Mostrando entradas con la etiqueta impresionismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta impresionismo. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de abril de 2020

2º BACH (ARTE) - IMPRESIONISMO II: MANET E MONET


Resulta difícil situar a obra de EDOUARD MANET (1832-1883). Se ben é certo que introduciu grandes novidades técnicas e temáticas nos seus lenzos que o sitúan como precursor do Impresionismo, todo o seu desexo foi triunfar no Salón de París, o lugar oficial do momento. Tal vez este debate proporcione maior encanto aos seus cadros, ao non saber con certeza onde situarnos, se ante un realista recoñecido ou ante un impresionista por recoñecer.

Manet nace en París o 23 de xaneiro de 1832 no seo dunha familia burguesa. Afeccionado ao debuxo e aos museos, Manet acabou enfrontándose co seu pai que desexaba para o seu fillo a carreira de avogado ou de mariño. A pesar das reticiencias da súa familia Manetre comeza a recibir clases de pintura. ESta formación completábase con frecuentes visitas aos museos, onde Manet sentirá gran atracción pola pintura española e pola escola veneciana do Renacemento. Delacroix e Rembrandt serán dous pintores tamén admirados polo novo artista.

No ano 1863, Manet intenta presentar ó salón de parís (no que xa fora rexeitado en varias ocasións) a súa obra máis controvertida: Almorzo na herba que representaba a unha muller espida desprovista de calquera sentido mitolóxico. O cuadro foi novamente rexeitado e censurado pola crítica, a pesar de recibir fortes loubanzas dos artistas novos, que sentiron francamente atraídos pola obra.

A pesar dos sucesivos fracasos, o desexo de triunfo no Salón lévalle a presentar anualmente varias obras que son rexeitadas sistematicamente. Así e todo Manet continuou sendo un pintor independente que se interesaba polas esceas cotias da vida contemporánea ata a súa morte no ano 1883.



Manet presentou numerosas innovacións coas que se enfrontou á arte académica e dispuxo aos novos artistas para que continuasen nesa liña. A súa pintura construida a partir de grandes manchas de cor e volumes aplanadas que minguaban os efectos de modelado e claroscuro levano a ser considerado o precursor da obra de Manet, Renoir Degas e compañía, se ben a súa produción sempre estivo a medio camiño entre o Realismo e o Impresionismo.

No seguinte vídeo podes ver o comentario do almorzo campestre:




O máis importante e obstinado representante do Impresionismo é, sen dúbida, CALUDE MONET (1840-1926). Nacido en novembro de 1840, despois da súa etapa de formación no estudo de Charles Gleyreno, no ano1862 entra en contacto con Renoir, Sisley e Bazille. cos que comeza a practicar á pintura ao aire libre no bosque de Fontainebleau.

A incompresión dos medios oficiais polas súas obras, lévaos a crear unha asociación de artistas independentes e a organizar unha exposición na que presentar os seus traballos. Así, o 15 de abril de 1874 inauguraban a primeira mostra nas salas do fotógrafo Nadar, participando, entre outros, Cèzanne, Renoir, Sisley, Gautier, Pissarro, e Berthe Morisot. O grupo recibirá de maneira irónica e despectiva o nome de impresionistas debido ao título dunha obra de Monet. Os impresionistas realizarían sete exposicións máis das que Monet participará en cinco.

A pintura de Monet é a más pura e caracteristicamente impresionista. Adicado ó paixsaxe case exclusivamente, investiga os efectos lumínicos cambiantes e efímeros na natureza. En cuadros como "impresión, amencer" usa unha técnica rápida de pinceladas breves e emprega cores vivas. A teima de pintar o mesmo motivo a distintas horas do día lévano a facer series tan famosas como "a catedral de Rouen" ou "os nenufares" que repite en numerosas ocasións ata o final dos seus días nunha disolución de formas que parece anunciar a abstracción.

No seguinte vídeo podes ver o comentario de Impresión, amencer:

2º BACH (ARTE) - O IMPRESIONISMO I



Impresionismo  é o nome co que se designa  a un movemento pictórico  xurdido en  París no último térzo do S. XIX, cando un grupo de artistas inconformistas, cansos de ser rexeitados  polo “salón”, decidiron organizar unha exposición independente no ano 1874. Desa primeira mostra, na que están presentes Monet, Manet, Renoir e Degas, entre outros, acúñase o nome do movemento, curiosamente cando un xornalista o emprega de xeito despectivo para referirse ó aspecto inacabado do cuadro de Monet “Impresión. Amencer”.  

A pintura impresionista nace como unha evolución sen concesións do Realismo e da Escola paisaxística francesa de finais do século XIX.

O  estilo non deixa de plasmar as transformacións sociais e políticas da súa época:

Por unha banda, o florecemento da burguesía  como novo  grupo social emerxente que trae os seus propios usos e costumes: uns afectan o campo, que deixa de ser un lugar de traballo para converterse nun lugar de lecer. Estas son as excursións campestres retratadas por Monet e Renoir. A cidade, pola contra, convértese nun espazo para a nova clase social: aparecen os flanneurs, paseantes ociosos que  asisten a concertos nos boulevards e os xardíns de París. Tamén cobra relevancia a noite e os seus habitantes, os locais nocturnos, as cantantes de cabaret, o ballet, os cafés, etc. É un mundo fascinante, do cal os impresionistas extraen os seus temas, en especial Degas e Toulouse-Lautrec. Porque para eles termináronse os temas grandiosos do pasado. Por último, a industrilización e os seus efectos foi obxecto da obra de Monet en taboas como “ a estación de san lázaro” ou “impresión amencer” na que se amosan as atmósferas vaporosas das estacións de ferrocaril e os portos.

Precisamente as innovacións da industria, proporcionan ós artistas variados pigmentos e clases de pinturas que agora os pintores xa non teñen que preparar no seu estudo e bríndalle posibilidade (grazas a invención do óleo en tubo) de pintar ao aire libre que revela unha nova realidade, unha realidade chea de luz, grazas a cuxa proxección é posible a cor. 

As principais características da súa pintura  pódense resumir do seguinte xeito:

1)Preferencia pola pintura ao aire libre: Se exceptuamos a Degas e a Toulouse-Lautrec, que non pertence propiamente ao movemento, os impresionistas manifestan unha calase paixón pola natureza e pola pintura de plein air (aire libre) aspecto co que coinciden con outros movementos do século XIX (Romanticismo, Escola de Barbizon etc).

 2)Importancia da luz: As investigacións dos impresionistas sobre a cor lévanlles a abandonar o negro -que non existe na natureza- utillizando unha paleta clara e luminosa (rosas, brancos, azuis, rosas...) mesmo para as sombras. Posteriormente chegarán ao convencemento de que a cor non existe como tal senón que o importante é a interacción aire-luz. A súa obsesión é entón captar a luz real, a luz é o verdadeiro tema do cadro e non os obxectos.

3)Renovación temática: fronte á preocupación social dos realistas, o Impresionismo valora o banal, o cotián. Paisaxes, vistas urbanas, bailes, ballets, carreiras de cabalos... son os temas predilectos. En xeral abandónase todo compoñente literario, toda historia. Os cadros impresionistas non contan nada, limítanse a representar "o que está aí"

4)Teoría das cores: Os descubrimentos dos físicos Rood e Chevreul sobre a luz e a cor serán aplicados á pintura polos impresionistas que traballan a base de cores primarias e complementarias pero sen mesturalos na paleta. O pintor dispón sobre o lenzo as pinceladas e deixa que sexa o ollo do espectador o que as mesture e "reconstrúa" a luz.

5)Técnica: A técnica dos impresionistas caracterízase polas súas soltura e lixeireza, converténdose en técnica final o que antes se consideraba bosquexo. Nisto inspíranse na técnica de grandes mestres históricos ( Tizano, Velázquez, Rembrandt, Goya) en cuxas etapas de madurez aparece con frecuencia a factura lixeira e abocetada característica do impresionismo.

Hai con todo diferenzas entre os distintos pintores; desde a pincelada miúda e construtiva de Pisarro ou Monet ata a alongada e llameante de Van Gogh na súa última etapa, hai todo un mostrario de variantes que dan lugar mesmo a subgrupos dentro do impresionismo (como o " puntilllismo" practicado por Seurat ou Signac).

PRINCIPAIS PINTORES IMPRESIONISTAS

Edouard MANET (1832-1883) De formación tradicional ( viaxa a España e coñece a pintura de Velásquez e Goya) é considerado como precursor do impresionismo , aínda que non participase directamente no grupo. Obras claves: Almorzo na Herba e Olimpia.

Claude MONET (1840-1926); presenta todos os trazos ou características do movemento impresionista ao que se manterá fiel. Temas fundamentais : as paisaxes pintadas ao aire libre (rurais e urbanos). En realidade o seu auténtico tema é observar como a luz provoca cambios na cor e as formas que ás veces parecen case disolverse ( desaparecer . Por iso realiza “ series” que responden o desexo de pintar varias veces o mesmo motivo , pero a diferentes horas do día ou con luces distintas Entre as principais “series” atópanse: Estación de San Lázaro, Catedral de Rouen ou os nenúfares. 

Edgar DEGAS (1834- 1917). Mantén a importancia do debuxo. Prefire situar as escenas en interiores e con luz artificial. As súas composicións buscan captar o movemento . Temas bailarinas e carreiras de cabalo.

Auguste RENOIR ( 1841-1919.) Os seus cadros caracterízanse pola visión optimista e alegre da vida, por este motivo a diferenza doutros impresionistas case sempre está presente a figura humana e os efectos da luz sobre ela. Mestre en utilizar amplamente o contraste entre cores cálidas e fríos cunha técnica de toques Destacan as escenas da vida urbana, como “ Moulin da Galette “ ou os Remeiros.


Bertha MORISSOT (1841-1895) Desenvolveu unha carreira artística profesional durante máis de tres décadas. A súa pintura, moi ligada á súa propia vida e á das persoas que a rodeaban, mostra a súa contorna  cunha gran naturalidade. A pesar de que ata finais do século XX, a historia da arte relegara a súa historia e participación a un segundo plano, ambos o seu talento e habilidade, valéronlle o respecto e recoñecemento públicos dos seus colegas homes contemporáneos, sendo considerada“a gran dama da pintura” do século XIX.

A continuación podes ver un vídeo explicativo. 



A principal colección de obras de pintores impresionistas atópase no museo d'Orsay. Podes ver o seu catálogo facenclo click no LINK