Este 8 de marzo, dende o departamento de Xeográfía e Historia, queremos poñer en valor o papel das mulleres ó longo da historia. A ausencia de referentes femininos nos libros de texto fai necesario darlles a visibilidade que lles corresponde. Por tal motivo, as alumnas e alumnos do 1º curso de ESO levaron a cabo este proxecto, que lle axudou a tomar conciencia das importantes achegas de moitas pioneiras como Valentina Tereshkova, Clara Campoamor, Rosa Parks, Frida Khalo ou Elisa Patiño, entre moitas outras. Todas elas, foron unhas auténticas heroínas que tiveron que loitar, non só contra as desigualdades de xénero na súa época, senon tamén contra o esquecemento nos libros de historia.
É de xustiza que estes televisores, feitos a man con moito esmero polas nosas alumnas e alumnos, lles devolvan o protagonismo que se merecen.
Parabéns a todas/os polo excelente traballo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario