- Que bloques enfrontáronse no conflito? Que países integraban cada bloque?

3.- Explica as causas da Primeira Guerra Mundial.

4.- Indica as diferentes fases da Primeira Guerra Mundial. Explica brevemente as súas características.

5.- Explica as novidades bélicas que se introduxeron no Na Primeira Guerra Mundial. Valora o seu impacto.  

6.- Por que se di que 1917 é un ano clave no conflito?

7.- Explica as consecuencias que se derivaron da Primeira Guerra Mundial?

8.- Que tratados de paz se asinaron coas potencias derrotadas? Explica algúns dos seus puntos máis destacados.

9.- Define:

A)Káiser

B)Sociedade de Nacións

C) Atentado de saraxevo.

D) 14 puntos de Wilson

2º ESO: TRABALLO DE COMPETENCIAS. TALLER DE VIDRIEIRAS GÓTICAS


A partir de mediados do século XII, a aparición de novas técnicas construtivas permitiron a aparición dun estilo artístico que se coñece co nome de Gótico.

Como xa sabes, as enormes fiestras e rosetóns das igrexas e catedrais  góticas cubríronse con vidreiras de cores. Estas tiñan por obxecto crear espazos iluminados que querían conducir os fieis a un novo ambiente  espiritual.

Na seguinte actividade propoñemosvos construir as voas propias vidrieiras para decorar a clase. 

Os MATERIAIS que precisaredes son os seguintes: 

Cartulina negra tamaño A2
Papel celofán de cores
Pegamento
Tesoiras/cuter

A contiuación deixámosvos uns titoriais para que vos sirvan de guía: 

No seguinte ENLACE podedes ver algúns modelos. Podedes seleccionar o que máis vos guste. Valorarase a  orixinalidade e a dificultade. Para buscar máis exemplos poñedes en google: plantillas de vidrieras góticas.

Data de entrega: Venres 5 de abril.