Fai click no nome do mapa para acceder a el.
MAPA 1: RELEVO
MAPA 2: RÍOS DO MUNDO
Blog do departamento de xeografía e historia do IES Cidade de Antioquía
Fai click no nome do mapa para acceder a el.
MAPA 1: RELEVO
MAPA 2: RÍOS DO MUNDO
Fai click no nome do mapa para acceder a el.
MAPA 1: MAPA FÍSICO EUROPA
MAPA 2: CORDILLEIRAS DE EUROPA
MAPA 3: RÍOS DE EUROPA
No seguinte link podes acceder a á un diccionario de termos artísticos ilustrado en galego, adaptado ós novos criterios establecidos para as novas probas de acceso á universidade.
Podes consultalo e descargalo, facendo click AQUÍ
Tenta ver a película poñéndote na pel do seu protagonista, empapándote das súas emocións e reflexionando sobre as súas vivencias.
Unha vez que remates de ver a película , propoñémosche facer unhas actividades que che permitan reflexiónar sobre conceptos como a liberdade, a tolerancia, a igualdade ou o pensamento crítico. Conceptos dos que nunca deberías desprenderte como cidadán.
Podes descargar o boletín facendo click AQUÍ
Fai click no nome do mapa para acceder a el.
MAPA 1: PROVINCIAS
MAPA 2: COMUNIDADES
Para xogar fai click no AQUÍ
As alumnas e alumnos de 1º de bacharelato presentarona actividade "cartas dende as trincheiras".
Trátase dunha actividade no que cada alumno asumiu o rol sobre unha persoa real ou figurada que participase na guerra e indegou a como eran as condicións de vida dos soldados nas trincheiras.
Esta tarefa premitiulles afondar un pouco mais no coñecemento da Primeira Guerra Mndial e poñerse na pel dun dos seus protagonistas.
Nos comezos do século XX, as rivalidades económicas, coloniais e nacionais entre os Estados europeos conduciron a unha escalada de tensións e unha carreira de armamentos que desembocaron na Primeira Guerra Mundial (1914-1918).
Tratouse dun novo tipo de conflito que implicou países de todo o mundo, mobilizou non só os exércitos senón tamén a poboación civil, e deixou un terrible saldo de mortos e destrución.
No seguinte enlace poderás visionar a serie documental "LA Primera Guerra Mundial en color" que che permitirá coñecer un pouco mellor a historia deste tráxico conflicto. Podes acceder ós vídeos premendo AQUÍ
1.- Cando tivo lugar a Primeira Guerra Mundial? Indica as datas do seu
comezo e o seu final.
2.- Que bloques enfrontáronse no conflito? Que países integraban cada
bloque?
3.- Explica as causas da Primeira Guerra Mundial.
4.- Indica as diferentes fases da Primeira Guerra Mundial. Explica
brevemente as súas características.
5.- Explica as novidades bélicas que se introduxeron no Na Primeira
Guerra Mundial. Valora o seu impacto.
6.- Por que se di que 1917 é un ano clave no conflito?
7.- Explica as consecuencias que
se derivaron da Primeira Guerra Mundial?
8.- Que tratados de paz se asinaron coas potencias derrotadas? Explica
algúns dos seus puntos máis destacados.
9.- Define:
A)Káiser
B)Sociedade de Nacións
C) Atentado de saraxevo.
D) 14 puntos de Wilson
A partir de mediados do século XII, a aparición de novas técnicas construtivas permitiron a aparición dun estilo artístico que se coñece co nome de Gótico.
Como xa sabes, as enormes fiestras e rosetóns das igrexas e catedrais góticas cubríronse con vidreiras de cores. Estas tiñan por obxecto crear espazos iluminados que querían conducir os fieis a un novo ambiente espiritual.
Na seguinte actividade propoñemosvos construir as voas propias vidrieiras para decorar a clase.
Os MATERIAIS que precisaredes son os seguintes:
Cartulina negra tamaño A2
Papel celofán de cores
Pegamento
Tesoiras/cuter
A contiuación deixámosvos uns titoriais para que vos sirvan de guía:
No seguinte ENLACE podedes ver algúns modelos. Podedes seleccionar o que máis vos guste. Valorarase a orixinalidade e a dificultade. Para buscar máis exemplos poñedes en google: plantillas de vidrieras góticas.
Data de entrega: Venres 5 de abril.