Blog do departamento de xeografía e historia do IES Cidade de Antioquía
domingo, 21 de noviembre de 2021
25 N: ACTIVIDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
sábado, 1 de mayo de 2021
HORTA ESCOLAR: TALLER DE SEMILLEIROS
A principios de marzo, as alumnas e alumnos de 2º de ESO puxeron en marcha a horta escolar do instituto no marco do programa Voz Natura.
A primeira actividade consistiu nun taller de semilleiros no que contamos coa inestimable axuda coa profesora do Ciclo de Forestais Carmen Míguez.
Nos próximos días subiremos un vídeo á páxina web do instituto.
1º ESO: AS ORIXES DA ESCRITURA
A aparición da escritura aproximadamente cara ao 3500 a. C. supón o inicio da Historia.
Na seguinte páxina podes esctibir o teu nome en xeroglifico. Podes acceder o link facendo click AQUÍ
miércoles, 21 de abril de 2021
CONECTA ARTE ANTIQUÍA: MUSAS E ARTISTAS
As alumnas de Hitoria da Arte do segundo curso de bacharelato, puxeron o seu gran de area para o Conecta Arte Antioquía con once imitacións de cuadros célebres nas que elas mesmas se converteron obras de arte. O resultado foi sinxelamente espectacular. Parabéns a todas!!!
Podedes ler o reportaxe que publicaron hoxe no diario La Región facendo click neste LINK.
A continuación podedes ver as fotos da exposición:
jueves, 15 de abril de 2021
15 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA ARTE
lunes, 8 de marzo de 2021
2º ESO/3º ESO/1º BACH: MURAL DA IGUALDADE
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, o Departamento de Xeografía e Histoira, levou a cabo, coa colaboración das alumnas e alumnos de 2º e 3º curso de ESO e de 1º de BACHARELATO de humanidades, este mural que recolle varios lemas en prol da igualdade.
Parabéns a todas e todos polo gran traballo!!!
1º ESO - MULLERES CON HISTORIA 2021
Este 8 de marzo, dende o departamento de Xeográfía e Historia, queremos poñer en valor o papel das mulleres ó longo da historia. A ausencia de referentes femininos nos libros de texto fai necesario darlles a visibilidade que lles corresponde. Por tal motivo, as alumnas e alumnos do 1º curso de ESO levaron a cabo este proxecto, que lle axudou a tomar conciencia das importantes achegas de moitas pioneiras como Valentina Tereshkova, Clara Campoamor, Rosa Parks, Frida Khalo ou Elisa Patiño, entre moitas outras. Todas elas, foron unhas auténticas heroínas que tiveron que loitar, non só contra as desigualdades de xénero na súa época, senon tamén contra o esquecemento nos libros de historia.
É de xustiza que estes televisores, feitos a man con moito esmero polas nosas alumnas e alumnos, lles devolvan o protagonismo que se merecen.
Parabéns a todas/os polo excelente traballo!!!
domingo, 28 de febrero de 2021
1º ESO: TRABALLO DE COMPETENCIAS. ELABORACIÓN E ANÁLISE DUN CLIMOGRAMA
Elabora un climograma a partir dos datos da serie climática e posteriormete indica:
A) Temperatura Media Anual
B) Mes máis cálido/Mes máis frío
C) Amplitude térmica
D) Mes máis chuvioso/Mes máis seco
E) Total de precipitacións
F) Zona climática
G) Tipo de Clima
H) Paisaxe/fauna/poboación















