O Imperio romano dominou o mundo coñecido, conquistando un
imperiuo en todo o Mediterráneo ó que denominaban "mare nostrum". Nas
síuas ribeiras construíron cidades ó espallou que se espallaba súa lingua e a
súa cultura.
No século III a.C., Roma entra en contacto coa península
ibérica no contexto do conflicto bélico que os enfrontaba ós
cartaxineses. Para opoñérense á expansión cartaxinesa, as lexións romanas
desembarcaron en Ampurias (218 a.C.) e iniciaron a ocupación da Península.
A conquista romana do territorio galego levouse a cabo en
sucesisvas campañas espalladas no tempo. Logo de diversas campañas
militares, iniciadas por Décimo Xunio Bruto no ano 137 a.C., a conquista
definitiva de Galicia produciuse en tempos do emperador Augusto. No ano 22
a.C., os galaicos resistiron unha vez máis as tropas romanas durante o asedio e
a batalla de Mons Medullius, de localización aínda incerta.
O territorio peninsular, coñecido como Hispania, dividiuse en
provincias e foise integrando no mundo romano.
Os romanos dominaron a Península ata principios do
século V d.C., cando varios algúns pobos xermánicos (primeiro suevos, vándalos
e alanos, e posteriormente os visigodos) invadiron Hispania.
No seguinte vídeo podes ver un vídeo da conquista romana de Galicia e a romanización:
ACTIVIDADES
Despois de ver o vídeo le as páxinas 282, 283, 284, 285, 288, 289, 292 e 293 do
libro e fai as actividades 1 (apartados a, b, c, e, f) e 2 da
páxnina 299.
INVESTIGA
En Xinzo conmemórase o paso do río Lethes (Limia) por parte
de Decimo Xunio Bruto. Indaga en internet quen foi este personase e como foi a súa
campaña militar en galicia. Posteriormente elabora unha redacción de 5-6
liñas.
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DA
ACTIVIDADE:
Enviar
por correo electrónico (xeohistoriacidade@gmail.com) indicando no asunto, en
primeiro lugar o curso (1ºA/1ºB) e o nome e apelidos (por esta orde). A data
límite de presentación é o mércores 17 de xuño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario