O presente proxecto pretende afondar no coñecemento da Alta Idade Media en Galicia a partir de indagación en episodios relevantes da Historia de Galicia.
As alumnas e alumnos deben recoñecer que, tras a conquista musulmana da Península Ibérica, os séculos IX e X foron un período de reordenación social e política, pero tamén tempos de inseguridade, nos que as costas galegas se ven sometidas a ataques de normandos e sarracenos.
Tamén foi a época en que se fundan numerosos centros monásticos e tamén se producirá o achado
da tumba do Apóstolo Santiago, feito de gran transcendencia na Historia de
Galicia.
Cada
grupo debe información dos seguintes episodios e
elaborar un comic que reflexe os acontecementos:
- As tropas musulmás asedian a cidade de Lugo.
- Al Manzor saquea a cidade de Santiago de Compostela.
- Os Vikingos asaltan as costas de Galicia.
- San Rosendo funda o Mosteiro de Celanova.
- O descubrimento da tumba do apóstolo Santiago.
Podedes ver un exemplo no seguinte LINK