En Historia usamos frecuentemente os MAPAS HISTÓRICOS. Pero estes moitas veces, son obxectos aos que apenas miramos nin facemos casos cando, en realidade aportan gran cantidade de información.
O obxectivo desta práctica é aprender a a lelos. A extraer información deles. A entender todo aquilo que poidan contarnos.
Para tentar sacar toda a información posible dun mapa histórico debemos seguir coidadosamente unha serie de pasos previos antes de embarcarnos na verdadeira extracción de datos. Estes pasos son:
1.- Ler o título ou pé de ilustración que nos informará do asunto tratado polo mapa.
2.- Delimitar o espazo físico representado.
3.- Precisar o tempo no que se desenvolven os acontecementos representados. mapa normalmente representará un espazo xeográfico maior que o verdadeiramente implicado, polo que teremos que centrarnos no afectado polos feitos ou fenómenos representados.
Aspectos a ter en conta:
O primeiro, todo mapa histórico abarca un determinado ESPAZO XEOGRÁFICO. Hai que facer referencia aos continentes, países, rexións ou áreas que aparezanrepresentadas; e aos accidentes xeográficos (mares, océanos, ríos, montañas) pero só se afectase o comentario.
En segundo lugar, O TEMPO HISTÓRICO REPRESENTADO. A diferenza doutro mapa sobre calquera tema, un mapa histórico introduce unha variable propia, o TEMPO describen aspectos do pasado. Á época á que corresponde o mapa ben pode aparecer no propio mapa ou ben podemos deducilo a partir dos nosos coñecementos sobre o tema.
É importante observar a LENDA, recadro situado nalgúna lateral do mapa que aclara o significado dos símbolos ou cores utilizados no mapa, polo que o seu coñecemento é imprescindible para lelo correctamente
A) Tema representado:
B) Espazo xeográfico que representa:
C) Momento histórico (cronoloxía que representa)
D) Finalmente debes explicar as distintas fases da expansión do islam a partir do expresado na lenda.
Se tes dúbidas, no seguinte vídeo podes ver unha breve explicación de como analizar a información dun mapa histórico.
a
No hay comentarios:
Publicar un comentario