O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e dende o Departamento de Xeografía e Historia queremos unirnos á denuncia de todas as formas de violencia que sofren as mulleres pola única razón de selo.
A violencia de xénero é a expresión máis infame da desigualdade entre mulleres e homes que aínda persiste na sociedade e que traspasa fronteiras, estando presente en tódolos países a nivel mundial. Tamén en España, onde dende que hai estatísticas oficiais, rexístrase cada ano unha media de 60 asasinatos e decenas de miles de mulleres maltratadas, xunto aos seus fillos e fillas, vítimas silenciosas da barbarie que quedarán marcadas para sempre.
No seguinte vídeo podedes ver distintas mensaxes contra á violencia de xénero e reivindicacións realizada polas alumnas e alumnos de segundo e terceiro curso de ESO e de primeiro de bacharelato con motivo da conmemoración do 25-N.
Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración e o traballo realizado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario