Nos comezos do século XX, as rivalidades económicas, coloniais e nacionais entre os Estados europeos conduciron a unha escalada de tensións e unha carreira de armamentos que desembocaron na Primeira Guerra Mundial (1914-1918).
Tratouse dun novo tipo de conflito que implicou países de todo o mundo, mobilizou non só os exércitos senón tamén a poboación civil, e deixou un terrible saldo de mortos e destrución.
No seguinte enlace poderás visionar a serie documental "LA Primera Guerra Mundial en color" que che permitirá coñecer un pouco mellor a historia deste tráxico conflicto. Podes acceder ós vídeos premendo AQUÍ
1.- Cando tivo lugar a Primeira Guerra Mundial? Indica as datas do seu
comezo e o seu final.
2.- Que bloques enfrontáronse no conflito? Que países integraban cada
bloque?
3.- Explica as causas da Primeira Guerra Mundial.
4.- Indica as diferentes fases da Primeira Guerra Mundial. Explica
brevemente as súas características.
5.- Explica as novidades bélicas que se introduxeron no Na Primeira
Guerra Mundial. Valora o seu impacto.
6.- Por que se di que 1917 é un ano clave no conflito?
7.- Explica as consecuencias que
se derivaron da Primeira Guerra Mundial?
8.- Que tratados de paz se asinaron coas potencias derrotadas? Explica
algúns dos seus puntos máis destacados.
9.- Define:
A)Káiser
B)Sociedade de Nacións
C) Atentado de saraxevo.
D) 14 puntos de Wilson