A
Segunda Suerra Mundial foi o conflito máis cruento da historia da humanidade. As
perdas en vidas humanas foron enormes. En total morreron entre 40 e 50 millóns
de persoas. Os países máis afectados foron a Unión Soviética, con entre 17 e 20
millóns de mortos (10% da poboación); Polonia, con 5 millóns (15%) e Alemaña,
con outros 5 millóns (6%). Mención a parte merecen as bombas atómicas lanzadas
sobre Hiroshima e Nagasaki que mataron a 200.000 persoas, deixando ademáis
graves secuelas físicas e psicolóxicas en moitos xaponeses.
Pero
sen dúbida un dos feitos máis arrepiantes foi o xenocidio do pobo xudeo que se
concretou no exterminio de 6 millóns de vítimas, a metade delas en Polonia.
A persecución e asasinato de xudeos, burocráticamente organizadas e auspiciadas polo estado nazi, denomínase Holocausto.
Que foi o Holocausto?
A ideoloxía nazi, dende a súa formulación no "Mein Kampf" (Adolf Hitler, 1925) tiña un compoñente profundamente antisemitista. Os nazis, crían que os alemáns eran unha “raza superior”, que os xudeus eran “inferiores” e que representaban unha ameaza para a denominada comunidade racial alemana.
Dende a súa chegada ó poder en Alemania en xaneiro de 1933, os nazis comezaron unha persecución sistemática dos xudeos. A segregación definitiva chegou coas Leis de Nuremberg (1935) que limiban os deitos políticos e civis da poboación xudea. Posteriormente, a partir da noite dos cristais rotos (1939) comezou o confinamento de xudeos nos guetos, que en realidade foron, máis ben, un lugar de tránsito cara os campos de concentración de Austria e a Republica Checa (xa ocupadas) nos que os prisioneiros eran explotados laboralmente con traballos forzados.
Co avance da guerra, na Conferencia de Wannsee, celebrada en Berlín en xaneiro de 1942, as SS (a garda elite do estado nazi) e os representantes dos ministerios do goberno alemán deseñaron a denominada “Solución final”, un plan para asasinar os xudeus de Europa que involucraría a 11 millóns de xudeus. Os xudeus alemáns e da Europa ocupada foron trasladados, por medio do ferrocarril, dos campos de traballo ós campos de exterminio situados na Polonia ocupada, onde eran asasinados. Os nazis tentaron disimular as súas intencións e por iso chamaban ás deportacións "reasentamento no leste". Ás vítimas dicíaselles que ían ser trasladadas a novos campos de traballo, pero en realidade era unha camiño cara a morte.
Foron numerosos os campos de concentración e exterminio abertos na europa ocupada pero entre todos destacan pola súa dureza o de Auschwitz, Treblinka, Mathausen e Dacahau, entre outros. No seguinte mapa podes ver a localización dos maís importantes.
Como balance pódese dicir que entre 1941 e 1944, as autoridades alemás nazis deportaron a millóns de xudeus de Alemaña, dos territorios ocupados a campos de exterminio, onde foron asasinados en cámaras de gas deseñadas especialmente para ese fin. As depoirtacións continuaron ata o 7 de maio de 1945, data en que as forzas armadas alemás rendéronse incondicionalmente aos aliados.
Os delitos cometidos durante o Holocausto foron xulgados nos Xuizos de Nuremberg (1946) onde moitos criminais nazis como Herman Goering, Rudolf Hess, entre outros, foron condenados por crímenes contra a humanidade.
SABÍAS QUE... aproximadamente 9.000 ciidadáns españois exiliados da guerra civil estiveron en campos de concentración nazis? Está constatado que 4.427 deles foron asasinados en Mathaussen. Podes ler a súa historia facendo click na seguinte NOTICIA.