FICHA TÉCNICA
Autor : Bernini
Cronoloxía. 1656-1657
Tipoloxía: Arquitectura relixiosa , urbanismo.
Estilo: Barroco
Autor : Bernini
Cronoloxía. 1656-1657
Tipoloxía: Arquitectura relixiosa , urbanismo.
Estilo: Barroco
Una vez rematada a fachada da basílica de San Pedro por
Carlo Maderno, o Papa Alexandre VII encarga a Bernini, un dos artistas máis polifacéticos da época, a realización da praza que debería ser capaz de acoller a grandes concentracións de fieis para maior gloria de Deus e, por suposto, dos seus representantes na terra.
Bernini, ten que efectuar o proxecto tendo en conta varias cuestións. En primeiro lugar as construcións existentes no entorno, entre elas os edificios dos palacios vaticanos que tiñan a súa entrada moi próxima a un dos laterais. Por outra banda, despois da construcion da fachada de Maderno, a cúpula de Miguel Anxo quedara desprazada a un segundo plano, motivo polo había que diminuir visualmente o ancho da fachada. Por último, estaba o obelisco exipcio que, procedente do circo romano, era considerado o punto de referencia dentro da rede viaria romana e presentaba o problema de que quedaba moi separado do edificio.
Tendo en conta todos estes factores, Bernini leva a cabo a
edificación dunha praza organizada en dous espazos diferenciados (ou duas
prazas, segndo se mire):
En primeiro lugar anexa ó edificio a denominada «praza
recta» de forma trapezoidal con brazos converxentes, que ó pecharse cara á
fora reduce opticamente a pesada masa da fachada de Maderno e revaloriza a
cúpula de Miguel Anxo que se eleva sobre o conxunto. Serve a estes fins por un
lado a utilización da perspectiva invertida e polo outro a redución das
columnas en altura das caras laterais, facéndose máis baixa a medida que nos
acercamos ó edificio
A continuación «praza
eliptica» con centro no obelisco, procedente do antigo circo de Nerón que
ocupaba este emprazamento, e co seu eixe maior paralelo á fachada superando as
dimensións do ancho da basílica. Este eixo ven subliñado polas dúas fontes
dispostas na mesma liña.
A praza trapezoidal péchase obrigando opticamente ao espectador para centrarse na cúpula En canto á praza elíptica a presenza do obelisco impide a visión frontal da cúpula e obríganos a virar dándonos conta do espazo curvo.
Rodeando a praza atópase unha monumental coumnata formada por 184 columnas
e 88 pilastras toscanas que forman tres rúas, a central máius ancha que as laterais (pola central pode circular unha carruaxe). A columnata fai as veces dun peristilo que sostén un entablamento xónico e por riba unha balaustrada sobre a que se erguen estatuas de santos realizadas por discípulos de Bernin que veñen a simbilizar o triunfo da igrexa.
O espazo creado por Bernini é un espazo aberto e teatral que
segundo palabras do propio arquitecto a estrutura coas súas dúas alas son os
brazos da Igrexa que acollen o pobo de Deus amén de crear marco excepcional
para as aparicións do Papa, representante de Deus na terra. A obra cumple tamén unha función propagandística ao servizo
do Papado e de Roma como centro da Cristiandade
En definitiva, a praza
de San Pedro do Vaticano é, sen lugar a dúbidas, un dos paradigmas do arte barroco, unha edificación que por unha banda pretendía abraiar e conmover ós fieis para mantelos así na obediencia á orde establecida
nun momento de crisee relixiosa, e, por
outra, tiña a pretensión de crear un espazo de escenografía grandilocuente e riqueza
cegadora que fose expresión do poder da igrexa de Roma e o Papado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario