Marta é unha arqueóloga que traballa
cun equipo nunha escavación de tempos do Paleolítico. O seu obxectivo é
recuperar os restos que contén o depósito para estudalos polo miúdo e explicar
como vivían os seres humanos no pasado.
A arqueoloxía encárgase de rescatar
e analizar os vestixios materiais (obxectos e monumentos) do pasado.
É unha ciencia imprescindible para
coñecer a Prehistoria, un período no que non existía a escritura e do que, polo
tanto, non temos documentos escritos.
O equipo de arqueólogos de Marta traballa nunhas
escavacións nas que se atoparon restos dun campamento e dun enterramento, ambos
os dous da mesma época do Paleolítico.
Que é un depósito arqueolóxico?
Un xacemento ou depósito arqueolóxico é un lugar que
estivo habitado por seres humanos e no que se mantiveron, ata os nosos días,
restos materiais das súas actividades.
Estes restos deposítanse en capas ou estratos superpostos,
e cada un deles correspóndese cun período de ocupación. Os estratos máis fondos
son os máis antigos.
Os seres humanos, a miúdo, habitamos nos mesmos
lugares onde o fixeron as xeracións anteriores e construímos edificios sobre as
ruínas doutros. No entanto, tamén hai lugares que se abandonan, e neles as
edificacións van derrubándose e quedan cubertas de vexetación e terra.
Despois de ler estas liñas bótalle unha ollada ó
video do link ( https://www.youtube.com/watch?v=lMxUBVQ68-Y ) e resposta a s sguintes preguntas:
A) ¿Para que serve a arqueoloxía?
B) ¿En que consiste a labor do arqueologo?
C) ¿Coñeces algún xacemento arqueolóxico próximo á túa localidade? Indica o seu nome e os datos que coñeces a cerca del.
D) ¿Por que coidas que é importante conservar o patrimonio histórico-artístico?
No hay comentarios:
Publicar un comentario