domingo, 21 de noviembre de 2021

25 N: ACTIVIDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.



O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e desde o Departamento de Xeografía e Historia queremos unirnos á denuncia de todas as formas de violencia que sofren as mulleres por razón do seu xénero.

A violencia de xénero é a expresión máis infame da desigualdade entre mulleres e homes que aínda persiste na sociedade, tamén en España, onde dende que hai estatísticas oficiais, rexístrase cada ano unha media de 60 asasinatos e decenas de miles de mulleres maltratadas, xunto aos seus fillos e fillas, vítimas silenciosas da barbarie que quedarán marcadas para sempre. 

 No seguinte vídeo podedes ver a actividade contra a violencia de xénero realizada polas alumnas e alumnos de segundo e terceiro curso de ESO e de segundo de bacharelato con motivo da conmemoración do 25-N.

Porque educar en igualdade é construir un futuro mellor. 

Grazas a todas e todos pola vosa participación!


sábado, 1 de mayo de 2021

HORTA ESCOLAR: TALLER DE SEMILLEIROS

A principios de marzo, as alumnas e alumnos de 2º de ESO puxeron en marcha a  horta escolar do instituto no marco do programa Voz Natura.

A primeira actividade consistiu nun taller de semilleiros no que contamos coa inestimable axuda coa profesora  do Ciclo de Forestais  Carmen Míguez.

Nos próximos días subiremos un vídeo á páxina web do instituto.



1º ESO: AS ORIXES DA ESCRITURA

A aparición da escritura aproximadamente cara ao 3500 a. C. supón o inicio da Historia.

Exipto e Mesopotamia serían as dúas civilizacións pioneiras na utilización da escritura. En principio, foi un instrumento que serviu para asuntos económicos e relixiosos, posteriormente estendeuse a outras utilidades. Chegaría a ser un elemento de distinción fronte a unha maioría social analfabeta.

A escritura en Mesopotamia chamábase cuneiforme, porque os seus signos empregados eran en forma de cuña. Escribíase sobre tablillas de arxila húmida e branda.


A escritura en Exipto era a xeroglífica, como base utilizábase o papiro; aínda que tamén é certo que se chegou a utilizar para a decoración dos grazas á de templos e tumbas...


Na seguinte páxina podes esctibir o teu nome en xeroglifico. Podes acceder o link facendo click AQUÍ

miércoles, 21 de abril de 2021

CONECTA ARTE ANTIQUÍA: MUSAS E ARTISTAS


As alumnas de Hitoria da Arte do segundo curso de bacharelato, puxeron o seu gran de area para o Conecta Arte Antioquía con once imitacións de cuadros célebres nas que elas mesmas se converteron obras de arte.   O resultado foi sinxelamente espectacular. Parabéns a todas!!!

Podedes ler o reportaxe que publicaron hoxe no diario La Región facendo click neste LINK

A continuación podedes ver as fotos da exposición: 












jueves, 15 de abril de 2021

15 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA ARTE

 

Hoxe día 15 de abril é o Día Mundial da arte, unha conmemoración coa que se pretende poñer en valor a importancia que ten a arte para o ser humano e, sobre todo, o pensamento creativo.

A arte contribúe a desenvolver a creatividade das persoas, favorece a comprensión de novos códigos de expresión e o incide no desenvolvemento de actitudes que fomentan a tolerancia e o respecto cara ao descoñecido.

Por tal motivo, desde o Departamento de Xeografía e Historia do IES Cidade de Antioquía, queremos presentar hoxe un proxecto interniveles chamado "Conecta Arte Antioquía" que pretende achegar a comprensión das manifestacións artísticas e os seus procesos de creación ás alumnas e alumnos.

Nos proximos días daremos a coñecer algunha das propostas que estamos a levar a cabo.

lunes, 8 de marzo de 2021

2º ESO/3º ESO/1º BACH: MURAL DA IGUALDADE


Con motivo da conmemoración do 8 de marzo,  o Departamento de Xeografía e Histoira, levou a cabo, coa colaboración das alumnas e alumnos de 2º e 3º curso de ESO e de 1º de BACHARELATO  de humanidades, este mural que recolle varios lemas en prol da igualdade. 

Parabéns a todas e todos polo gran traballo!!!

1º ESO - MULLERES CON HISTORIA 2021


Este 8 de marzo, dende o departamento de Xeográfía e Historia, queremos poñer en valor o papel das mulleres  ó longo da historia. A ausencia de referentes femininos nos libros de texto fai necesario darlles a  visibilidade que lles corresponde.  Por tal motivo, as  alumnas e alumnos do 1º curso de ESO  levaron a cabo este proxecto, que lle axudou a tomar conciencia das importantes achegas de moitas pioneiras como  Valentina Tereshkova, Clara Campoamor, Rosa Parks, Frida Khalo ou Elisa Patiño, entre moitas outras. Todas elas, foron unhas auténticas heroínas que tiveron que loitar,  non só contra as desigualdades de xénero na súa época, senon tamén contra o esquecemento nos libros de historia. 

É de xustiza que estes televisores, feitos a man con moito esmero polas nosas alumnas e alumnos, lles devolvan o protagonismo que se merecen.  

Parabéns a todas/os polo  excelente traballo!!!




domingo, 28 de febrero de 2021

1º ESO: TRABALLO DE COMPETENCIAS. ELABORACIÓN E ANÁLISE DUN CLIMOGRAMA



Elabora un climograma a partir dos datos da  serie climática e posteriormete indica: 

A) Temperatura Media Anual

B) Mes máis cálido/Mes máis frío 

C) Amplitude térmica

D) Mes máis chuvioso/Mes máis seco

E) Total de precipitacións

F) Zona climática

G) Tipo de Clima

H) Paisaxe/fauna/poboación

miércoles, 17 de febrero de 2021

2º BAH (H. ESPAÑA/ARTE): O GUERNICA


O 26 de abril de 1937, bombardeiros e cazas da Lexión Cóndor alemá e algúns italianos, ó servizo do bando "nacional", atacaron durante tres horas a cidade vasca de Guernica. A vila non era un obxectivo militar e carecía de defensas antiaéreas polo que a destrución foi máxima. A única intención do ataque foi sementar o terror entre a poboación civil.

Aquela matanza impactou en Picasso e serviulle de punto de partida para executar este gran lenzo no que converte o feito en símbolo da violencia, a destrución e a dor. 

O seguinte vídeo axudarache a entender mellor o seu significado. 



domingo, 7 de febrero de 2021

4º ESO : O FASCISMO




Italia. Mussolini crea os fascios di combatimento.

1922 marcha sobre Roma.

Víctor Manuel III o nomea presidente.

Características: 

Imperialismo. Invade Libia e Etiopía

Racismo, xenofobia, homofobia

Eliminación da oposición

Só un partido político. O fascista.

Culto exacerbado ao líder
Duce = líder

Exaltación da propaganda e os grandes mítines

Militarismo e culto á violencia.

Saúdo romano. Poulismo extremo.

Hitler e posteriormente, Franco van seguir moitos destes postulados.




domingo, 31 de enero de 2021

2º BACH (HISTORIA DE ESPAÑA): A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA

 

Iniciamos tema:
A guerra civil xullo1936- abril 1939

Apoiarémonosmos nos documentos de Dplay : España Dividida   3 episodios.
Tamen  aportaremos cos documentais de Memoria de España e La guerra civil española (Hugh Thomas e Javier Tusell)

Guíon: 

As dúbidas de Casares Quiroga

O alzamento en Ceuta e Melilla. A Armada queda neutralizada e van ser os  avións alemáns os que transportan á tropa de África.

Queipo de Llano sublevase en Sevilla.

O Carlismo tamén toma Navarra con Emilio Mola á fronte.

Martínez Barrio dimite. Giral, presidente do goberno.

En Barcelona a CNT toma o control.  O golpista Goded é detido e fusilado. Hai moita tensión entre anarquistas e comunistas. 

Franco vai insistir no apoio de Hitler e Musolini. Na conferencia de Londres, as potencias europeas diciden non intervir. Francia e UK, abandonan á República. Só a Unión Soviética accedera a axudar. 

O golpe fracasou, xa que Barcelona Madrid, Bilbao Valencia... permanecen fieis ao goberno. Tamén a Armada e a  aviación...Pero unha longa guerra está en camiño

Como apoio podedes ver os seguintes vídeos: 





jueves, 28 de enero de 2021

ACTIVIDADE DÍA DA PAZ (ALUMNAS E ALUMNOS DE 2º E 3º DA ESO)


Para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia, as alumnas e alumnos de 3º e 2º da ESO levaron a cabo esta actividade, consistente nun abecedario da paz e busca de frases de distintos personaxes, co fin de fomentar a reflexións de todas/os e actitudes favorables ó diálogo e non violencia. 

Este vídeo, coa música de John Lennon de fondo é unha pequena mostra do gran traballo levado a cabo. 

Parabéns a todas e todos!


 

1º ESO - COMENTARIO DUN MAPA DO TEMPO (2)

 


Observa o seguinte mapa do tempo e indica: 


 1.- Tipo de mapa 

 2.- Principais elementos: 
             - Centros de acción (anticiclóns e borrascas) 
             - Frontes 

 3.- Predicción do tempo (por zonas) 

 4.- Posible estación

2ª BACH (ARTE): O PÓRTICO DA GLORIA DA CATEDRAL DE SANTIAGO

Entre o ano 1168 e o 1188, en que se colocan os linteis, realízase na fachada occidental o Pórtico da Gloriaque formaba parte da fachada occidental realizada polo mestre Mateo, e os colaboradores do seu obradoiro. No seguinte vídeo podes ver unha pormenorizada análise histórico-artística. 

´
Se queres acceder a máis información a cerca da catedral de santiago fai click AQUÍ

domingo, 24 de enero de 2021

ACTIVIDADE DÍA DA PAZ (ALUMNAS E ALUMNOS DE 2º E 3º DE ESO)



Con motivo da celebración do Día da Paz e Non Violencia, dende o Departamento de Xeografía e Historia, levamos a cabo unha actividade coas alumnas e alumnos de 2º e 3º da ESO, na que puxemos en valor a figura de WANGARI MUTA MAATHAI, primeira muller africana en gañar o Premio Nóbel da Paz, no ano 2004. Ademáis de ser unha activista política, defensora dos dereitos da muller, a súa preocupación polos problemas ecolóxicos, levouna a poñer en marcha unha iniciativa de crear un "Cinturón Verde" en Kenia que se concretou na reforestación deste territorio, con máis de 50 millóns de árbores. 

Tamén fixemos un mural con frases a favor da paz de personaxes que tiveron un papel relevante na defensa dos Dereitos Humanos, como Ghandi, Eleanor Roosvelt, John Lenon, Malla Yousafzai, Dalai Lama, etc... 



sábado, 23 de enero de 2021

1º ESO - COMENTARIO DUN MAPA DO TEMPO

Observa o seguinte mapa do tempo e indica: 

 1.- Tipo de mapa 

 2.- Principais elementos: 
             - Centros de acción (anticiclóns e borrascas) 
             - Frontes 

 3.- Predicción do tempo (por zonas) 

 4.- Posible estación

lunes, 18 de enero de 2021

2º BACH (Xeografía): Globalización



Nun mundo tan interdependente e globalizado, a economía e a sociedade española están cada vez máis vinculadas ás ploíticas internacionais. No presente tema abordaremos as relacións de España con outros estados tanto na Unión Europea como a niovel mundial.

No seguinte documento podes ver unha análise en profundidades sobre os efectos da globalización na economía. Podes descargar o documento facendo click AQUÍ


jueves, 14 de enero de 2021

2º BACH (ARTE): A CATEDRAL DE SANTIAGO

O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago, no primeiro terzo do século IX, significou o comezo dunha fabulosa epopea realizada por milleiros de persoas. "O Templo das Estrelas" propón unha apaixonante viaxe a través da historia desta fascinante creación arquitectónica e artística, coas sorprendentes peripecias e anécdotas daqueles que a fixeron posible.