domingo, 21 de mayo de 2023

1º ESO: O RELEVO DA PENÍNSULA IBÉRICA

 

Nos seguintes mapas podes repasar os principais elementos do relevo de España.  A ver quen de vos é capaz de resolvelo sen fallos e o máis rápido posible...

Fai click no nome do mapa para acceder a el. 

MAPA 1: RELEVO

MAPA 2:RÍOS

1º ESO - O RELEVO DO MUNDO

Nos seguintes mapas podes repasar os principais elementos do relevo mundial. A ver quen de vos é capaz de resolvelo sen fallos e o máis rápido posible...

Fai click no nome do mapa para acceder a el. 

MAPA 1: RELEVO

MAPA 2: RÍOS DO MUNDO


1º ESO - O RELEVO EUROPEO


Nos seguintes mapas podes repasar os principais elementos do relevo europeo. A ver quen de vos é capaz de resolvelo sen fallos e o máis rápido posible... 

Fai click no nome do mapa para acceder a el. 

MAPA 1: MAPA FÍSICO EUROPA

MAPA 2: CORDILLEIRAS DE EUROPA

MAPA 3: RÍOS DE EUROPA

jueves, 4 de mayo de 2023

1º BACH - O HOLOCAUSTO


A Segunda Suerra Mundial foi o conflito máis cruento da historia da humanidade. As perdas en vidas humanas foron enormes. En total morreron entre 40 e 50 millóns de persoas. Os países máis afectados foron a Unión Soviética, con entre 17 e 20 millóns de mortos (10% da poboación); Polonia, con 5 millóns (15%) e Alemaña, con outros 5 millóns (6%). Mención a parte merecen as bombas atómicas lanzadas sobre Hiroshima e Nagasaki que mataron a 200.000 persoas, deixando ademáis graves secuelas físicas e psicolóxicas en moitos xaponeses.

Pero sen dúbida un dos feitos máis arrepiantes foi o xenocidio do pobo xudeo que se concretou no exterminio de 6 millóns de vítimas, a metade delas en Polonia.

A persecución e asasinato de xudeos, burocráticamente organizadas e auspiciadas polo estado nazi, denomínase Holocausto.

Que foi o Holocausto?

A ideoloxía nazi, dende a súa formulación no "Mein Kampf" (Adolf Hitler, 1925) tiña un compoñente profundamente antisemitista. Os nazis, crían que os alemáns eran unha “raza superior”, que os xudeus eran “inferiores” e que representaban unha ameaza para a denominada comunidade racial alemana.

Dende a súa chegada ó poder en Alemania en xaneiro de 1933, os nazis comezaron unha persecución sistemática dos xudeos. A segregación definitiva chegou coas Leis de Nuremberg (1935) que limiban os deitos políticos e civis da poboación xudea. Posteriormente, a partir da noite dos cristais rotos (1939) comezou o confinamento de xudeos nos guetos, que en realidade foron, máis ben, un lugar de tránsito cara os campos de concentración de Austria e a Republica Checa (xa ocupadas) nos que os prisioneiros eran explotados laboralmente con traballos forzados.

Co avance da guerra, na Conferencia de Wannsee, celebrada en Berlín en xaneiro de 1942, as SS (a garda elite do estado nazi) e os representantes dos ministerios do goberno alemán deseñaron a denominada “Solución final”, un plan para asasinar os xudeus de Europa que involucraría a 11 millóns de xudeus. Os xudeus alemáns e da Europa ocupada foron trasladados, por medio do ferrocarril, dos campos de traballo ós campos de exterminio situados na Polonia ocupada, onde eran asasinados. Os nazis tentaron disimular as súas intencións e por iso chamaban ás deportacións "reasentamento no leste". Ás vítimas dicíaselles que ían ser trasladadas a novos campos de traballo, pero en realidade era unha camiño cara a morte.

Foron numerosos os campos de concentración e exterminio abertos na europa ocupada pero entre todos destacan pola súa dureza o de Auschwitz, Treblinka, Mathausen e Dacahau, entre outros. No seguinte mapa podes ver a localización dos maís importantes.

Como balance pódese dicir que entre 1941 e 1944, as autoridades alemás nazis deportaron a millóns de xudeus de Alemaña, dos territorios ocupados a campos de exterminio, onde foron asasinados en cámaras de gas deseñadas especialmente para ese fin. As depoirtacións continuaron ata o 7 de maio de 1945, data en que as forzas armadas alemás rendéronse incondicionalmente aos aliados.

Os delitos cometidos durante o Holocausto foron xulgados nos Xuizos de Nuremberg (1946) onde moitos criminais nazis como Herman Goering, Rudolf Hess, entre outros, foron condenados por crímenes contra a humanidade.

SABÍAS QUE...  aproximadamente 9.000 ciidadáns españois exiliados da guerra civil estiveron en campos de concentración nazis? Está constatado que 4.427 deles foron asasinados en Mathaussen. Podes ler a súa historia facendo click na seguinte  NOTICIA.

Despois de ler o texto propoñovos a seguinte ACTIVIDADE:

Imaxina que eres un dos españois presos en Mathausen. Trata de poñerte no seu lugar e, depois de buscar información e documentarte, escribe unha carta explicando ós teus familiares a túa situación: como chegaches alí, como son as condicións de vida no día a día, comportamento dos militares... Trátase de tentar reflexar a realidade que viviron os millóns de prisioneiros confinados en campos deste tipo.

1º BACH - SEGUNDA GUERRA MUNDIAL: DESENVOLVEMENTO E FASES DAO CONFLITO


A Segunda Guerra Mundial (1939-1945) considérase o conflito bélico máis grande da historia. Ningún outro antes nin despois igualouno en grao de mobilización de recursos (materiais e humanos) nin en número de vítimas.

O inicio da guerra tivo a súa orixe no expansionismo nazi que se viu alentado polas consecuencias derivadas do Tratado de Versalles e a crise do 29, que as democracias occidentais foron incapaces de frear.

Paralelamente, Xapón fora profundizando na súa política imperialista en Asia e no Pacífico, rivalizando con outra gran potencia, EEUU.

Despois de ter analizado as causas da guerra en posts anteriores, podes descargar os apuntes que explican o desenvolvemento do conflito AQUÍ

ACTIVIDADES

1.- Elabora un cadro sinóptico no que analices os seguintes aspectos  da segunda guerra mundial. 

A) Causas.
B) Contendentes (bandos).
C) Fases e episodios importantes.

2.- Define os seguintes termos relacionados coa segunda guerra mundial:

Podes repasar facendo una kahoot. Fai click AQUÍ

martes, 2 de mayo de 2023

1º BACH - TRABALLO DE COMPETENCIAS: ANÁLISE HISTÓRICO DUNHA FOTOGRAFÍA

A aparición da fotografía primeiro e, porsteriormente, o cinematógrafo, permitiron un importante cambio na forma de facer historia. Estes medios posibilitaron un achegamento directo á realidade histórica, polo que teñen un gran valor testemuñal e documental.

Así, hoxe en día a fotografía é valorada coma un documento que axuda a ilustrar un momento histórico concreto. É dicir, cando se fai unha foto, conxelamos un instante, capturando desta maneira a realidade , e esta imaxe pode ser un elemento de valor para analizar/entender a realidade histórica do pasado.

ACTIVIDADE: A continuación propoñémosche unha actividade a partir do traballo con fotografías da II guerra Mundial.

1.- Selecciona unha das fotografías.
2.- Describe a imaxe.
3.- Localiza o momento histórico que representa.
4.- Recopila a información e fai unha breve reseña do episodio e a sua relevancia no conflito bélico (8-10 liñas).

IMAXE1
Africa Korps en acción

 IMAXE2
Toma de Iwo Jima

 IMAXE3
Bombardeo de Dresde

IMAXE4
Soldado alzando a bandeira Soviética en Berlín

IMAXE 5
Batalla de Dunquerque