Esta semana no blog da aula viaxamos
no tempo. Deixamos por uns días os apuntamentos e poñemos o foco na
parantalla, a para aprender a través do cinéma, co visionado de Daens (1992).
A película desenvólvese na cidade de
Aalst (Bélxica) a finais do século XIX, e amosa con dun xeito crudo como se
desenvolveu a Revolución Industrial en Alst, unha pequena cidade industrial de Bélxica.
Máis aló das cifras e dos inventos
que estudamos na clase, o filme permítenos ver a cara máis humana (e ás veces
máis cruel) dese período histórico: as duras condicións de vida e traballo da
clase obreira, a explotación infantil nas fábricas téxtiles, o nacemento dos
movementos sindicais, a longa loita polo sufraxio universal, etc.
Nas vosas mans tendes xa o dossier
de traballo. Lembrade que o reto que vos plantexo non consiste en facer un simple resumo do que
pasa na pantalla; o obxectivo é que actuedes como auténticos historiadores e
historiadoras. Deberedes coller os conceptos clave que revisamos na aula e
usalos para analizar a realidade amosada a través do filme.
Temos a sorte de contar cunha versión moi especial para esta actividade. Queremos expresar o noso agradecemento ao profesor Francisco Ayén por poñer á nosa disposición a película e, sobre todo, por realizar unha excelente selección didáctica das escenas que mellor se adaptan aos contidos que estamos a traballar na aula.
Se precisades ver algunha escena extra podedes volver a ver o vídeo facendo click AQUÍ
