Mostrando entradas con la etiqueta comentario de texto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comentario de texto. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de abril de 2020

4º ESO - TRABALLO DE COMPETENCIAS: ANÁLISE DUN TEXTO HISTÓRICO

Un texto histórico é un documento escrito que pode proporcionarnos, tras a súa lectura e interpretación, coñecemento sobre un episodio do pasado.

O traballo con este tipo de documentos  permite achegarnos á comprensión dunha época histórica a partir dos elementos proporcionados polo texto. De aí a importancia de situar o documento no seu contexto e desentrañar o que o seu autor dixo, como o dixo, cando, por que e onde, sempre relacionándoo co seu momento histórico.

A continuación propoñemos unha serie de actividades a parr da análise do seguinte texto. 

A TER EN CONTA: é imprescindible relacionar as ideas  que aparecen no texto coa teoría así que revisa o libro e as entradas correspondentes deste Blog. 

“O fascismo nega que o número, polo só feito de ser número poida dirixir as sociedades humanas, nega que este número poida gobernar grazas a unha consulta electoral periódica. Afirma a desigualdade dos homes, que non é posible nivelar grazas a un feito mecánico e exterior como o sufraxio universal. Pódese definir aos réximes democráticos como aqueles que dan ao pobo, de tempo en tempo, a ilusión da soberanía (...). O fascismo rexeita da democracia a absurda mestura convencional de igualdade política (...).
Pola contra, a concepción fascista do Estado abárca todo; fóra del non poden existir, e menos aínda valer, valores humanos e espirituais. Entendido desta maneira, o fascismo é totalitarismo, e o Estado fascista, como síntese e unidade que inclúe todos os valores, interpreta, desenvolve e outorga poder adicional á vida enteira dun pobo (...).
O fascismo, en suma, non é só un lexislador e fundador de institucións, senón un educador e un promotor da vida espiritual. Non tenta meramente remodelar as formas de vida, senón tamén o seu contido, o seu carácter e a súa fe. Para lograr ese propósito impón a disciplina e fai uso da súa autoridade, impregnando a mente e rexendo con imperio indiscutible "

Benito Mussolini. A doutrina do fascismo, 1932.

A) Quen é o autor do texto? -breve explicación da súa biografía-
B) Que opinión ten Mussolini das democracias?
C) Cal era a súa idea do Estado e do goberno? En que se fundamentaba?
D) Como e cando accedeu Mussolni ó poder? Explicacomo tratou ás institucións e partidos democráticos cando ascendeu ao poder.

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) antes do dia 24, indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (4ºA/4ºB) e o nome e apelidos (por esta orde).