miércoles, 30 de noviembre de 2022

CONECTA ARTE ANTIOQUÍA: TALLER DE ARTE RUPESTRE

Dende o día hoxe está exposto o traballo que fixeron as alumnas e alumnos de 1º curso de ESO  no Taller de Arte Rupestre celebrado a finais do pasado mes de abril, grazas o cal puideron experimentar, coas súas propias mans, o proceso de creación das primeiras manifestacións artísticas da historia de humanidade con pouco que envidiarlle ás/ós artistas de Altamira ou Lascaux. 

Parabéns polo traballo!

jueves, 24 de noviembre de 2022

25 de NOVEMBRO 2022

 


O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e dende o Departamento de Xeografía e Historia queremos unirnos á denuncia de todas as formas de violencia que sofren as mulleres pola única razón de selo.

A violencia de xénero é a expresión máis infame da desigualdade entre mulleres e homes que aínda persiste na sociedade e  que traspasa fronteiras, estando presente en tódolos países a nivel mundial. Tamén en España, onde dende que hai estatísticas oficiais, rexístrase cada ano unha media de 60 asasinatos e decenas de miles de mulleres maltratadas, xunto aos seus fillos e fillas, vítimas silenciosas da barbarie que quedarán marcadas para sempre. 

No seguinte vídeo podedes ver distintas mensaxes contra á violencia de xénero e  reivindicacións  realizada polas alumnas e alumnos de segundo e terceiro curso de ESO e de primeiro de bacharelato con motivo da conmemoración do 25-N.
Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración e o traballo realizado.