A aparición da escritura aproximadamente cara ao 3500 a. C. supón o inicio da Historia.
Exipto e Mesopotamia serían as dúas civilizacións pioneiras na utilización da escritura. En principio, foi un instrumento que serviu para asuntos económicos e relixiosos, posteriormente estendeuse a outras utilidades. Chegaría a ser un elemento de distinción fronte a unha maioría social analfabeta.
A escritura en Mesopotamia chamábase cuneiforme, porque os seus signos empregados eran en forma de cuña. Escribíase sobre tablillas de arxila húmida e branda.
Un exemplo magnífico de escritura cuneiforme é o Código Hammurabi conservado no Museo do Louvre. Data do 1750 a. c , é un código de leis, redactado emposto en época de Hammurabi, rei babilonio. Trátase dun código onde se impoñen castigos durísimos.
A escritura en Exipto era a xeroglífica, como base utilizábase o papiro; aínda que tamén é certo que se chegou a utilizar para a decoración dos grazas á de templos e tumbas...
Hoxe día sabemos interpretar a escritura exipcia grazas á famosa Pedra Rosetta estudada por Champollion, conservada no British Museum en Londres. Este achado produciuse no s. XVIII d. c polas tropas de Napoleón. Era un decreto, escrito en tres linguas: grego, xeroglífico e demótico. Como se sabía traducir o grego, directamente empezouse a traducir o xeroglífico que ata ese momento era un enigma.
Estas civilizacións á hora de escribir nun principio utilizarían os chamados pictogramas, é dicir, especie de debuxos de obxectos que equivalían á cada cousa; despois na súa escritura introduciron os ideogramas, é dicir, signos que equivalerían a accións ou ideas abstractas; finalmente para completar a súa escritura utilizarían tamén os fonogramas, é dicir, signos que equivalerían a sons.
Serían os fenicios no S.X a.C. os que crearían unha escritura alfabética como a nosa. Nela, cada signo equivalería a un son.
ACTIVIDADES:
Despois de ler a teoría contesta as seguintes preguntas:
1.- Onde e cando xorde a escritura?
2.- Para que se empregaba orixinalmente a escritura.
3.- Explica as diferencias entre a escritura cuneiforme e a escritura xeroglífica.
4.- Quen e cando inventou a escritura alfabética?
5.- Escribe o teu nome en xeroglífico. Para elo fai click no LINK e, como se foses un escriba, debuxa a traducción na túa libreta.