Un texto histórico é un documento escrito que pode proporcionarnos, tras a
súa lectura e interpretación, coñecemento sobre un episodio do pasado.
O traballo con este tipo de documentos
permite achegarnos á comprensión dunha época histórica a partir dos elementos
proporcionados polo texto. De aí a importancia de situar o documento no seu
contexto e desentrañar o que o seu autor dixo, como o dixo,
cando, por que e onde, sempre relacionándoo co seu momento histórico.
A continuación propoñemos unha serie de actividades a parr da análise do seguinte texto.
A TER EN CONTA: é imprescindible relacionar as ideas que aparecen no texto coa teoría así que revisa o libro e as entradas correspondentes deste Blog.
“O fascismo nega que o número, polo só feito de ser número poida dirixir as sociedades humanas, nega que este número poida gobernar grazas a unha consulta electoral periódica. Afirma a desigualdade dos homes, que non é posible nivelar grazas a un feito mecánico e exterior como o sufraxio universal. Pódese definir aos réximes democráticos como aqueles que dan ao pobo, de tempo en tempo, a ilusión da soberanía (...). O fascismo rexeita da democracia a absurda mestura convencional de igualdade política (...).
Pola contra, a concepción fascista do Estado abárca todo; fóra del non poden existir, e menos aínda valer, valores humanos e espirituais. Entendido desta maneira, o fascismo é totalitarismo, e o Estado fascista, como síntese e unidade que inclúe todos os valores, interpreta, desenvolve e outorga poder adicional á vida enteira dun pobo (...).
O fascismo, en suma, non é só un lexislador e fundador de institucións, senón un educador e un promotor da vida espiritual. Non tenta meramente remodelar as formas de vida, senón tamén o seu contido, o seu carácter e a súa fe. Para lograr ese propósito impón a disciplina e fai uso da súa autoridade, impregnando a mente e rexendo con imperio indiscutible "
Benito Mussolini. A doutrina do fascismo, 1932.
A) Quen é o autor do texto? -breve explicación da súa biografía-
B) Que opinión ten Mussolini das democracias?
C) Cal era a súa idea do Estado e do goberno? En que se fundamentaba?
D) Como e cando accedeu Mussolni ó poder? Explicacomo tratou ás institucións e partidos democráticos cando ascendeu ao poder.
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) antes do dia 24, indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (4ºA/4ºB) e o nome e apelidos (por esta orde).
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) antes do dia 24, indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (4ºA/4ºB) e o nome e apelidos (por esta orde).
No hay comentarios:
Publicar un comentario