As alumnas e alumnos de 2º de ESO recrearon distintos episodios da historia da Alta Idade Media de Galicia en Comic como a chegado dos vikingos ás costas de Galicia, o descubrimento da tumba do apóstolo Santiago, a fundación do mosteiro de celanova. Este foi o resultado:
Blog do departamento de xeografía e historia do IES Cidade de Antioquía
miércoles, 13 de diciembre de 2023
jueves, 30 de noviembre de 2023
2º ESO: PROXECTO HISTORIA DE GALICIA EN COMIC
O presente proxecto pretende afondar no coñecemento da Alta Idade Media en Galicia a partir de indagación en episodios relevantes da Historia de Galicia.
As alumnas e alumnos deben recoñecer que, tras a conquista musulmana da Península Ibérica, os séculos IX e X foron un período de reordenación social e política, pero tamén tempos de inseguridade, nos que as costas galegas se ven sometidas a ataques de normandos e sarracenos.
Tamén foi a época en que se fundan numerosos centros monásticos e tamén se producirá o achado
da tumba do Apóstolo Santiago, feito de gran transcendencia na Historia de
Galicia.
Cada
grupo debe información dos seguintes episodios e
elaborar un comic que reflexe os acontecementos:
- As tropas musulmás asedian a cidade de Lugo.
- Al Manzor saquea a cidade de Santiago de Compostela.
- Os Vikingos asaltan as costas de Galicia.
- San Rosendo funda o Mosteiro de Celanova.
- O descubrimento da tumba do apóstolo Santiago.
Podedes ver un exemplo no seguinte LINK
lunes, 27 de noviembre de 2023
25 novembro
O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller e desde o Departamento de Xeografía e Historia queremos unirnos á denuncia de todas as formas de violencia que sofren as mulleres por razón do seu xénero.A violencia de xénero é a expresión máis infame da desigualdade entre mulleres e homes que aínda persiste na sociedade, tamén en España, onde dende que hai estatísticas oficiais, rexístrase cada ano unha media de 60 asasinatos e decenas de miles de mulleres maltratadas, xunto aos seus fillos e fillas, vítimas silenciosas da barbarie que quedarán marcadas para sempre.
No seguinte vídeo podedes ver a actividade contra a violencia de xénero realizada polas alumnas e alumnos de primeiro de ESO e de segundo de bacharelato con motivo da conmemoración do 25-N.
lunes, 16 de octubre de 2023
2º ESO - TRABALLO DE COMPETENCIAS: ANÁLISE DUN MAPA HISTÓRICO
En Historia usamos frecuentemente os MAPAS HISTÓRICOS. Pero estes moitas veces, son obxectos aos que apenas miramos nin facemos casos cando, en realidade aportan gran cantidade de información.
a
miércoles, 4 de octubre de 2023
2º ESO: COMPROBA O QUE SABES.... RULETA INICIO DA IDADE MEDIA
Premendo no link podedes acceder á unha ruleta na que poderás comprobar os teus coñecementos a cerca do inicio da Idade Media (reinos xermánicos, Imperio Bizantino e Islam). Animádevos a facelo e comprobar o que sabedes.
Para acceder só tedes que facer click AQUÍ
martes, 3 de octubre de 2023
1º BACH/4º ESO: DOCUMENTAL: A REVOLUCIÓN FRANCESA
Entre finais do XVIII e 1848 producíronse unha serie de movementos revolucionarios que provocaron a desaparición do Antigo Réxime. A primeira delas foi a Revolución Americana, que deu lugar ao nacemento de Estados Unidos; pero a máis importante foi a Revolución Francesa, que serviu de modelo para todas as que chegarían despois.
No seguinte vídeo podes ver un documental daquel período tran trascendental para a historia da humanidade. Podes acceder ó mesmo facendo click AQUÍ
No seguinte link podes descargar os APUNTES (versión en castelán).
lunes, 2 de octubre de 2023
1º BACH/4º ESO: COMPROBA O QUE SABES.... KAHOOT DO ANTIGO RÉXIMEN E ILUSTRACIÓN
Premendo no link podedes acceder ó Kahoot correspondente ao tema do Antigo Réxime e a Ilustración . Animádevos a facelo e comprobar o que sabedes.
Para acceder só tedes que facer click AQUÍ
lunes, 20 de febrero de 2023
HORTA ECOLÓXICA-EDUSOSTENIBILIDADE
Dentro do Proxecto Voz Natura "Sementando Futuro", levamos a cabo no noso centro unha horta ecolóxica, onde non usamos ningún tipo de produto químico , pesticida...
Quremos por en valor que é posible, unha producción sostible respetuosa co medio que nos rodea.
Unha das primeiras tarefas que levamos a cabo, foi un taller de semilleiros impartido pola nosa compañeira Carme Míguez, onde nos ensinou todos os trucos para facer uns bos sementeiros.
Cando as plantas creceron o suficiente, fixemos a plantación nas nosas gavetas. Dende entón, acudimos con asuididade a arrincar malas herbas, regar..