Mostrando entradas con la etiqueta megalitismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta megalitismo. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de abril de 2020

1º ESO - TRABALLO DE COMPETENCIAS: ANÁLISE DUN MAPA HISTÓRICO

En Historia usamos frecuentemente os MAPAS HISTÓRICOS. Pero estes moitas veces, son obxectos aos que apenas miramos nin facemos casos cando, en realidade aportan gran cantidade de información.

O obxectivo desta práctica é aprender a a lelos. A extraer información deles. A entender todo aquilo que poidan contarnos.

Para tentar sacar toda a información posible dun mapa histórico debemos seguir coidadosamente unha serie de pasos previos antes de embarcarnos na verdadeira extracción de datos. Estes pasos son:

1.- Ler o título ou pé de ilustración que nos informará do asunto tratado polo mapa. 
2.- Delimitar o espazo físico representado.
3.- Precisar o tempo no que se desenvolven os acontecementos representados. mapa normalmente representará un espazo xeográfico maior que o verdadeiramente implicado, polo que teremos que centrarnos no afectado polos feitos ou fenómenos representados.

Hai que ter presente que un mapa pode ben representar feitos que suceden nun
momento determinado (ano, década, século) ou ben ao longo do tempo (anos, décadas,séculos).

O primeiro, todo mapa histórico abarca un determinado ESPAZO XEOGRÁFICO. Hai que facer referencia aos continentes, países, rexións ou áreas que aparezanrepresentadas; e aos accidentes xeográficos (mares, océanos, ríos, montañas) pero só se afectase o comentario.

En segundo lugar, O TEMPO. A diferenza doutro mapa sobre calquera tema, un mapa histórico introduce unha variable propia, o TEMPO describen aspectos do pasado. Á época á que corresponde o mapa ben pode aparecer no propio mapa ou ben podemos deducilo a partir dos nosos coñecementos sobre o tema.

É importante observar a LENDA, recadro situado nalgúna lateral do mapa que aclara o significado dos símbolos ou cores utilizados no mapa, polo que o seu coñecemento é imprescindible para lelo correctamente.

No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación de como analizar a información dun mapa histórico. 


Tendo en conta a explicación, a continuación imos a facer a ANÁLISE DO SEGUINTE MAPA HISTÓRICO:

Debes indicar os seguintes aspectos: 
A) Tema representado:
B) Espazo xeográfico que representa:
C) Momento histórico (cronoloxía que representa)
D) Descripción da distribución xeográfica dos elementos descritos na lenda (podes ampliar o mapa facendo click sobre a imaxe)

E) Por último, revisa o libro ea entrada correspodente do blog (AQUÍ) e fai unha breve explicación do que foi o megalitismo.

Podes ver un exemplo de mapa comentario facendo click no seguinte LINK

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) antes do dia 24, indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde).

jueves, 26 de marzo de 2020

1º ESO - MEGALITISMO


O térmo megalitismo procede das palabras gregas mega (μεγας) grande y lithos (λιθος). Os megalitos  eran construcións feitas con grandes lousas de pedra que proliferan pola europa atlantica a partir do V milenio a.C. e perviven   durante case tres mil anos.


TIPOLOXÍAS E FUNCIÓNS 

Menhir

É unha gran pedra chantada verticalmente sobre o solo.
Crese que os menhires podían ser conmemorativos ou unha marca territorial.

Dolmen

Baixo o nome de dolmen agrúpase unha gran diversidade de monumentos caracterizados por ter unha cámara formada por grandes pedras verticais que sosteñen unhas lousas que o cobren.
Algúns posúen unha única cámara, e outros, un corredor que desemboca nunha cámara.
É posible que todos estivesen cubertos e protexidos por montículos de pedras e area chamdos túmulos. 

Crómlech

Está formado por un conxunto de pedras verticais e lousas horizontais dispostas formando un círculo.
Todo parece indicar que sería lugares cerimoniais ou rituais relacionados con algún culto agrario ou solar.


Construción
As sociedades que construíron estes monumentos debían ser capaces de organizar o traballo de forma colectiva e de desenvolver complexos sistemas de construción. 
roceso construtivo dun megalito comezaba na canteira onde se extraían os grandes bloques de pedra. De alí transportábanse (1) sobre troncos e ramas ata o lugar elixido. Neste lugar deixábanse caer os bloques verticais nun estreito foxo previamente escavado (2) e despois axustábanse ata deixalos en posición vertical, tras o cal enchíase o foxo para fixalos firmemente. No caso dos menhires o proceso quedaba terminado, pero para a erección dun dolmen continuábase coa tarefa máis difícil, consistente en colocar o bloque ou bloques horizontais. Para iso facíanse terrapléns a ambos os dous lados dos ortostatos, ata alcanzar a mesma altura que estes. A través destes terrapléns transportábase o bloque horizontal (3) ata deixalo colocado correctamente, tras o cal cubríase todo de terra, dando lugar ao túmulo (4)
SABÍAS QUE.... no concello de Xinzo hai un menhir, a pedra alta (anta ou antela) que lle deu o nome á lagoa. Podes ler máis información facendo click no seguinte LINK

ACTIVIDADES
Despois de ler o a publicación e revisar o libro de texto (pax.166-167 e pax. 173 fai as actividades) responde as seguintes preguntas:
A) Qué eran os megalitos?
B) Que tipoloxías existán? Explica a función de cada unha delas.
C) Existe algún monumento megalítico preto do lugar no que vives? Explica de que tipo é.