O 17 de xullo de 1936 iniciouse en Melilla unha sublevación militar contra o goberno da República, bendicida pola Igrexa e dirixida por un importante grupo de altos mandos, como Gonzalo Queipo de LLaño, Emilio Mola, Xosé Sanxurxo e Francisco Franco.
Os militares rapidamente controlaron o protectorado de Marrocos e o día seguinte o 18 de xullo a rebelión estendeuse a Canarias e a Península. Os rebeldes triunfaron en Castela e León, Galicia, Navarra e gran parte de Aragón, Andalucía occidental, Baleares (agás Menorca) e Canarias. Eran zonas pouco industrializadas e moi conservadoras.

No resto da Península a sublevación foi contida grazas á resistencia das milicias obreiras e dos militares leais a República.
O fracaso do pronunciamento, que non puido acabar co goberno da Fronte Popular, dividiu a España en dúas e desencadeou unha terrible guerra civil na que a violencia e a intransixencia apoderándose da sociedade española.
A victoria militar de Franco e os seus exércitos o 1 de abril de 1939 deu paso a unha dicatura que durou case 40 anos, onde a represión de todos os elementos disidentes foi a tónica.
Podes ver un resumo da Guerra Civil nos seguintes videos:
Tras o visionado dalgun dos dou videos , vai ó libro as páxinas 200-201-202-203 e despois da sua lectura realiza as seguintes actividades:
a) Quén asumiu o poder nas zonas onde triunfara o golpe militar? En que se basaron para organizar o novo Estado?
b) Quén foi nomeado como xeneralísmo e xefe de Goberno polos sublevados? Explica as primeiras medidas que tomou.
c)Lee o texto de Sanjurjo da páxina 201 e explica que obxectivos políticos tiñan os insurrectos. Qué medidas se tomaron?
d) Da páxina 203 fai os exercicios 4,5,6.
DATA DE ENTREGA XOVES 18 DE XUÑO.
susiimoure@gmail.com