Mostrando entradas con la etiqueta San Pedro do Vaticano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta San Pedro do Vaticano. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de marzo de 2020

2º BACH (ARTE) - PRAZA DE SAN PEDRO DO VATICANO (BERNINI)


FICHA TÉCNICA 
Autor : Bernini
Cronoloxía.  1656-1657
Tipoloxía:  Arquitectura relixiosa ,  urbanismo.
Estilo: Barroco      

Resultado de imagen de PLAZA SAN PEDRO VATICANO frontal

Una vez rematada  a fachada da basílica de San Pedro por Carlo Maderno,  o Papa Alexandre VII encarga a Bernini, un dos artistas máis polifacéticos da época, a realización da praza que debería ser capaz de acoller a grandes concentracións de fieis para maior gloria de Deus  e, por suposto,  dos seus representantes na terra.

Bernini, ten que efectuar o proxecto tendo en conta varias cuestións.  En primeiro lugar as construcións existentes no entorno, entre elas os edificios dos palacios vaticanos que tiñan a súa entrada moi próxima a un dos laterais. Por outra banda, despois da construcion da fachada de Maderno, a cúpula de Miguel Anxo quedara desprazada a un segundo plano, motivo polo había que diminuir visualmente o ancho da fachada. Por último,  estaba o obelisco exipcio que, procedente do circo romano, era considerado o punto de referencia dentro da rede viaria romana e presentaba o problema de  que quedaba moi separado do edificio.

Tendo en conta todos estes factores, Bernini leva a cabo a edificación dunha praza organizada en dous espazos diferenciados (ou duas prazas, segndo se mire): 

En primeiro lugar anexa ó edificio a denominada  «praza recta» de forma trapezoidal con brazos converxentes, que ó pecharse cara á fora reduce opticamente a pesada masa da fachada de Maderno e revaloriza a cúpula de Miguel Anxo que se eleva sobre o conxunto. Serve a estes fins por un lado a utilización da perspectiva invertida e polo outro a redución das columnas en altura das caras laterais, facéndose máis baixa a medida que nos acercamos ó edificio

A continuación «praza eliptica» con centro no obelisco, procedente do antigo circo de Nerón que ocupaba este emprazamento, e co seu eixe maior paralelo á fachada superando as dimensións do ancho da basílica. Este eixo ven subliñado polas dúas fontes dispostas na mesma liña.

A praza trapezoidal péchase obrigando opticamente ao espectador para centrarse na cúpula En canto á praza elíptica a presenza do obelisco impide a visión frontal da cúpula e obríganos a virar dándonos conta do espazo curvo.

Rodeando a praza atópase  unha monumental coumnata formada por 184 columnas e 88 pilastras toscanas que forman tres rúas, a central máius ancha que as laterais (pola central pode circular unha carruaxe). A columnata fai as veces dun peristilo que sostén un entablamento xónico e  por riba unha balaustrada sobre a que se erguen estatuas de santos realizadas por discípulos de Bernin que veñen a simbilizar o  triunfo da igrexa.

O espazo creado por Bernini é un espazo aberto e teatral que segundo palabras do propio arquitecto a estrutura coas súas dúas alas son os brazos da Igrexa que acollen o pobo de Deus amén de crear marco excepcional para as aparicións do Papa, representante de Deus na terraA obra cumple tamén unha función propagandística ao servizo do Papado e de Roma como centro da Cristiandade

En definitiva, a  praza de San Pedro do Vaticano é, sen lugar a dúbidas, un dos paradigmas  do arte barroco, unha edificación  que por unha banda  pretendía abraiar e conmover ós fieis para  mantelos así na obediencia á orde establecida nun momento de crisee relixiosa, e,  por outra, tiña a pretensión de crear un espazo de escenografía grandilocuente e riqueza cegadora que fose expresión do poder da igrexa de Roma e o Papado.

viernes, 13 de marzo de 2020

2º BACH ( ARTE) - FACHADA SAN PEDRO DO VATICANO (MADERNO)

FICHA TÉCNICA 
Autor : Carlo Maderno.
Cronoloxía.  Ca. 1612
Tipoloxía:  Arquitectura relixiosa , basílica.

Estilo: Barroco      



A principios do século XVII  a basílica de San Pedro do Vaticano continuaba inconclusa, despois de rematar a edificación da cúpula segundo o proxecto de Miguel Anxo.  No ano 1607, despois dun concurso, encoméndaselle ó arquitecto Carlo Maderno a continuación da obras .

Maderno modifica o modelo de planta centralizada de Miguel Anxo e, seguindo os desexos do Papa e as directrices da Contrarreforma, convértea en basilical. Con estas modificacións a grandiosa cúpula  de Miguel Anxo quedaba relegada a un plano posterior deixando de ser o centro da construción. 

Pese os cambios Maderno tentou ser o máis respectuoso posible co plan miguelaxelesco, tal e como se pode apreciar que e na estrutura da fachada levantada sobre un basamento con escalinatas.

A fachada, concebida a modo de nartex, divídese en dous niveis, o inferior e o ático, articulados da seguinte forma:

- O nivel inferior cun corpo central con columnas de orde xigante corintias que enmarcan dúas plantas: abaixo portas adinteladas e de medio punto sobre columnas ; encima hai vans rectangulares con alternancia de frontóns triangulares e semicirculares.
Este nivel remátase cun frontón triangular cuxo vértice marca visualmente a dirección cara á cúpula.

Un entablamento con arquitrabe , friso con inscricións e cornixa , que non é totalmente recto senón ,con entradas e saídas separa este nivel do ÁTICO

- No ATICO entre as pilastras obsérvanse vans cuadrangulares e rectangulares. Remata este nivel unhas esculturas como elemento decorativo.

Os elementos decorativos son preferentemente arquitectónicos e hai tamén unha gran importancia dos efectos da luz para matizar estes elementos e crear efectos de clarocuro.

A intervención de Maderno  responde a un modelo de beleza aparentemente simple e clasicista, pero é xa barroca tanto polos elementos empregados como tamén pola ausencia concordancia real coa ordenación do interior.

Con esta obra e as posteriores intervencións de Bernini na praza e columnata respondíase á intención do Papado de converter a San Pedro no templo máis grande da cristiandade. Algo que abofé conseguirían.