Xa rematamos o tema. Podes comprobar o que sabes facendo este Kahoot.
Para xogar fai click AQUÍ. Moita sorte!!!
Blog do departamento de xeografía e historia do IES Cidade de Antioquía
Xa rematamos o tema. Podes comprobar o que sabes facendo este Kahoot.
Para xogar fai click AQUÍ. Moita sorte!!!
Dende o día hoxe está exposto o traballo que fixeron as alumnas e alumnos de 1º curso de ESO no Taller de Arte Rupestre celebrado a finais do pasado mes de abril, grazas o cal puideron experimentar, coas súas propias mans, o proceso de creación das primeiras manifestacións artísticas da historia de humanidade con pouco que envidiarlle ás/ós artistas de Altamira ou Lascaux.
Parabéns polo traballo!
A violencia de xénero é a expresión máis infame da desigualdade entre mulleres e homes que aínda persiste na sociedade e que traspasa fronteiras, estando presente en tódolos países a nivel mundial. Tamén en España, onde dende que hai estatísticas oficiais, rexístrase cada ano unha media de 60 asasinatos e decenas de miles de mulleres maltratadas, xunto aos seus fillos e fillas, vítimas silenciosas da barbarie que quedarán marcadas para sempre.