viernes, 13 de marzo de 2020

2º BACH ( ARTE) - FACHADA SAN PEDRO DO VATICANO (MADERNO)

FICHA TÉCNICA 
Autor : Carlo Maderno.
Cronoloxía.  Ca. 1612
Tipoloxía:  Arquitectura relixiosa , basílica.

Estilo: Barroco      



A principios do século XVII  a basílica de San Pedro do Vaticano continuaba inconclusa, despois de rematar a edificación da cúpula segundo o proxecto de Miguel Anxo.  No ano 1607, despois dun concurso, encoméndaselle ó arquitecto Carlo Maderno a continuación da obras .

Maderno modifica o modelo de planta centralizada de Miguel Anxo e, seguindo os desexos do Papa e as directrices da Contrarreforma, convértea en basilical. Con estas modificacións a grandiosa cúpula  de Miguel Anxo quedaba relegada a un plano posterior deixando de ser o centro da construción. 

Pese os cambios Maderno tentou ser o máis respectuoso posible co plan miguelaxelesco, tal e como se pode apreciar que e na estrutura da fachada levantada sobre un basamento con escalinatas.

A fachada, concebida a modo de nartex, divídese en dous niveis, o inferior e o ático, articulados da seguinte forma:

- O nivel inferior cun corpo central con columnas de orde xigante corintias que enmarcan dúas plantas: abaixo portas adinteladas e de medio punto sobre columnas ; encima hai vans rectangulares con alternancia de frontóns triangulares e semicirculares.
Este nivel remátase cun frontón triangular cuxo vértice marca visualmente a dirección cara á cúpula.

Un entablamento con arquitrabe , friso con inscricións e cornixa , que non é totalmente recto senón ,con entradas e saídas separa este nivel do ÁTICO

- No ATICO entre as pilastras obsérvanse vans cuadrangulares e rectangulares. Remata este nivel unhas esculturas como elemento decorativo.

Os elementos decorativos son preferentemente arquitectónicos e hai tamén unha gran importancia dos efectos da luz para matizar estes elementos e crear efectos de clarocuro.

A intervención de Maderno  responde a un modelo de beleza aparentemente simple e clasicista, pero é xa barroca tanto polos elementos empregados como tamén pola ausencia concordancia real coa ordenación do interior.

Con esta obra e as posteriores intervencións de Bernini na praza e columnata respondíase á intención do Papado de converter a San Pedro no templo máis grande da cristiandade. Algo que abofé conseguirían. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario