Mostrando entradas con la etiqueta 2º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2º ESO. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de junio de 2024

2º ESO: PERSÉPOLIS


Persépolis é unha película baseada na novela autobiográfica da artista Marjane Satrapi, que viviu a revolución iraniana desde que era nena. Marji farache rir e ás veces farache chorar. 

Tenta ver a película poñéndote na pel do seu protagonista, empapándote das súas emocións e reflexionando sobre as súas vivencias.  

Unha vez  que remates de ver a película , propoñémosche  facer unhas actividades que che permitan  reflexiónar sobre conceptos como a liberdade, a tolerancia, a igualdade ou  o pensamento crítico. Conceptos dos que nunca deberías desprenderte como cidadán. 

Podes descargar o boletín facendo click AQUÍ

lunes, 4 de marzo de 2024

2º ESO: TRABALLO DE COMPETENCIAS. TALLER DE VIDRIEIRAS GÓTICAS


A partir de mediados do século XII, a aparición de novas técnicas construtivas permitiron a aparición dun estilo artístico que se coñece co nome de Gótico.

Como xa sabes, as enormes fiestras e rosetóns das igrexas e catedrais  góticas cubríronse con vidreiras de cores. Estas tiñan por obxecto crear espazos iluminados que querían conducir os fieis a un novo ambiente  espiritual.

Na seguinte actividade propoñemosvos construir as voas propias vidrieiras para decorar a clase. 

Os MATERIAIS que precisaredes son os seguintes: 

Cartulina negra tamaño A2
Papel celofán de cores
Pegamento
Tesoiras/cuter

A contiuación deixámosvos uns titoriais para que vos sirvan de guía: 

No seguinte ENLACE podedes ver algúns modelos. Podedes seleccionar o que máis vos guste. Valorarase a  orixinalidade e a dificultade. Para buscar máis exemplos poñedes en google: plantillas de vidrieras góticas.

Data de entrega: Venres 5 de abril. 

miércoles, 13 de diciembre de 2023

2º ESO: HISTORIA DE GALICIA EN COMIC

As alumnas e alumnos de 2º  de ESO recrearon distintos episodios da historia da Alta Idade Media de Galicia en Comic como a chegado dos vikingos ás costas de Galicia, o descubrimento da tumba do apóstolo Santiago, a fundación do mosteiro de celanova. Este foi o resultado: 





jueves, 30 de noviembre de 2023

2º ESO: PROXECTO HISTORIA DE GALICIA EN COMIC

O presente proxecto pretende afondar no coñecemento da Alta Idade Media en Galicia  a partir de indagación en episodios relevantes da Historia de Galicia.

As alumnas e alumnos deben  recoñecer que, tras a conquista musulmana da Península Ibérica,  os séculos IX e X  foron un período de reordenación social e política, pero  tamén tempos de inseguridade, nos que as costas galegas se ven sometidas a ataques de normandos e sarracenos.

Tamén foi a época en que se fundan numerosos  centros monásticos e tamén se producirá o achado da tumba do Apóstolo Santiago, feito de gran transcendencia na Historia de Galicia.

Cada grupo debe  información dos seguintes episodios e elaborar un comic que reflexe os acontecementos: 

- As tropas musulmás asedian a cidade de Lugo.

- Al Manzor saquea a cidade de Santiago de Compostela.

- Os Vikingos asaltan as costas de Galicia. 

- San Rosendo funda o Mosteiro de Celanova.

- O descubrimento da tumba do apóstolo Santiago

 Podedes ver un exemplo no seguinte LINK

lunes, 16 de octubre de 2023

2º ESO - TRABALLO DE COMPETENCIAS: ANÁLISE DUN MAPA HISTÓRICO

 

En Historia usamos frecuentemente os MAPAS HISTÓRICOS. Pero estes moitas veces, son obxectos aos que apenas miramos nin facemos casos cando, en realidade aportan gran cantidade de información.


O obxectivo desta práctica é aprender a a lelos. A extraer información deles. A entender todo aquilo que poidan contarnos.

Para tentar sacar toda a información posible dun mapa histórico debemos seguir coidadosamente unha serie de pasos previos antes de embarcarnos na verdadeira extracción de datos. Estes pasos son:

1.- Ler o título ou pé de ilustración que nos informará do asunto tratado polo mapa. 
2.- Delimitar o espazo físico representado.
3.- Precisar o tempo no que se desenvolven os acontecementos representados. mapa normalmente representará un espazo xeográfico maior que o verdadeiramente implicado, polo que teremos que centrarnos no afectado polos feitos ou fenómenos representados.

Aspectos a ter en conta: 

O primeiro, todo mapa histórico abarca un determinado ESPAZO XEOGRÁFICO. Hai que facer referencia aos continentes, países, rexións ou áreas que aparezanrepresentadas; e aos accidentes xeográficos (mares, océanos, ríos, montañas) pero só se afectase o comentario.

En segundo lugar, O TEMPO HISTÓRICO REPRESENTADO. A diferenza doutro mapa sobre calquera tema, un mapa histórico introduce unha variable propia, o TEMPO describen aspectos do pasado. Á época á que corresponde o mapa ben pode aparecer no propio mapa ou ben podemos deducilo a partir dos nosos coñecementos sobre o tema.

É importante observar a LENDA, recadro situado nalgúna lateral do mapa que aclara o significado dos símbolos ou cores utilizados no mapa, polo que o seu coñecemento é imprescindible para lelo correctamente

Tendo en conta a explicación, a continuación imos a facer a ANÁLISE DO MAPA  HISTÓRICO da Expansión do Isla
(podes facer click sobre o mapa para ampliar), indicando os seguintes aspectos
A) Tema representado:
B) Espazo xeográfico que representa:
C) Momento histórico (cronoloxía que representa)
D) Finalmente debes explicar as distintas fases da expansión do islam a partir do expresado na lenda. 

Se tes dúbidas, no seguinte vídeo podes ver unha breve explicación de como analizar a información dun mapa histórico. 


a

miércoles, 4 de octubre de 2023

2º ESO: COMPROBA O QUE SABES.... RULETA INICIO DA IDADE MEDIA


Premendo no link podedes acceder á unha ruleta na que poderás comprobar os teus coñecementos a cerca do inicio da Idade Media (reinos xermánicos, Imperio Bizantino e Islam). Animádevos a facelo e comprobar o que sabedes. 

Para acceder só tedes que facer click AQUÍ

jueves, 28 de enero de 2021

ACTIVIDADE DÍA DA PAZ (ALUMNAS E ALUMNOS DE 2º E 3º DA ESO)


Para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia, as alumnas e alumnos de 3º e 2º da ESO levaron a cabo esta actividade, consistente nun abecedario da paz e busca de frases de distintos personaxes, co fin de fomentar a reflexións de todas/os e actitudes favorables ó diálogo e non violencia. 

Este vídeo, coa música de John Lennon de fondo é unha pequena mostra do gran traballo levado a cabo. 

Parabéns a todas e todos!


 

domingo, 24 de enero de 2021

ACTIVIDADE DÍA DA PAZ (ALUMNAS E ALUMNOS DE 2º E 3º DE ESO)



Con motivo da celebración do Día da Paz e Non Violencia, dende o Departamento de Xeografía e Historia, levamos a cabo unha actividade coas alumnas e alumnos de 2º e 3º da ESO, na que puxemos en valor a figura de WANGARI MUTA MAATHAI, primeira muller africana en gañar o Premio Nóbel da Paz, no ano 2004. Ademáis de ser unha activista política, defensora dos dereitos da muller, a súa preocupación polos problemas ecolóxicos, levouna a poñer en marcha unha iniciativa de crear un "Cinturón Verde" en Kenia que se concretou na reforestación deste territorio, con máis de 50 millóns de árbores. 

Tamén fixemos un mural con frases a favor da paz de personaxes que tiveron un papel relevante na defensa dos Dereitos Humanos, como Ghandi, Eleanor Roosvelt, John Lenon, Malla Yousafzai, Dalai Lama, etc... 



domingo, 17 de mayo de 2020

2º ESO - QUÉ É UNHA CIDADE?

Área metropolitana de Nueva York - Wikipedia, la enciclopedia libre


Aínda que a todos parécenos distinguir con claridade cando estamos nunha cidade ou nun medio rural, ás veces non resulta fácil precisar que é unha cidade ou como se define. Hoxe en día non existe un punto claro de ruptura que separe o urbano do rural.

Para definir unha cidade adóitanse empregar distintos criterios:

Criterio cuantitativo. Considérase cidade ao núcleo de poboación que alcanza un número de habitantes. En España, o INE(Instituto Nacional Estadística) sitúa ese número en 10.000 habitantes, é dicir cualifícase como cidade a todo núcleo de poboación que alcance ou supere os 10.000 habitantes. 
Pero este número é variable, por exemplo, en Xapón son 30.000 habitantes, nos Países Baixos 20.000, en Austria 5.000, en Portugal 2.000, en Suecia 200, en Canadá 1000, en EEUU e México 2500... Para a estatística este criterio é o máis fácil de aplicar, pero non separa claramente o urbano e o rural, hai núcleos por baixo dos 10.000 habitantes que tes claros trazos urbanos e outros que superan esa cifra son claramente rurais.
En definitiva, existen "minúsculas cidades" e "pobos enormes"

Criterios cualitativos. Os seus límites son menos precisos, pero poden achegarnos mellor á esencia do urbano:
  • Criterio funcional: na cidade predominan as actividades dos sectores secundario e terciario fronte ao sector primario maioritario no ámbito rural..
  • Criterio sociolóxico. Na cidade predominan as relacións máis impersonales o individualismo, unha sociedade máis heteroxénea, maior estratificación social, un maior control das organizacións de masas....
  • Criterio morfolóxico. Na cidade, hai maior concentración das edificacións, predominio das vivendas colectivas en bloques de pisos, maior altura das edificacións, maior densidade de poboación, rúas máis anchas e longas, menor espazo dedicado a zonas verdes (a natureza está case excluída)....
  • Criterio espacial. A cidade é capaz de organizar un espazo circundante máis ou menos grande dependendo do tamaño da cidade e da variedade e especialización das súas funcións ( hinterland).
  • Outros criterios teñen en conta a maior contaminación nas áreas urbanas, maior densidade de circulación...
Podes ver un video explicativo das cidades AQUI.

ACTIVIDADES:

Tras o visionado do video e a lectura debes realizar as seguintes actividades:
  1. Qué criterios se usan para definir o concepto d cidade? Nomea cada un.
  2. Qué relación existe entre o concepto de cidade e o número de habitantes? Explicao.
  3. Define brevemente os criterios cualitativos que se usan para definir o concepto de cidade.
LEMBRADE ENVIAR AS ACTIVIDADES A susiimoure@gmail.com. 

DATA LIMITE 22 DE MAIO.

domingo, 10 de mayo de 2020

2 ESO - POBOAMENTO URBANO

O HABITAT refírese á forma na que a poboación vive nun territorio. Hai dous tipos de hábitat: o rural (vivir no campo) ou o urbano (vivir na cidade). As diferenzas principais son as seguintes:

HABITAT RURAL
• En zonas rurais (o campo) con vivendas illadas ou localidades de menos de 10.000 habitantes.
• Nas zonas rurais a densidade (concentración) de poboación é baixa.
• O poblamiento (tipos de asentamentos) rural caracterízase por ter unha
morfoloxía (forma) dispersa (vivendas illadas) ou concentrada en pequenos pobos
de forma alongada a partir da rúa principal (agrupamento lineal) ou de forma
circular a partir dunha praza central (agrupamento circular).
• As vivendas son baixas e as rúas estreitas.
• A zona poboada e as vivendas contan espazos agrícolas e gandeiros moi próximos.
• As actividades económicas principais son as agrarias (agricultura e gandería) e os servizos relacionados co transporte (zona de paso) ou co turismo rural.


HABITAT URBANO
• En zonas urbanas en cidades (localidades de máis de 10.000 habitantes en España).
• Nas zonas urbanas a densidade (concentración) de poboación é alta.
• O poblamiento (tipos de asentamentos) urbano caracterízase por ter unha
morfoloxía (forma) dividida en zonas ou barrios diferenciados.
• Os edificios son diferentes en cada barrio, pero en xeral son de varias plantas en rúas anchas.
• A zona poboada está rodeada de zonas industriais ou de lecer.
• As actividades económicas principais son os servizos (comercio e lecer) e as actividades industriais.


ACTIVIDADES:
1. Fai unha breve definición de poboamento rural e de poboamento urbano, fixádote naquelas características que os diferenzan (edificios, actividades económicas..). 
2.Pon varios exemplos de poboamento urbano e rural da nosa Comunidade Autónoma.

LEMBRADE ENVIAR AS ACTIVIDADES A susiimoure@gmail.com. 
DATA LIMITE 18 DE MAIO.

martes, 21 de abril de 2020

2º ESO - ENQUISA POBOACIÓN



Unha enquisa consiste en aplicar un cuestionario a un grupo de persoas para poder obter información sobre un tema.

A información difúndese por medio dun reporte que consta de:
Introdución, que explica para que se fixo a enquisa.
Desenvolvemento, que representa os resultados mediante táboas e gráficas
Conclusións, que resume a información obtida.

Unha enquisa realízase facendo unha serie de preguntas. Estas poden ser:abertas ou pechadas, as preguntas abertas dan a liberdade de dar calquera resposta. As preguntas pechadas contéstanse a partir de varias opcións.
Os resultados dunha enquisa pódense presentar en táboas ou gráficas.
As Táboas axudan a organizar os datos solicitados, as gráficas permiten representar os datos numéricos mediante liñas ou superficies.

                                                     Táboa

Gáfica

Os cuestionarios compóñense de preguntas, que se escriben con signos de interrogación  ao final, nas preguntas úsanse os pronomes interrogativos que? quen? como? onde? cal? cando?

Para presentar as conclusións dunha enquisa, é necesario explicar, comparar e demostrar os datos obtidos. As palabras máis, menos, igual, algúns, outros, tan, que, como e as frases tanto como, mentres que, en cambio, menos que, igual que, máis que, maior que e menor que se usan en repórtelos de enquisas para expresar comparación.

As enquisas poden ser cara a cara, vía telefónica, por correo ou por Internet.

CAL VAI A SER O NOSO TRABALLO?
Imos a facer unha mini enquisa aos nos@s familiares para recabar datos sobre a Taxa de fecundidade e a Idade de maternidade, para ver como a idade de maternidade cada vez se retrasa máis e tamén ver como o número de fillos por parellas cada vez é menor.

Recoméndovos facer a enquisa aos vosos pais, avoas, tías etc. (obviamente via telefónica/correo electrónico). 

A enquisa ven con preguntas abertas, onde cada persoa responderá o que estime oportuno. Nos non imos a realizar nin gráficos nin táboas xa que para iso teríamos que facer moitísimas enquisas en con máis preguntas.
Debedes extraer e explicar as conclusión que sacades tras a realización das enquisas.

Douvos eu a plantilla neste link e dous exemplos de enquisa. Podedes descargala facendo click AQUÍ

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (2ºA/2ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o martes día 28. . 

domingo, 19 de abril de 2020

2º ESO - TRABALLO DE COMPETENCIAS: ANÁLISE DUN MAPA TEMÁTICO

Como xa sabedes, un mapa é a representación da superficie esférica da Terra sobre un plano, a tamaño reducido e de forma simplificada.

Os mapas son nunha ferramenta básica para o estudo xeográfico onde é moi habitual atoparnos con mapas temáticos, representacións dun fenómeno xeográfico concreto: climas da terra, a poboacón mundial, desenvolvemento urbano, etc...

Á hora de analizar un mapa temático debemos realizar os seguintes pasos:

A) Identificar o aspecto xeográfico que representa: Hai que ter en conta o título do mapa
B) Espazo xeográfico ao que se refire : debemos realizar unha localización espacial (se é preciso coas diferenciación de áreas e características de cada unha delas)/delas).
C) A forma de proporcionar a información: Fixarémonos na lenda e nos símbolos e/ou ou información que se recolle (poden aparecer de diferentes xeitos: puntos, liñas, cores, tramas, etc.)

A partir aquí habería que explicar a información que nos traslada, analizando os valores que nos proporcionan, as diferencias e relacións entre distintas zonas do mapa (establecendo agrupacións por comunidades, por puntos cardinales, interior-costa...), causas e consecuencias de dita situación, etc. 

No seguinte vídeo, podes ver unha breve explicación de tres minutos:


ACTIVIDADE:

Elabora unha comentario do mapa da distribución española (ano 2017) indicando:

A) Tipo de mapa
B) Localización (espazo xeográfico que abrangue o mapa)
C) Fenómeno xeográfico representado (explicación neste caso da densidade de poboación) D) Características da súa distribución: diferenzas entre áreas máis e menos poboadas, características de cada unha delas, posibles causas



DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) antes do dia 24, indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (2ºA/2ºB) e o nome e apelidos (por esta orde).