domingo, 31 de mayo de 2020

1º ESO - POBOS PRERROMANOS DA PENÍNSULA IBÉRICA: COLONIZACIÓNS E CULTURA CASTREXA



A disposición xeográfica da Península, entre dous continentes e entre dous mares, converteuna nunha encrucillada de camiños ou lugar de paso para moitos pobos durante a historia. A súa riqueza en metáis propiciou a chegada de numerosos pobos ó longo da primeira metade do I milenio a. C.


Os fenicios establecéronse sobre todo pola costa andaluza. Fundaron Eivissa (Ibiza), Gadir (Cádiz) ou Malaca(Málaga) entre outras. Trouxeron a escritura á Península.

Os gregos estableceron numeroas colonias pola costa catalá e valenciana ( Rhode, Emporion, Sagunto, Hemeroskopeion). Contan os seus historiadores que o reino íbero máis importante era o reino de tartesos, situado no val do Guadalquivir, pero aínda non se atopou a súa localización exacta. Trouxeron a moeda.

Os cartaxineses expandíronse pola península ibérica en busca de metais e soldados despois da primeira guerra púnica (século III a. C.). Controlaron as colonias fenicias e estendéronse pola zona de interior próxima (val do Guadalquivir e meseta sur). Cartago Nova (Cartaxena) foi a  capital dos dominios cartaxineses na Península.  Tamén fundaron ciudades como Leuke (Alacante) que os romanos rebautizaron como Lucentum.

Estes pobos colonizadores convivían con grupos autóctonos que reciben o nome de pobos prerromanos da península ibérica  pois eran pobos que xa se asentaran na península ibérica antes da chegada dos romanos. Non estaban unidos politicamente, senón divididos en tribos:

Pódense distinguir a grandse rasgos dos grandes grupos: Iberos e Celtas.Podes observar no mapa (fai click para ampliar) os distintos pobos que compuñan cada un dos grupos e as súas áreas de influencia.



Os celtas foi unha civilización que se extendeu por moitas rexións de Europa e falaban idiomas parecidos de tipo indoeuropeo: os britanos, os galos, etc. Cara ao 1.200 a. C. entraron na Península e ocuparon a zona norteoeste, central e oeste peninsular. As principais tribos de cultura celta na Península foron: galaicos, astures, cántabros, vacceos (Castela e León), carpetanos (centro) e lusitanos (Estremadura e Portugal). Vivían en castros, poboados fortificados de casas circulares. Introduciron o uso do ferro e esculpieron estatuas de animais en pedra chamadas verracos. Os seus sacerdotes chamábanse druídas.
Os íberos atopábanse xa na península ibérica antes da chegada dos celtas. Distribuíanse principalmente polo sur, polo leste e polo nordés da Península. Vivían en poboados amurallados con casas rectangulares. A maior parte das tribos íberas entraron en contacto coas civilizacións fenicia e grega, das que tomaron a escritura e o estilo artístico. As principais tribos íberas foron: indigetes (Xirona), layetanos (Barcelona), vascones/ aquitanos (fonte), edetanos (Valencia), contestanos (Alacante) basetanos (Murcia e Almería) turdetanos ( Andalucia) onde se formou o mítico reino de Tartesos por influencia dos fenicios

En Galicia destaca a denominada cultura castrexa que foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica  (GAlicia e norte de Portugal) que durou desde o século VIII a.C. ata o século I d.C. A súa característica máis notable é a organización en  poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome. 

Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un substrato indíxena da etapa final da Idade de Bronce. A esta compoñente precastrexa sumáronselle influencias culturais célticas e indoeuropeas. No lento período formativo, que duraría ata o século V a.C. os castros fóronse estendendo de sur a norte e da costa cara ao interior.

Tras a chegada dos romanos, a partir do século I d. C., a cultua castrexa iniciou un proceso de aculturación e continuou na forma de Cultura Galaico-romana despois da conquista roman e ata os séculos III ou mesmo o IV d.C.
No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación da cultura castrexa: 

ACTIVIDADES: 
1.- Qué pobos colonizaron a península ibérica no I milenio a.C.? Indica algúnhas das principais cidades que fundaron.
2.- Observa o mapa e fai un esquema no que agrupes os principais pobos celtas e íberos que poboaban a península ibérica antes da chegada dos romanos. 
3.- Fai click AQUÍ e  descarga os apuntes para aprender máis da cultura castrexa. A continuación responde as seguintes preguntas: 
A) Qué é un castro? 
B) En qué zonas se localizan os castros?
C) Eran Celtas os habitantes dos castros? 
D) Cales son os castos máis importantes de Galicia?
E) Estiveches en algún Castro? Indica cal ou cales

No hay comentarios:

Publicar un comentario