O obxectivo desta
práctica é aprender a a lelos. A extraer información deles. A entender todo
aquilo que poidan contarnos.
Para tentar sacar toda
a información posible dun mapa histórico debemos seguir coidadosamente unha
serie de pasos previos antes de embarcarnos na verdadeira extracción de datos.
Estes pasos son:
1.- Ler o título ou pé
de ilustración que nos informará do asunto tratado polo mapa.
2.- Delimitar o
espazo físico representado.
3.- Precisar o tempo no
que se desenvolven os acontecementos representados. mapa normalmente
representará un espazo xeográfico maior que o verdadeiramente implicado, polo
que teremos que centrarnos no afectado polos feitos ou fenómenos representados.
Hai que ter presente
que un mapa pode ben representar feitos que suceden nun
momento determinado
(ano, década, século) ou ben ao longo do tempo (anos, décadas,séculos).
O primeiro, todo mapa
histórico abarca un determinado ESPAZO
XEOGRÁFICO. Hai que facer referencia
aos continentes, países, rexións ou áreas que aparezanrepresentadas; e aos
accidentes xeográficos (mares, océanos, ríos, montañas) pero só se afectase o
comentario.
En segundo lugar, O TEMPO. A diferenza doutro
mapa sobre calquera tema, un mapa histórico introduce unha variable propia, o
TEMPO describen aspectos do pasado. Á época á que corresponde o mapa ben pode
aparecer no propio mapa ou ben podemos deducilo a partir dos nosos coñecementos
sobre o tema.
É importante observar a
LENDA, recadro situado nalgúna lateral do mapa que aclara o significado
dos símbolos ou cores utilizados no mapa, polo que o seu coñecemento é
imprescindible para lelo correctamente.
No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación de como analizar a información dun mapa histórico.
No seguinte vídeo podes ver unha breve explicación de como analizar a información dun mapa histórico.
Tendo en conta a
explicación, a continuación imos a facer a ANÁLISE DO SEGUINTE MAPA
HISTÓRICO:
Debes indicar os seguintes aspectos:
A) Tema representado:
B) Espazo xeográfico que representa:
C) Momento histórico (cronoloxía que representa)
D) Descripción da
distribución xeográfica dos elementos descritos na lenda (podes ampliar o mapa
facendo click sobre a imaxe)
E) Por último, revisa o
libro ea entrada correspodente do blog (AQUÍ) e fai unha breve explicación do que foi o megalitismo.
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE: enviar por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) antes do dia 24, indicando no asunto, en primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde).
No hay comentarios:
Publicar un comentario