Mostrando entradas con la etiqueta 2º BACH. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º BACH. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de septiembre de 2024

2 BACH. ARTE: diccionario de termos de arte ilustrado (galego)


No seguinte link podes acceder a á un diccionario de termos artísticos ilustrado en galego, adaptado ós novos criterios establecidos para as novas probas de acceso á universidade.   

Podes consultalo e descargalo, facendo click AQUÍ

2 BACH: CIUG ABAU 2025

 




A Comisión interunicersitaria de Galicia acaba de facer públicos, a relación de contidos examinables,  os modelos de examen  e os criterios de avaliación das novas probas de acceso á universidade (PAU). 

Podes comsultalos facendo click nos seguintes enlaces: 



miércoles, 21 de abril de 2021

CONECTA ARTE ANTIQUÍA: MUSAS E ARTISTAS


As alumnas de Hitoria da Arte do segundo curso de bacharelato, puxeron o seu gran de area para o Conecta Arte Antioquía con once imitacións de cuadros célebres nas que elas mesmas se converteron obras de arte.   O resultado foi sinxelamente espectacular. Parabéns a todas!!!

Podedes ler o reportaxe que publicaron hoxe no diario La Región facendo click neste LINK. 

A continuación podedes ver as fotos da exposición: 












miércoles, 17 de febrero de 2021

2º BAH (H. ESPAÑA/ARTE): O GUERNICA


O 26 de abril de 1937, bombardeiros e cazas da Lexión Cóndor alemá e algúns italianos, ó servizo do bando "nacional", atacaron durante tres horas a cidade vasca de Guernica. A vila non era un obxectivo militar e carecía de defensas antiaéreas polo que a destrución foi máxima. A única intención do ataque foi sementar o terror entre a poboación civil.

Aquela matanza impactou en Picasso e serviulle de punto de partida para executar este gran lenzo no que converte o feito en símbolo da violencia, a destrución e a dor. 

O seguinte vídeo axudarache a entender mellor o seu significado. 



domingo, 31 de enero de 2021

2º BACH (HISTORIA DE ESPAÑA): A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA

 

Iniciamos tema:
A guerra civil xullo1936- abril 1939

Apoiarémonosmos nos documentos de Dplay : España Dividida   3 episodios.
Tamen  aportaremos cos documentais de Memoria de España e La guerra civil española (Hugh Thomas e Javier Tusell)

Guíon: 

As dúbidas de Casares Quiroga

O alzamento en Ceuta e Melilla. A Armada queda neutralizada e van ser os  avións alemáns os que transportan á tropa de África.

Queipo de Llano sublevase en Sevilla.

O Carlismo tamén toma Navarra con Emilio Mola á fronte.

Martínez Barrio dimite. Giral, presidente do goberno.

En Barcelona a CNT toma o control.  O golpista Goded é detido e fusilado. Hai moita tensión entre anarquistas e comunistas. 

Franco vai insistir no apoio de Hitler e Musolini. Na conferencia de Londres, as potencias europeas diciden non intervir. Francia e UK, abandonan á República. Só a Unión Soviética accedera a axudar. 

O golpe fracasou, xa que Barcelona Madrid, Bilbao Valencia... permanecen fieis ao goberno. Tamén a Armada e a  aviación...Pero unha longa guerra está en camiño

Como apoio podedes ver os seguintes vídeos: 





jueves, 28 de enero de 2021

2ª BACH (ARTE): O PÓRTICO DA GLORIA DA CATEDRAL DE SANTIAGO

Entre o ano 1168 e o 1188, en que se colocan os linteis, realízase na fachada occidental o Pórtico da Gloria, que formaba parte da fachada occidental realizada polo mestre Mateo, e os colaboradores do seu obradoiro. No seguinte vídeo podes ver unha pormenorizada análise histórico-artística. 

´
Se queres acceder a máis información a cerca da catedral de santiago fai click AQUÍ

lunes, 18 de enero de 2021

2º BACH (Xeografía): Globalización



Nun mundo tan interdependente e globalizado, a economía e a sociedade española están cada vez máis vinculadas ás ploíticas internacionais. No presente tema abordaremos as relacións de España con outros estados tanto na Unión Europea como a niovel mundial.

No seguinte documento podes ver unha análise en profundidades sobre os efectos da globalización na economía. Podes descargar o documento facendo click AQUÍ


jueves, 14 de enero de 2021

2º BACH (ARTE): A CATEDRAL DE SANTIAGO

O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago, no primeiro terzo do século IX, significou o comezo dunha fabulosa epopea realizada por milleiros de persoas. "O Templo das Estrelas" propón unha apaixonante viaxe a través da historia desta fascinante creación arquitectónica e artística, coas sorprendentes peripecias e anécdotas daqueles que a fixeron posible.

miércoles, 16 de diciembre de 2020

miércoles, 2 de diciembre de 2020

2º BACH (Historia de España): Reinado de Alfonso XII e a rexencia de María Cristina (1875-1898)



Documental da série "Memoria de España" sobre o Reinado de Alfonso XII e a rexencia de María Cristina (1875-1898) 

Vocabulario: 

-Encasillado
-Cantonalismo
-pucherazo
-caciquismo
-sistema de quenda
-Ludismo

lunes, 29 de junio de 2020

2º BACH - O GOLPE DE ESTADO DO 23 F


O 23 de Febreiro de 1981 ocorreu un suceso que marcará o desenvolvemento da Transición no estado español.  Un aparente golpe de estado, co secostro do congreso dos deputados por parte dun grupo da garda civil dirixido polo franquista Antonio Tejero. 

Este tipo de acontecimentos cómpre visualizalos con distancia:

- Conversas dos protagonistas. 
- Eliminación de censuras. 
- Fugas de información. 
- Investigación periodística. 

Son tres variables esenciais na procura da verdade. 

Na versión oficial, fálase da rebelión dalgúns militares nostálxicos do franquismo, que foi sofocada pola intervención da coroa. Outra versión, apunta a un teatro preparado polas altas instancias do estado, casa real incluída, para dar un golpe de timón e reiniciar a Transición. A situación, naquela altura, era moi delicada en catro frontes:

  - Presión do nacionalismo catalán-vasco
  - Malestar do exército pola legalización do comunismo 
  - crise económica e laboral
  - ETA e GRAPO

A Roma imperial xa apuntaba que nun acontecemento capital, hai que ollar quén se aproveita, para pescudar a verdade. E houbo un claro "heroe" neste sainete… J. Carlos. I

Segue a haber documentos clasificados e algunhas incógnitas que vanse aclarando co paso do tempo. 

Aquí amósase dúas reportaxes con diferentes puntos de vista do sucedido. Vosas son as conclusións



martes, 9 de junio de 2020

2º BACH - HISTORIA DOS BORBÓNS



Unha breve historia dos borbóns en España dende 1700 ata a actualidade.

Para ver o documental fai click no seguinte LINK

domingo, 17 de mayo de 2020

2º BACH - A TRANSICIÓN III: AS ELECCIÓNS DE 1977


O 15 de xuño de 1977, despois de máis de 40 anos de ditadura, celebráronse as eleccións sen ningún incidente e cunha participación moi alta, próxima ao 80% do censo. A vitoria foi para a Unión do Centro Democrático dirixida por Adolfo Suárez, que logrou ser a primeira forza política a nivel nacional a pesar de non lograr unha maioría absoluta no Congreso dos Deputados, xa que obtivo o 34% dos votos e 165 escanos. : Carecían de 11 parlamentarios exactos para obter a maioría.


O segundo gañador do día foi o PSOE, que se converteu no partido hexemónico da esquerda, obtendo o 29,3% dos votos e 118 deputados, desprazando en boa medida o PCE, que obtivo o 9,4% dos votou e quedou en 20 deputados.  Niguén esperaba que o Partido Comunista, líder absoluto na loita antifranquista, tivera tan poucos votos nesta primeira cita coas furnas. Pola súa banda o Partido Socialista dun descoñecido, ata agora, Felipe González acadou o apoio maioritario da esquerda. Os medios de comunicación e as inxentes achegas de cartos de Alemaña e USA, fixeron posíbel o milagro. . Os medios de comunicación e as inxentes achegas de cartos de Alemaña e USA, fixeron posíbel o milagro. 

O escollo do PCE eliminou completamente a posibilidade de que o comunismo en España tivese a importancia que o PCI ou o PCF tiveron en Italia e Francia, respectivamente. Tamén se eliminou o Partido Popular Socialista (PSP) de Enrique Tierno Galván, que asistiu ás eleccións xunto con varias pequenas organizacións que formaran parte da Federación de Partidos Socialistas co nome de "Unidade Socialista". A pesar desta coalición, o PSP só obtivo seis deputados e o 4% dos votos.

O outro dos grandes derrotados nas eleccións, xunto co PCE, foi a Alianza Popular (AP) de Manuel Fraga, que só obtivo o 8,3% dos votos e 16 deputados -13 dos cales foron ministros con Franco. Fraga non logrou rendibilizar o franquismo sociolóxico, nin tampouco os antigos abertistas franquistas que acudiron en boa medida ao partido do goberno, é dicir, á UCD.

Pero o maior contratempo sufriuno a Federación de Democracia Cristiá liderada por Joaquín Ruiz Giménez e José María Gil Robles, líder da CEDA durante a Segunda República, que, con toda probabilidade, non obtivo ningún deputado, a pesar de que a coalición obtivo 215.841 votos (1,18%). O partido de Ruiz-Giménez, esquerda democrática (ID), logrou entrar no Senado con cinco escanos, aínda que este fracaso eliminou practicamente aos cristiáns demócratas da vida política española.

Por outra banda, nin a extrema dereita nin a extrema esquerda conseguiron obter representación parlamentaria. A extrema dereita presentouse ás eleccións moi desunidas e fortemente opostas entre si. O antigo tradicionalista e JONS español Phalanx fora sucedido por numerosas organizacións que afirmaban ser o sucesor do antigo "Movemento Nacional". Como consecuencia desta división, ningunha formación de extrema dereita obtivo asento. O ex-xerarquista franquista Raimundo Fernández-Cuesta liderou a Alianza Nacional o 18 de xullo formada por varios grupos e partidos de extrema dereita, pero con 67.336 votos (0,37%) tampouco conseguiu representación parlamentaria.

Tamén foi significativo que ningún dos partidos tradicionais republicanos nin os seus herdeiros (Izquierda Republicana ou Acción Republicana Democrática Española) puidesen participar directamente nestas eleccións, xa que non foron legalizados polo Ministerio do Interior ata uns meses despois das eleccións. O histórico Partido Carlista levou a Carlos Hugo tampouco a asistir ás eleccións porque non estaba autorizado, aínda que tamén foi legalizado meses despois.

Despois das eleccións, elaborouse un sistema de partidos chamado "bipartidismo imperfecto", onde dous grandes partidos ou coalicións (UCD e PSOE), situados cara ao "centro" político, recadaron o 63% dos votos e repartiron máis. O 80% dos escanos (283 sobre 350), e outros dous partidos ou coalicións situáronse, con moito menos apoio, nos extremos: AP á dereita e PCE á esquerda. A excepción ao bipartidismo imperfecto foi o País Vasco, onde o Partido Nacionalista Vasco gañou 8 escanos e a coalición Euskadiko Ezkerra 1, e Cataluña onde o Pacte Democrático por Catalunya liderado por Jordi Pujol gañou 11 e a coalición Esquerra de Catalunya 1.




miércoles, 13 de mayo de 2020

2º BACH (HISTORIA DE ESPAÑA) - A TRANSICIÓN II


O 14 de outubro de 1977 o Congreso aprobou a coñecida como Lei de Amnistía. Inicialmente a Lei pretendía vaciar as cárceres de presos políticos que tiñan exercido oposición contra o franquismo.

Sen embargo, anos máis tarde, a norma converteuse nun "escudo franquista" que aproveitaron os poderes do Estado para rexeitar calquera petición de Xustiza por parte das vítimas. O exemplo máis evidente é sentenza de 2012 do Tribunal Supremo que rexeita a posibilidade de investigar en sede xudicial española os crimes do franquismo e cualificaba dita Lei como “alicerce básico e insubstituíble da transición española”.

"El Silencio de los Otros" é un documental dirixido por Almudena Carracedo, gañador de un premio Goya, que revela a loita silenciada das vítimas do longo réxime de Francisco Franco, que continúan buscando xustiza ata hoxe en día.


Podes ver o fllm completo facendo click no seguinte LINK

lunes, 11 de mayo de 2020

2º BACH (ARTE) - ARQUITECTURA DO S. XX (O MOVEMENTO MODERNO)


No século XX lévase a cabo unha revisión do verdadeiro significado da arquitectura. A concepción da obra cambia e xurde unha nova estética que radica na función. Se o edificio está harmoniosamente distribuído no seu interior, se está integrado na contorna, se resulta grata a súa habitabilidade, o edificio é belo.

Desligados do compromiso do pasado, os arquitectos deste século manexan os volumes e os espazos con criterios absolutamente distintos produto dos novos medio técnicos e materiais: o ferro e o vidro , formigón armado e aceiro usaranse de xeito sistemático, fabricados en serie. O resultado serán edificios con vastos espazos internos, funcionais, baseados na simplicidade, nas liñas xeométricas e na planta libre; ademais terase en conta a vinculación do edificio ao espazo que o rodea.

Xorden agora como edificios representativos, á par que a tradicional arquitectura de poder (templos, pazos...) novas tipoloxías, adaptadas á novas necesidades sociais: vivendas unifamiliares, vivendas colectivas, fábricas, museos...

A comezos do século XX perviven a Arquitectura Ecléctica e o Modernismo en Europa, e en Estados Unidos mantense a influencia da Escola de Chicago. Paralelamente xorden as novas propostas do Funcionalismo, cunha base racionalista, que exercerán a Bauhaus e Le Corbusier, e o Organicismo, herdeiro tanto da Escola de Chicago coma do funcionalismo. Ámbalas dúas tendencias conforman o chamado Movemento Moderno.

O Funcionalismo.
É a corrente arquitectónica máis importante da primeira metade do século XX. En parte, supón unha reacción contra o exceso ornamental do Modernismo, e o Eclecticismo, propoñendo supeditar a forma á función.

A semente  do funcionalismo atopámola a finais do século XIX na Escola de Chicago e na tipoloxía do rañaceos, pero tamén en experiencia de arquitectos europeos que rexeitan aornamentación formal e calquera tipo de elemento non estrutural, e propoñendo o uso dos novos materiais como por exemplo  Adolf Loos (“O ornamento é delito”).

Os principios formais desta arquitectura son os seguintes:
-Innovación nos materiais: uso do formigón armado, que abre novas posibilidades construtivas, e materiais modernos coma o vidro e o aceiro.
-Os muros non teñen función de soporte, o que permite abrir grandes vans e orixina muros-cortina.
-Utiliza como soportes piares de formigón, con armazón interno de aceiro.
-As cubertas son alinteladas, con vigas ou pranchas de formigón apoiadas directamente nos soportes.
-Ausencia de decoración
-Preocupación pola proporción.
-Espazos asimétricos, cunha clara influencia do cubismo e a abstracción, definindo formas sinxelas e xeométricas.
-Concepción nova dos espazos internos, adaptados á función dos recintos, que é posible grazas á planta libre.
-Exteriores baseados en composicións ortogonais, con remates a xeito de terraza...que difiren da arquitectura tradicional.

Le Corbusier foi o principal representante do funcionalismo, e as súas concepcións arquitectónica e urbanísticas  seguen vixentes nas formas construtivas de moitas cidades actuais. Influído pola estética cubista, é partidario de volumes nítidos e cúbicos e espazos continuos nos que o edificio se integra no espazo que o rodea. Os fíos condutores da súa arquitectura veñen definidos no seu ensaio Os cinco puntos da Arquitectura ( 1927):
a) Emprego de pilotes, piares de formigón apoiados no chan que soportan o peso do edificio mentres o elevan ao nivel do primeiro piso, liberando así os baixos do edificio.
b) Teito-xardín plano, con usos recreativos e sociais.
c) Planta libre: a ausencia de muros de carga, xa que agora as paredes serven de peche ou abertura, pero non de soporte, reducen os muros a simples pantallas sen función estrutural polo que cada piso se distribuirá de maneira independente aos outros, seguindo criterios funcionais, e espazos lixeiros e flexibles.
d) Fiestras ao longo da fachada (horizontais), que facilitan a iluminación do espazo interior
e) Fachada libre  entre as súa obras máis salientables atópase Villa Saboia (na imaxe)

A Bauhaus
Bauhaus é o nome dunha escola de Deseño, arquitectura e industria fundada no 1919 por Walter Gropius en Weimar (Alemaña), e que se mantén ata a subida do nacionalsocialismo ao poder. A súa principal achega radica nos proxectos arquitectónicos e tamén nunha corrente de estética e deseño funcionalista, na que prima a funcioanlidade.

Ademais de Gropius, dentro desta escola destaca a figura de Mies van der Rohe, que dirixirá a Bauhaus de 1930 a 1933. A súa obra caracterízase pola simplicidade e claridade formal, e pola atención ás proporcións. En 1929 realiza o Pavillón de Alemaña para a Exposición Internacional de Barcelona. A partir de 1938 traballará en Chicago, xerando o segundo renacemento arquitectónico desta cidade.

A corrente orgánica
A arquitectura orgánica é unha tendencia dentro do Movemento Moderno, e comparte con el as súas características esenciais, ás que engade a busca da humanización da arquitectura empregando formas máis orgánicas e integrando os edificios na naturezaque os rodea. Esta concepción arquitectónica foi creada por Frank Lloyd Wright, arquitecto estadounidense formado na Escola de Chicago; dende 1910 desenvolve un estilo maduro, influenciado pola arquitectura xaponesa e a arquitectura maia que espertan o seu interese polas relacións entre arquitectura e natureza.

Nos seus inicios realiza vivendas unifamiliares coñecidas como as “casas da pradería” en Chicago, concibidas como estruturas organizadas en torno a un núcleo central , e cuxa planta libre lle permite despregar o edificio cara a fóra, crecendo coma un ser vivo. Xoga con terrazas en distintos niveis, xanelas corridas en sentido horizontal e planos perpendiculares. A súa obra máis representativa a Casa da Fervenza (na imaxa), onde aproveita ao máximo as posibilidades de integración entre arquitectura e paisaxe.

No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación, en menos de 5 minutos, do movemento moderno. 





sábado, 9 de mayo de 2020

2º BACH (HSITORIA DE ESPÑAÑ) - A TRANSICIÓN II



A serie "la línea invisible" relata en 6 episodios os inicions e a fundación de ETA que da os seus primeiros paso na década dos 60 como escisión das xuventudes do PNV. Era a resposta violenta á violencia das torutras franquistas contra a xuventude euskalduna, chea de arelas  revolucionarias durante esta década. 

A organzación vai ser protagonista da vida pública vasca e española durante 5 décadas, e como non, protagonista da tranasicon. 

Podes ler máis información facendo click no seguinte LINK

jueves, 7 de mayo de 2020

2º BACH (ARTE) - MARCEL DUCHAMP E O DADAISMO


O Dadaísmo xorde coma un movemento nihilista, como unha contestación total de todos os valores, incluído a arte mesma. Aparece case ao mesmo tempo, en 1916, en Nova York (Duchamp e Picabia) e Zúric ¡ e esténdese pouco despois a Berlín (Max Ernst). O caldo de cultivo do que xurdiu Dadá foi o desenvolvemento da I Guerra Mundial, que puxo en crise toda a cultura internacional.

Os dadaístas cuestionarán o valor da obra de arte realizando unha práctica artística antiartística, que buscará a polémica a ironía e a provocación coa fin de desmitificar todos os valores establecidos; na medida en que a arte carece de valor, calquera manifestación pode ser considerada arte.

Así pois non pretende instaurar unha nova relación entre a arte e o mundo, senón que pretende demostrar a imposibilidade e a non vontade de calquera relación entre a arte e a sociedade. A nivel formal, como consecuencia do anterior, se aceptarán tódalas técnicas e medios expresivos: O collage, a fotomontaxe ous os“Ready-made”.

 En 1918 Francis Picabia, un pintor francés, refuxiado en Suíza epublica o Manifesto Dada  no que expoñían as súas ideas sobre a arte

Marcel Duchamp é un dos pioneiros do Dadaísmo e a súa figura máis relevante. En 1913 ideou os ready made ou obxectos prefabricados (esculturas realizadas con obxectos xa existentes, vulgares), coas que quería pór fin ao desexo de crear obras de arte; ao escoller un obxecto no que o artista non interveu na súa realización, un obxecto corrente, fabricado en serie, o acto convertíase en algo premeditadamente desmitificador das categorías estéticas que pesaban sobre calquera obra de arte. Á "Roda de bicicleta" seguiron outros ready made, como  o urinario titulado "A Fonte" (na imaxe). En 1923 a súa obra mestra "Gran vidro" que constitúe unha das pezas máis enigmáticas do autor e de todo a arte contemporánea; realizada en pintura e arame sobre vidro, foi recibida con entusiasmo por parte dos surrealistas.

No sguinte vídeo podes ver unha breve explicación do dadaísmo: 


martes, 5 de mayo de 2020

2º BACH (ARTE) - O SURREALISMO


O Surrealismo naceu coma movemento literario en Francia encabezado por André Breton. No ano 1924 publicouse o "primeiro manifesto surreialista", un ano despois expúñanse as primeiras pinturas surrealistas. 

A pintura surrealista ten precedentes no mundo do Bosco, ou nos gravados de Goya, pero as súas influencias inmediatas proceden da arte dadá, da pintura  Chirico e da psicanálise de Freud.

O surrealismo tratará de plasmar o mundo do subconsciente, do onírico, o máxico e o absurdo, sen que interveña a razón para filtralo; desta maneira os soños colócanse no mesmo plano que a realidade e o cotián.

Atendendo a aspectos formais, no surrealismo desenvólvense dúas tendencias:

- A obra de pintores como  Miró, que presenta formas inventadas, dispostas en espazos imaxinarios, moi preto á abstracción
- A tendencia figurativa de Dalí ou Magritte, con formas académicas no que o inquietante e o onírico se manifesta a través da asociación absurda de obxectos e figuras.

JOAN MIRÓ 

O catalán Joan Miró desenvolve unha poética persoal baseada na creación de elementos figurativos propios, coloristas e con trazos inxenuos,que establecen relacións internas dentro da obra en composicións moi sinxelas, con poucos elementos, formas esquemáticas, tintas planas e ausencia de referentes espaciais. 



SALVADOR DALÍ 

Salvador Dalí é un dos autores clave do surrealismo figurativo. A súa pintura presenta unha técnica moi depurada, na que as figuras, realistas, case fotográficas, aparecen desprovistas do seu significado habitual; moitas das súas obras teñen un forte carácter provocativo. Desenvolve o método que el mesmo define coma crítico-paranoico, no que representa obxectos e persoas en asociacións insólitas, descontextualizadas, e sobre grandes espazos baleiros de atmosferas oníricas. Cadros coma A persistencia da memoria de 1931, exemplifican este proceso. Os temas xiran arredor das súas fobias e obsesións, polo que se repiten as referencias ao corporal, aos fluídos, á descomposición orgánica... Inclúe normalmente temas pictóricos, e certos motivos aparecen de maneira reiterada, dotados dun forte valor simbólico: reloxos, saltóns... Gala, a súa muller, tamén será representada en múltiples obras.


No sguinte vídeo podes ver unha breve explicación do surrealismo: 


lunes, 4 de mayo de 2020

2º BACH/ 1º BACH/ 4º ESO/ ESA - O ÚLTIMO SUPERVIVINTE DE MATHAUSSEN

Aproximadamente 9.000 cidadáns españois exiliados da guerra civil estiveron en campos de concentración nazis. A maior parte deles estiveron recluídos en Mathaussen onde  4.427 deles foron asasinados. 

No seguinte artigo podes ler a testemuña de Juan Romero, que con 101 anos é o último supervivinte español daquela barbarie. 

Podes ler a entrevista completa facenco click AQUÍ