Mostrando entradas con la etiqueta Exipto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Exipto. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de mayo de 2025

1º ESO: AS CRENZAS FUNERARIAS DOS EXPCIOS


Para os exipcios, os seres humanos estaban formados por un corpo e unha alma (ka). Crían que cando o corpo morría, o ka accedía á vida de ultratumba no reino de Osiris.

Para ser aceptado no reino dos mortos, o corpo debía permanecer incorrupto. Para iso, o defunto debía ser momificado, seguir un sofisticado ritual e presentarse perante o Tribunal de Osiris, guiado polo deus Anubis.

Neste tránsito, colocábase na tumba do defunto un exemplar do Libro dos Mortos, que contiña unha serie de regras sobre como se debía comportar perante o Tribunal dos deuses. 

A continuación proponoche adentrarte no muno das crenzas do antigo exipto a través do traballo cun comic.   DESCARGA O COMIC e fai as actividades que veñen na última páxina. 

jueves, 29 de diciembre de 2022

sábado, 1 de mayo de 2021

1º ESO: AS ORIXES DA ESCRITURA

A aparición da escritura aproximadamente cara ao 3500 a. C. supón o inicio da Historia.

Exipto e Mesopotamia serían as dúas civilizacións pioneiras na utilización da escritura. En principio, foi un instrumento que serviu para asuntos económicos e relixiosos, posteriormente estendeuse a outras utilidades. Chegaría a ser un elemento de distinción fronte a unha maioría social analfabeta.

A escritura en Mesopotamia chamábase cuneiforme, porque os seus signos empregados eran en forma de cuña. Escribíase sobre tablillas de arxila húmida e branda.


A escritura en Exipto era a xeroglífica, como base utilizábase o papiro; aínda que tamén é certo que se chegou a utilizar para a decoración dos grazas á de templos e tumbas...


Na seguinte páxina podes esctibir o teu nome en xeroglifico. Podes acceder o link facendo click AQUÍ

lunes, 11 de mayo de 2020

1º ESO - O TEMPLO EXIPCIO


Como en calquera relixión o templo exipcio representaba a casa do deus, pero, máis que entendido como simple morada, o templo debía ser indestructible xa que era a residencia de seres inmortais. Así, o templo construíase para albergar a imaxe do deus e como lugar no que os sacerdotes oficiaban os seus ritos.

A diferenza das relixións posteriores non era en absoluto un lugar de culto senón unha zona para albergar ao deus e de feito o pobo non podía acceder máis que a certas dependencias exteriores. O modelo básico estaba constituído por 3 zonas claramente diferenciadas; o patio, a sala hipóstila (de columnas) e as dependencias do deus, ademais da entrada, o pilono.

- Chegábase ao edificio por medio dunha longa avenida de esfinxes, que servía como corredor procesional cando se sacaba a estatua do deus nos días sacros.


- O edificio era rodeado por un sólido muro, que tiña como porta de entrada dúas especies de torres que flanqueaba o acceso, os pilonos. Decorábanse estes con relevos alusivos ao Deus obxecto de culto ou ao faraón que erixía a obra. Os pilonos posuían tamén mastros con bandeiras e estaban antecedidos por dúas obeliscos e talvez polas estatuas sedentes do faraón.

- Atravesando os pilonos accedíase a un gran patio porticado con columnas. Restrinxíase o paso a este espazo á multitude, podendo entrar só os grandes dignatarios e sacerdotes.

- De aquí pasaban á sala hipóstila só os sacerdotes e o faraón. Esta formábana numerosas columnas decoradas con relevos pintados. A penumbra invadía o recinto, posto que a luz só entraba a través de estreitas celosías de pedra.

- En último termo atopábase a residencia do deus, onde só podía acceder o faraón e os altos sacerdotes que atendían o seu culto. Este lugar era un conxunto de dependencias onde se gardaba a estatua, os obxectos de culto e as riquezas do deus.

ACTIVIDADE

A continuación prooñoche traballar a relixión e o templo exipcio a partir do análise dun comic. 

A continuación DESCARGA O COMIC  e fai as actividades que veñen ó final. 

miércoles, 6 de mayo de 2020

1º ESO - AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS II: EXIPTO


Exipto é un amplo deserto atravesado por un gran río, o Nilo, que nace nas chuviosas terras do lago Tanganica.

Nas terras de Exipto distínguense dúas rexións: o Baixo Exipto, un extenso val no delta, e o Alto Exipto, unha zona árida onde só é posible a vida na estreita franxa inundada polo río.

Ao longo do V milenio a.C., as tribos que vivían espalladas por todo o territorio concentráronse ás beiras do Nilo. Cara ao ano 3000 a.C., o rei Narmer unificou o Baixo e o Alto Exipto e coroouse faraón de ambos os dous reinos.  A partir daquela, o país estivo gobernado por sucesivas dinastías de faraóns (familias reais), que se mantiveron no poder durante máis de 2500 anos.

A continución descarga o tema coas actividades correspondentes para traballar competencias facendo click AQUÍ

No seguinte vídeo podes ver unha entretida explicación dos aspectos máis relevantes da civilización exipcia


DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: 
enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data límite de presentación é o martes 12 de maio