lunes, 12 de septiembre de 2022

1º ESO: ETAPAS DA HISTORIA


A historia é a ciencia encargada do estudo do pasado da humanidade. 

O estudo do pasado permítenos comprender o presente.

A historia organízase en idades, que son  etapas de carácter sucesivo.   

ETAPAS DA HISTORIA: 

PREHISTORIA: É un amplo período de tempo que se inicia coa aparición dos primeiros seres humanos e remata coa aparición da escritura (2,5 millóns de anos - 3000 a. C.). Divídese en tres etapas, atendendo ao material co que ditos utensilios foron fabricados: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais

IDADE ANTIGUA (3000 a. C. - 476 d. C.):  Aparecen os primeiros documentos escritos e desenvólvense grandes civilizacións en Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma.

IDADE MEDIA (476 d. C. - 1492 d. C.): Tras a caída do Imperio romano de Occidente, Europa fragméntase en diferentes reinos, quedando na maioría dos casos baixo o dominio dos xermanos. O cristianismo convértese na relixión oficial e aparece unha nova organización social, baseada nas relacións de vasalaxe ou servidume, chamada feudalismo.

IDADE MODERNA (1492 d. C. - 1789 d. C.):  Comeza co descubrimento de América e o renacemento Italiano, e remata coa Revolución Francesa. É a época dos grandes descubrimentos, da aparición da imprenta e das monarquías absolutas.

IDADE CONTEMPORÁNEA (1789 d. C. ata a actualidade):  Comeza coa Revolución francesa e chega ata a actualidade. Son moitos os acontecementos que se producen durante este período: ten lugar a revolución industrial, aparecen os grandes inventos e a tecnoloxía. Ademais, esténdense as formas democráticas de goberno e, xa no S: XX, teñen lugar as grandes guerras mundiais.

Podes descargar a presentación presentación que empregamos en clase facendo click AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario