lunes, 16 de noviembre de 2020

25-N: ACTIVIDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia de xénero é a expresión máis infame da desigualdade entre mulleres e homes que aínda persiste na sociedade, tamén en España, onde dende que hai estatísticas oficiais, rexístrase cada ano unha media de 60 asasinatos e decenas de miles de mulleres maltratadas, xunto aos seus fillos, vítimas silenciosas da barbarie que quedarán marcados para sempre.

No seguinte vídeo podes ver a actividade contra a violencia de xénero realizada polas alumnas e alumons de humanidades de primeiro de bacharelato con motivo da conmemoración do 25-N. 



domingo, 15 de noviembre de 2020

1º ESO - A PROBLEMÁTICA DA AUGA NO PLANETA


A Terra é o planeta azul que nos emociona ver nas imaxes desde o espazo, pero aquí, na súa superficie, a auga que lle dá a súa cor é un recurso que a humanidade leva séculos dilapidando, confiada na inmensidade dos seus reservas.

O home é responsable de que a auga potable sexa cada vez máis escasa e que as poboacións costeiras sufran regularmente devastadoras inundacións. Por exceso ou por defecto, aquilo ao que debemos a vida pode acabar cobrándose a de moitos seres humanos.

No seguinte documental podes ver algúns dos problemas máis acuciantes relacionados coa auga no noso planeta.



martes, 10 de noviembre de 2020

1º ESO - XOGO INTERACTIVO RELEVO


Xogo interactivo de educaplay para que identifiquedes as formas do relevo. 

Podedes acceder o xogo facendo click aquí: XOGO